"UVI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 118.

  • Tubo pequeno construído sobre unha base cerámica, con electrodos pequenos cilíndricos e unha cuberta exterior metálica. A causa das pequenas capacidades que posúe entre os electrodos, emprégase para frecuencias moi elevadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Negueira de Muñiz baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oratorio paleocristián situado no lugar de Ouvigo, nos Blancos (Ourense). Dedicado ao Santo Vello, san Breixo, é de época romana e pasou por varias etapas construtivas nas que se volveron utilizar as pezas. Sitúase á beira dunha vía romana e foi aproveitado como lugar de culto polos cristiáns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no límite das parroquias de Cima de Ribeira (Xinzo de Limia) e Os Blancos, no concello homónimo. O seu cumio acada os 906 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor latino, sobriño de Quinto Ennio. Foi o fundador da traxedia latina. Quedan del os títulos de trece obras en fragmentos, doce delas de asunto romano, que agrupadas, constitúen uns 400 versos. Escribiu tamén unha fabula praetexta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Baño dos pés con fins curativos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ácido máis simple dos á-cetoácidos. É un produto intermedio no metabolismo dos glícidos e das proteínas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente á chuvia.

      2. Que provén da chuvia.

      1. Aplícase ao período moi chuvioso que corresponde ao tempo de expansión glacial, en paleoclimatoloxía. Nas zonas secas da área tropical refírese a un paleoclima máis húmido.

      2. Aplícase ao réxime dos ríos orixinado pola chuvia.

    1. capa pluvial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves limícolas, da familia dos carádridos, que presenta o corpo de pequeno tamaño, o peteiro curto e as patas longas. Pertence a este xénero a píllara dourada grande (P. apricaria).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe latina que se emprega na formación de palabras co significado de ‘chuvia’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pluviómetro que rexistra graficamente nun pluviograma, dunha maneira continua, as cantidades de chuvia caída.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gráfico onde se representa a cantidade de chuvia caída en relación ao tempo. Realízase sobre unha folla de papel aplicada a un cilindro, movido por un aparello de reloxaría que xira ao redor do seu eixe nun día ou nunha semana.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Rama da climatoloxía que estuda a distribución das chuvias no espazo e no tempo.

    2. Medición, por medio do pluviómetro, da chuvia caída.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á pluviometría ou ao pluviómetro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento que mide a cantidade de chuvia caída, constituído esencialmente por un recipiente, dentro do que se recolle a auga precipitada. A cantidade de chuvia mídese en milímetros de grosor de auga, é dicir, en litros por metro cadrado de superficie horizontal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pluviómetro de gran capacidade que mide a chuvia e a neve caídas en lugares deshabitados, de difícil accesibilidade, onde só se pode efectuar a lectura poucas veces ao ano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cantidade de precipitación que recibe un lugar, medida en milímetros (ou litros) de auga por m2, ou expresada polo número de días en que choveu durante o ano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á chuvia ou ao clima con chuvias abundantes.

    2. Quinto mes do calendario republicano francés (1792-1806), que corresponde ao intervalo do 20 ou 21 de xaneiro ao 19 ou 20 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Batalla contra os musulmáns que tivo lugar no reinado de Froila I (757-768). Os árabes foron vencidos polo monarca cristián que capturou e matou a Omar, xefe da expedición. Algúns historiadores identifican a Pontuvio con Pontedeume, outros cun lugar preto do río Umia, nas inmediacións de Caldas de Reis, ou en Pontón (León).

    VER O DETALLE DO TERMO