"alt" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 697.
-
-
Calidade da xustiza en tanto que esta implica sempre unha relación dun suxeito con outro suxeito, dándolle algo que é de seu, que lle corresponde.
-
Estado ou calidade de ser outro.
-
-
PERSOEIRO
Actor teatral e cinematográfico arxentino. No 1950 constituíu un grupo escénico independente e a partir do 1968 iniciou a súa actividade cinematográfica. De 1971 a 1982 residiu en España. Entre as súas interpretacións destacan: Cría cuervos de Carlos Saura, El crimen de Cuenca (1980), Don Juan en los infiernos e Continental (1989), do director galego Javier Villaverde. En 1984 protagonizou La historia oficial, de Luis Puenzo, coa que acadou o Oscar á mellor película de fala non inglesa. Tamén participou en producións internacionais, entre outras: Flesh and Blood (Os señores do aceiro, 1985), de Paul Verhoeven e Barbablú, de Fabio Carpi.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta israelí. É autor de poemas moi populares polas súas interpretacións polémicas de acontecementos políticos e sociais. Obtivo o Premio Bialik 1958, coa obra Ir ha-yonà (A cidade da pomba), que explica a historia do pobo xudeu a partir da dualidade destrución-renacemento.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
de alternar.
-
-
aplicación n-lineal alternada Sobre un espacio vectorial, aplicación n-lineal tal que (x s(1) ,..., x s(n) )=ε(σ) f (x i ,..., x n ), onde σ é unha permutación do conxunto (1,2,..., n) e ε(σ) é a signatura de σ.
-
grupo alternado Subgrupo do grupo das permutacións entre n elementos que comprende a permutación idéntica e as que derivan dela por un número par de transposicións.
-
serie alternada Serie composta por termos que son alternativamente positivos e negativos.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Máquina eléctrica rotativa que xera correntes alternas. Xeralmente empréganse máquinas síncronas nas que o indutor é o rotor, e o inducido o estator. O rotor está constituído por un núcleo de material ferromagnético, provisto dunhas expansións polares nas que se dispoñen as bobinas indutoras. Este tipo de rotor cun ou máis pares de polos sobresaíntes é o máis empregado. Pero en alternadores de gran velocidade o rotor está constituído de forma cilíndrica, de xeito que o entreferro é constante. O rotor de polos sobresaíntes coñécese co nome de roda polar, mentres que o cilíndrico ou de polos lisos recibe o nome de turborrotor e o alternador correspondente a este, turboalternador. As bobinas indutoras neste caso están encaixadas nunhas fendas dispostas na periferia. O estator está colocado no interior dunha carcasa de aceiro fundido e está formado por un núcleo de pranchas magnéticas provistas de fendas no interior das que dispón o circuíto inducido....
-
-
Acción e efecto de alternar dúas ou máis cousas.
-
-
División ou repartimento dos terreos dunha explotación en tantas partes equivalentes como anos previstos para a sucesión de cultivos escollida como a máis conveniente.
-
alternancia irregular Alternancia practicada cando por calquera circunstancia hai que desistir do cultivo que correspondería segundo a alternancia prefixada.
-
alternancia libre Alternancia practicada cando as condicións do momento son as únicas que sinalan os cultivos a facer, sen regra fixa. Propia das explotacións moi intensivas.
-
-
-
Disposición de cada unha das pezas (follas, pétalos, estames, etc) dun verticilo nos espacios existentes entre as pezas do verticilo inmediato; por exemplo, disposición en ángulo recto das dúas follas opostas dun nó en relación coas do nó seguinte.
-
lei de alternancia Lei pola que as follas ou pezas florais de dous verticilos consecutivos alternan entre eles, é dicir, que entre cada dúas estruturas dun verticilo vén situarse outra do verticilo inmediato.
-
-
alternancia de xeracións
-
Acción e efecto de alternar nunha formación estratigráfica diversas capas que se repiten sucesivamente. O flysch é un exemplo típico.
-
...
-
-
-
Que alterna con outro.
-
Termo empregado na análise tecnolóxica para denominar un trazo de posición. Designa as extraccións dispostas sobre o mesmo bordo dunha peza efectuadas de xeito alternativo dende as dúas caras opostas, primeiro unha e logo outra, pero sen sobreposición.
