"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

    1. Interrupción ou imposibilidade de levar a cabo unha acción ou proxecto.

    2. Ser deforme con aspecto monstruoso.

    3. Feto parido prematuramente.

    4. Expulsión do feto cando aínda non é viable, é dicir, aproximadamente antes das 20 a 28 semanas de xestación. Distínguese entre aborto espontáneo e aborto provocado. O aborto espontáneo pode ser aborto accidental se acontece de maneira fortuíta e illada ou aborto habitual se por causas uterinas, xerais ou hormonais sucede repetidamente. O aborto provocado (ou inducido) é o que se realiza intencionadamente por métodos medicamentosos (prostaglandinas ou a RU-486), aspiración (método de Karman) ou raspado da mucosa uterina, ou por inxección de solucións hipertónicas estériles na cavidade amniótica; o aborto realizado por un médico especializado, feito por motivos da saúde da nai, chámase aborto terapéutico. Denomínase aborto séptico especialmente a aquel que practican persoas non cualificadas e en malas condicións. O aborto tubárico consiste na ruptura espontánea do ovo aloxado na trompa de Falopio, nun embarazo ectópico....

    5. Expulsión do feto dun animal cando aínda non é viable. Adoita estar causado por traumas ou enfermidades infecciosas, como no caso do aborto epizoótico causado pola bacteria Brucella abortus, que afecta ás vacas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe orixinaria da Coruña. Relacionados con esta caste están os apelidos Abotoador, Abotoadura e Abotoar. As súas armas levan, en campo de goles, un abrigo de azur abotoado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que abotoa.

    2. Persoa que fai ou pega botóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción ou efecto de abotoar.

    2. Conxunto de botóns que forman parte dunha peza de vestir.

    3. Conxunto de botóns que unen dous cabos ou dúas pernadas dun mesmo cabo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pechar unha prenda de vestir introducindo os botóns nos ollais.

    2. Coser ou prender os botóns a unha peza de vestir.

    3. Unir por medio de botóns un cabo a outro ou dúas pernadas do mesmo cabo.

    4. Botar gromos ou botóns as plantas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador hebreo orixinario de Utiel que viviu en Fes (Marrocos). Foi o continuador da obra histórica Sefer ha Qabbalà (Libro da tradición) de Abraham ibn Dā’ūd que completou ata 1510.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de abrandar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome comercial do sal cálcico do ácido 2-hidroxi-1-naftalensulfónico, Ca(OHC10H6SO3)23 H2O, empregado como antifermento en vinicultura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor.
    Comezou a debuxar e pintar na Escola de Artes e Oficios de Vigo. Emigrou a Arxentina en 1947 onde coñeceu a Demetrio Urruchúa, pintor e mestre con quen iniciou os estudos de pintura e traballou durante oito anos. En 1959 fundou e dirixiu a Escola de Belas Artes “Divisadero”. Exerceu a docencia xunto á súa muller, a tamén pintora Elsa Pérez Vicente. Un ano máis tarde, xunto con Óscar Anadón, Rubén Molteni, Hugo Monzón, Carlos Gorriarena, Silvia Vera Ocampo, Elsa Pérez Vicente e Emilia Gutiérrez formou o Grupo da Prata, adherido ao movemento expresionista.
    Regresou a Galicia en 1973 e instalouse en Vigo onde coñeceu a Urbano Lugrís, Celso Emilio Ferreiro, Lodeiro, Oliveira e Xavier Pousa, entre outros. Recibiu a Primeira Mención en gravado, Salón Nacional de Bos Aires (1961); o Premio a Estranxeiros Pintura, Salón...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Redución do corpo fónico dunha palabra.

    2. Redución da cantidade vocálica, paso da cantidade longa á cantidade breve (Lei de Osthoff). En latín clásico, unha vogal longa seguida de vocal, abréviase (vocalis ante vocalem corripitur).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Entre 1968-1970 formou parte de Acción Católica. Cos gobernos da UCD foi Ministro de Agricultura e Vicepresidente Económico durante o mandato de Adolfo Suárez (1976-1979). Conservou a súa acta de deputado ata 1982.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Victoria Mérida.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de abrillantar.

    2. Operación feita sobre todo nos coiros adobados ao cromo. Consiste en aplicarlles, cun cepillo ou cunha máquina, un apresto negro ou incoloro (a base de proteínas, laca ou resinas sintéticas) e sacarlles lustre cunha coitela de vidro ou cunha máquina de abrillantar.

    3. Tratamento que se lles dá aos pavimentos e que consiste en aplicarlles ceras ou vernices.

    4. Operación coa que os marmoristas polen a pedra frotándoa con auga, limaduras de chumbo e esmeril, posteriormente lústrana con augarrás e cera.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Superficie escarpada ou moi empinada.

    2. Que presenta transicións impulsivas ou bruscas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de absolver.

    VER O DETALLE DO TERMO