"bat" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 561.

  • Produción norteamericana realizada en 1943 e dirixida por Tay Garnett. Foi interpretada por Robert Taylor, George Muyphy, Thomas Mitchell e Lloyd Nolan. Filme baseado nos incidentes bélicos das illas do Pacífico en plena Segunda Guerra Mundial, con escenas realistas de gran calidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GOLFOS

    Golfo da costa sudoccidental de Cuba, no mar das Antillas. Esténdese entre a península de Zapata, ao L, e os Cayos de San Felipe, ao O. Polo S péchao a Isla de la Juventud (illa de Pinos) e o arquipélago de Los Canarreos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción italo-alxeriana realizada en 1966 e dirixida por Gillo Pontecorvo. Foi interpretada por Jean Martin, Yacef Saadi, Brahim Haggiag e Tommaso Neri. Trátase dunha versión realista da Guerra de Alxeria e do seu proceso de independencia de Francia. Gañou o León de Ouro na Mostra de Venecia dese ano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Abandounou o Catolicismo e evolucionou cara a un misticismo hinduísta. A súa obra céntrase nos estados límite, como a dor, o pracer ou a morte. Destacan o ensaio L´expériencie intérieure (A experiencia interior, 1943) e a novela Le coupable (O culpable, 1944).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo e poeta francés. Publicou o volume de poesía La chambre blanche (A habitación branca, 1895). Influído por Maeterlinck, converteuse nun famoso autor de teatro burgués. Publicou Ton sang (O teu sangue, 1897) e Mamam Colibri (Mamá Colibrí, 1904).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Embriólogo francés. Conseguiu en 1910 o desenvolvemento de óvulos de ra por partenoxénese traumática.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador hispanista francés. Estudiou na École Normale Supérieure de París e en Madrid, onde residiu ata o 1922. Foi profesor en Lisboa (1922-1926), no Lycée de Burdeus (1926-1929), no Collège de Francia (1955-1965) e na Universidade da Sorbona. Membro do Institut de France dende 1952, foi director do Institut d’Études Hispaniques de París e do Bulletin Hispanique. En 1937 saíu en París a súa tese Érasme et l´Espagne: recherches sur l´histoire spirituelle du XVIe siècle (Erasmo e España: investigación sobre a historia espiritual do século XVI), estudo que completou en sucesivas publicacións: Études sur le Portugal au temps de l´humanisme (Estudios sobre Portugal en tempos do humanismo, 1952), Études sur Bartolomé de las Casas (Estudios sobre Bartolomé de las Casas, 1965), etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Barra vertical fixada na cuberta, e que se emprega para soster o arame que serve de varanda.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos bataks ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo batak.

    3. Pobo protoindonesio de Sumatra. Os bataks, aproximadamente uns dous millóns de individuos, habitan principalmente na rexión do lago Toba. Divídense en diversas tribos, viven en clans exogámicos patrilineais. A súa cultura material, que se fundamenta nas súas actividades agrícolas e gandeiras, está relativamente desenvolvida. A súa cultura recibiu unha importante influencia hindú, malaia e xavanesa.

    4. Lingua do grupo indonesio falada polos bataks. Comprende dous grupos principais: toba-batak e dairi ou subtoba, divididos en diversos dialectos. Para os ritos funerarios empregan unha linguaxe especial. O sistema de escritura, diferente en toba-batak e en daire, ten a súa orixe na India meridional.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Golpe do badalo contra a campá.

