"Teira" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 119.

  • MONTES

    Monte que forma parte da serra dos Ancares, situado na zona L da parroquia de Cereixedo (Cervantes). O seu cumio acada os 1.451 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Marco que fixa os límites entre dous terreos.

    2. Grupo de plantas ou árbores similares que ocupan un pequeno terreo que o diferenza do terreo circundante.

    3. Montón de herba seca.

    4. Mata de pelo abundante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Recipiente para separar a tona do soro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe de orixe galega que se estableceu en Andalucía. Presenta as variantes Natera, Natero e Nateiro. As súas armas traen, en campo de prata, unha banda de sinople engolada en dragantes do mesmo, acompañada de tres cunchas de vieira de sinople, dúas no alto e unha embaixo; bordo de goles cargado de oito aspas de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete ou xerga dos afiadores e da verba dos arxinas ou canteiros que corresponde á voz ‘fonte’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Muller, sen a cualificación académica correspondente, que asiste a outra no parto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lugar da cociña de leña onde se recolle e xunta a cinza.

    2. Gaiola en que se meten os capóns para cebalos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Beade. Está formada por varios edificios rectangulares de dúas plantas e de diferentes alturas. O corpo principal ten anexa unha torre de planta cadrada e entre ambas as dúas hai unha solaina á que se accede por unha escaleira exterior. Construída en estilo barroco, destaca a porta da entrada cun escudo de armas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta leñosa gabeadora ou rastreira, de ata 10 m de altura, de follas elípticas agudas e coriáceas, inflorescencias en espigas con flores hermafroditas de cor branca e froito en baga. É orixinaria da India, pero cultívase nas rexións tropicais asiáticas e na rexión amazónica de Brasil e Perú.

    2. Árbore perennifolia, dicoica, resinífera, de 6 a 8 m de altura, con copa redondeada, follas alternas, pinnaticompostas, con folíolos lineais, flores brancas hermafroditas ou unisexuais de pequeno tamaño e paniculadas, e froito rosado en drupa, semellante aos grans de pementa no tamaño e no gusto. Florece entre maio e xuño. É orixinaria do S de América (Chile e Perú). En Galicia cultívase como planta ornamental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de herba ou doutras plantas que se distinguen do resto pola altura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dar golpes as aves co peteiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte do galiñeiro ou dependencia onde se crían pitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Loña do Monte (Nogueira de Ramuín). O seu cumio acada os 923 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Carballiño baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Feás (Boborás). O seu cumio acada os 835 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparello de pesca formado por unha peza fusiforme de chumbo ou doutro material, con cores rechamantes, armada na súa parte inferior con anzois sen o gancho da punta, e atada a unha sedela, que serve para pescar potas e luras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte dos zapatos, calcetíns ou medias que cobre a punta do pé.

    2. Peza de reforzo que se pon na punta do calzado.

    3. picadoira.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. mureira.

    2. tornarratos.

    3. Folla de lata circular, un pouco cónica e cun furado central, polo que pasa unha amarra, que impide ás ratas de terra subir a bordo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río da vertente atlántica que nace na parroquia de Torea e desemboca na ría de Muros e Noia, pola parroquia de Abelleira (Muros).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Muller que se dedica a vender peixe.

    VER O DETALLE DO TERMO