"dis" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 645.

  • ES-TRAD;mso-fareast-language: Estados Confederados de América.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao contrabando.

    2. Que ou quen se dedica ao contrabando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de diatomeas da orde das centrais, de valvas circulares, areoladas e aplanadas, que abundan no plancto mariño, especialmente en inverno.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de dandi ou comportamento propio dun dandi.

    2. Actitude estética cultivada entre o s XIX e comezos do s XX e vinculada ao romanticismo e ao modernismo. Iniciouse en Inglaterra no seo da aristocracia, como reacción contra o ascenso da burguesía e a imposición do capitalismo. Supón unha fuxida cara a un mundo ideal, afastado do vulgar da realidade. Considérase que o primeiro dandi foi George Bryan Brummel (1778-1840), a quen seguiron Lord Byron e, posteriormente, Oscar Wilde. O fenómeno estendeuse a Francia, baixo a influencia do conde d’Orsay, a través de escritores, como A. de Musset, Honoré de Balzac, Barbey d’Aurevilly e Ch. Baudelaire. Co tempo introduciuse noutros países, aínda que a súa pegada foi menor. A súa máxima fundamental é facer da vida unha obra de arte, deste xeito, o individuo convértese en autor da súa vida persoal, que desenvolve e planifica conscientemente, e en actor do seu propio drama, que monta para os demais. A súa posta en escena defínese pola imperturbabilidade ante as peripecias da vida, que combina coa forza...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento filosófico-relixioso inspirado na doutrina de David de Dinant que se difundiu durante os ss XII e XIII. Afirmaba que a semellanza das cousas substanciais só é posible se existe unha única realidade substancial, común a todos os corpos e ánimas: Deus mesmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor ruso. Estudiou no Conservatorio de Moscova e foi un dos pioneiros da música electrónica no seu país. A súa obra combina formas contemporáneas, como o serialismo e a música aleatoria, coas tradicións rusas. Da súa produción destacan a cantata O sol dos incas (1964) e numerosas pezas de cámara. En 1993 recibiu o Grand Prix de París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra de Pascual Madoz publicada en Madrid entre 1845 e 1850 e agrupada en dezaseis volumes. Contén datos sobre as entidades de poboación de España e as súas características xeográficas, onde se recollen aspectos sociais, demográficos e económicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de cruce entre dous individuos que teñen dous xenes dialélicos non ligados, e tamén a segregación mendeliana á que dá lugar este cruce. Por exemplo, o cruce dunha semente de chícharo amarelo e redondo con outra de verde e rugoso e, a segregación que hai na segunda xeración filial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe latina que se emprega na composición de palabras co significado de ‘distanciamento’, ‘negación’ ou ‘contrariedade’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na composición de palabras co significado de ‘dificultade’, ‘mal’ ou ‘anomalía’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hidrato de carbono que deriva da condensación de dúas moléculas de monosacárido, que quedan unidas mediante un enlace glicosídico, con eliminación dunha molécula de auga. A hidrólise dun disacárido, realizada polos enzimas coñecidos como glicosidases, proporciona os monosacáridos que o constitúen. Os disacáridos son, xa que logo, os polisacáridos máis simples e poden estar formados por monómeros iguais, como a celobiosa, que é o resultado da unión de dúas moléculas de glicosa mediante enlace β(1 → 4), ou distintos, como a sacarosa, que é o resultado da condensación dunha molécula de glicosa e unha de frutosa mediante enlace α (1 → 2).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Froito formado por dúas sámaras opostas, coma o do pradairo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alteración que dificulta a articulación das palabras debido a unha enfermidade nerviosa ou lesión orgánica que lles afecta á lingua e aos músculos da fala, pero que non dificulta as funcións de comprensión e creación de ideas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dificultade para camiñar debido, sobre todo, a lesións nerviosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Debilidade anormal ou disturbio da vontade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao disco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dificultade específica para a aprendizaxe do cálculo e dos conceptos matemáticos básicos. Adoita ir asociada a problemas de linguaxe, simbolización e orientación espacio-temporal, pero non ten relación nin co nivel mental, nin co método de ensino empregado, nin con trastornos afectivos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Restrición ou ausencia, debido a unha deficiencia, da capacidade de realizar unha actividade na forma ou dentro da marxe do que se considera normal no ser humano. Pode ser temporal ou permanente, reversible ou irreversible, e progresiva ou regresiva. Algunhas discapacidades son consecuencia directa da deficiencia e outras xorden como resposta do propio individuo a deficiencias físicas, sensoriais ou doutro tipo. Representan a obxectivación dunha deficiencia e reflicten alteracións a nivel da persoa. Clasifícanse en discapacidades da conduta, da comunicación, do coidado persoal, da locomoción, da disposición do corpo, da destreza, da situación, dunha determinada aptitude e doutras actividades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen padece unha discapacidade.

    VER O DETALLE DO TERMO