    2. Acción ou dito que denota carencia de coñecemento ou estupidez.

    3. Campá que ten o badalo dun esmalte diferente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONCELLO

    Concello do distrito de Leiria, Portugal (13.033 h [1993]). A súa orixe está vinculada á batalla de Aljubarrota. Pola transcendencia da vitoria lusa sobre os casteláns, o monarca portugués Xoán I prometeu edificar un mosteiro en honra da Nosa Senhora Santa Maria. Deste xeito naceu o convento de Santa Maria da Vitória, comezado en 1388 e doado á orde dos Predicadores (dominicanos). As obras prolongáronse ata 1580, quedando incompletas. A incorporación nesa data da coroa portuguesa á monarquía hispánica na persoa de Filipe II foi a causa desa interrupción. A pesar de todo, o conxunto arquitectónico gótico e manuelino é un dos máis sobranceiros exemplos da arquitectura monacal europea.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción na que dous exércitos inimigos se baten un contra o outro e que, segundo a súa envergadura, pode chegar a decidir o resultado dunha guerra. Durante a batalla os exércitos coordinan a súa capacidade de movemento, de ataque, de loxística, etc, co fin de acadar os resultados desexados. Se ben o concepto de batalla non ten mudado esencialmente no transcurso da historia, si o fixeron dabondo a contía dos elementos e as dimensións dos teatros de operacións. Así, de frontes reducidas, con armas de curto alcance e de mando directo no mesmo campo de batalla polo xeneral en xefe, pasouse a frontes de batalla de bastantes quilómetros dende a Segunda Guerra Mundial. Amais diso conseguiuse o equilibrio entre o fogo e o movemento, como resultado da mecanización dos avións, dos foguetes e dos medios de transmisión, que fan aumentar as dimensións da acción.

    2. Discusión entre dúas partes para acadar un acordo.

    3. Cada unha das partes en que se dividía un exército.

    4. En orde de batalla.

    5. Entre os costumes cabaleirescos, combate a morte entre dous adversarios. Estaba precedida polo libramento de carteis ou de letras de batalla (letra de batalla), celebrada en campo neutral e presidida por un xuíz imparcial. O combate estaba regulado por normas precisas, recollidas en tratados.

    6. Batalla entre dous exércitos dirimida nun terreo apto para manobrar a totalidade das tropas belixerantes.

    7. Combate naval.

    8. Cabalo aguerrido.

    9. Lugar onde se libra a batalla.

    10. Figura posta unha en fronte da outra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter sindicalista editada en Ferrol entre os anos 1913 e 1914. De periodicidade semanal, estivo alentada pola corrente ácrata disconforme coa traxectoria da Federación de Sociedades Obreras local, moi influída pola militancia obreira socialista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que apareceu por primeira vez en Vigo no ano 1914 baixo a dirección de Xosé Cuiñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación subtitulada como “Quincenario independiente” aparecida o 21 de outubro de 1923 en Betanzos. Na súa edición destacan os contidos anticaciquís e o interese pola mellora das condicións sociais na vila de Betanzos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen batalla.

    2. Que traballa moito ou que se esforza.

    3. Defensor persuasivo e persistente dunha causa.

    4. Peixe de auga doce da orde dos perciformes, duns 10 cm de lonxitude e de cores moi vistosas, sobre todo os machos, cando levan a librea nupcial. Son capaces de reter osíxeno no aparello branquial e, xa que logo, resistir as flutuacións das augas continentais da rexión indomalaia onde vive. Especie típica de acuario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Cantautor. Simultaneou a súa profesión de médico co mundo da canción. Dende que gravou o seu primeiro disco, Ahí vén o maio (1975), a súa obra vén sendo referente obrigado na historia da canción galega. O repertorio inclúe poemas musicados dun amplo abano de autores da nosa literatura (Álvaro Cunqueiro, Ramón Cabanillas, Manuel Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro e Rosalía de Castro) e producións propias. Posteriores gravacións son Ballet da nena (1990), Eres un fármaco (1993), con textos en galego e castelán, Tu retrato (2007), Había que chegar (2014) e 70 y 29 (2016)

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello das Neves baixo a advocación de santa Eulalia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello das Neves baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que batalla.

    2. Aplícase ao león rampante situado en fronte doutro no campo do escudo.

    VER O DETALLE DO TERMO