-
Que está formado por capas ou estratos que se repiten unha ou varias veces.
-
Cada un dos elementos que interveñen nunha alternancia morfofonolóxica.
-
-
-
Actuar sucesivamente dúas ou máis cousas, segundo a quenda.
-
Sucederse certas cousas en orde de repetición
-
Determinar a alternancia de dúas ou máis cousas.
-
Manter relación con persoas que pertencen a unha alta categoría social.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de fungos deuteromicetes da orde dos estibelais, de fiálides grandes e castañas. Comprenden especies saprofíticas e especies parasitas como as produtoras de alternariose na col ou na pataca.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Toxina producida polo fungo Alternaria tenuis, patóxena da pataca, á que lle produce manchas negras nas follas e lesións necróticas escuras no talo e nos pecíolos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade causada por fungos do xénero Alternaria, que produce alteracións na cor das follas dalgunhas plantas. Son, xeralmente, manchas de cor castaña escura ao longo dos pecíolos e dos nervios. Afectan, sobre todo, ás patacas, aos cítricos, ás coles e aos caraveis.
-
-
Que transcorre alternando, segundo quendas.
-
Que ofrece dúas ou máis cousas entre as que se escolle unha con exclusión da outra ou das outras.
-
Obriga de escoller entre dúas ou máis cousas.
-
Opción a escoller nunha situación determinada.
-
Cerimonia pola que un matador de touros, nomeado padriño, autoriza a un matador de novelos a actuar no seu lugar. Para que o matador de novelos se converta definitivamente en toureiro deberá confirmar aalternativa nunha corrida posterior.
-
alt.
-
Relación entre dúas proposicións alternativas, tal que se unha é verdadeira, a outra ten que ser falsa, e viceversa.
-
movemento alternativo
-
proposición alternativa
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada empregada principalmente en botánica para significar ‘alterno, alternado, alternante’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Comunidade indíxena da Gallaecia romana, posiblemente no conventus bracarense. Coñécese por unha inscrición sobre unha prancha de bronce atopada en Viana do Bolo. A prancha recolle unha dedicación á divindade de nome Aegiamunniaego por Antistius Placidus dos Alterniaicinos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten as flores alternas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
De follas alternas.
-
-
Que se realiza con alternancia, segundo a orde marcada na quenda.
-
Dise da temporalidade que sofre un proceso de alternancia.
-
Termo empregado na análise tecnolóxica para designar un trazo de posición. As extraccións denomínanse alternas cando unha destas é o resultado da percusión sobre unha cara (A) formando un negativo no seu respectivo bordo na cara oposta; a seguinte extracción realízase a partir da cara oposta á anterior (B) quedando reflectido o negativo da extracción no seu repectivo bordo, que está na cara oposta.
-
Dise das follas ou outros órganos separados e dispostos en dúas ringleiras lonxitudinais (ortósticas) que fan un ángulo aproximado de 180°.
-
Que presenta alternancia nas rimas ou na estrutura dos versos.
-
-
-
Calidade de alto, de elevado, especialmente con sentido figurado.
-
Título ou tratamento de honor dado a infantes, infantas, príncipes e princesas. Foi empregado polos reis de diferentes países de Europa ata o s XVI, cando foi substituído polo de maxestade. Modernamente, o tratamento de alteza real ou alteza imperial dáselles aos príncipes nados de liña directa e agnaticios dun Rei ou dun Emperador; o de alteza serenísima aos seus colaterais, aos soberanos que non son reis, ou aos príncipes mediatizados do Sacro Imperio; o de alteza ilustrísima aos membros das casas condais tamén mediatizados do Sacro Imperio.
-
Persoa que porta o título de alteza.
-
Tratamento que recibía a Xunta Suprema do Reino de Galicia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero herbáceas da familia das malváceas ao que pertence o malvarisco.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cultura que se desenvolve en Baviera durante a transición do Calcolítico antigo ao medio. Caracterízase polas cerámicas lisas, con decoracións en relevo e polos útiles de sílex obtidos a partir de plaquetas.