"Fernán" (Contén)

Mostrando 8 resultados de 808.

  • GALICIA

    Ensaísta e crítica literaria. Doutora en Filoloxía Galega e DEA pola École des Hautes Études en Sciences Sociales do CNRS (París), é profesora de literatura galega na Universidade de Santiago, especializada en narrativa e teatro galego contemporáneos. Colaboradora e membro do consello de redacción de Grial, desde 2003 dirixe o Anuario de estudos literarios galegos, que en 1992 contribuíra a poñer en marcha baixo a dirección de Xoán González-Millán. Colabora como crítica literaria en revistas especializadas, como Tempos novos, e semanalmente dirixe a páxina literaria do “Diario cultural” da Radio Galega. Como investigadora, coordinou o Dicionario da literatura galega (4 vol 1995-2003). Ademais de coeditar obras clásicas como Follas novas, Retrincos. Un ollo de vidro, A festa da malla, O castelo de Pambre ou o epistolario cunqueiriano Cartas ao meu amigo. Epistolario mindoniense a F. Fernández del Riego (2003), publicou A recepción inmanente de Neira Vilas (1990), Sobre narrativa galega contemporánea...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante. Coñecido como Bola de Nieve, na década de 1930 trasladouse a México, onde comezou a súa carreira internacional que o levou a diversos países de América e Europa. Destacaron as súas intepretacións de temas coñecidos como “La vie en rose” ou “La flor de la canela”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Instalado en Bretoña (A Pastoriza), creou o Museo Pedagóxico-Etnográfico Villapol. Das súas obras destacan a Homenaxe a un bretón desaparecido (Bretoña) e Contemplade (A Fonsagrada).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e escritor. Especializouse en lexislación sobre teatro e cine. Colaborou en ABC e Pueblo e escribiu Derecho cinematográfico español (1952) e Summa de legislación del espectáculo (1962); a peza teatral Las luciérnagas (1963) e libros de ensaio e narrativa, como La España de la postguerra, de camisa vieja a chaqueta nueva (1976), Al tercer año resucitó (1978), La chapuza nacional (1990),   Los rojos no usaban sombrero (1995) e Los pasos contados (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Ilustrador, cartelista e deseñador de cerámica. Foi o principal responsable do deseño da sección de cerámica de Sargadelos e da ilustración de libros, cubertas e carteis de Edicións do Castro, entre outros De cando Suso foi carteiro (1988) de X. Neira Vilas, O troleiro e outros contos (1999) de D. Vázquez, ou O País acuático (2001) de E. Alonso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundación sen ánimo de lucro creada en 1998, co obxectivo de ter a sede na casa natal de W. Fernández Flórez. Entre os seus proxectos inclúense actividades relacionadas co estudo da súa obra, a edición das obras en galego e a creación dunha aula de Interpretación Ambiental, destinada a mellorar o coñecemento e a protección da Fraga de Cecebre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico militar e botánico. Viaxou ás Filipinas (1835-1836) e participou na Primeira Guerra Carlista. Publicou obras de tema naturalístico (principalmente botánico), médico e histórico, entre as que destacan Elementos de botánica (1843), o primeiro manual botánico publicado en España e no que incorporou a clasificación natural e a teoría botánica de Candolle.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Trasladouse a España en 1961 e creou en Cuenca o Museo de Arte Abstracta, o primeiro destas características. Cultivou a pintura, o debuxo, o gravado e a fotografía. A súa obra pictórica de madurez é afín á dos artistas abstractos españois da década de 1960.

    VER O DETALLE DO TERMO