"Jos" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1142.

  • PERSOEIRO

    Psicólogo belga. Interesouse por case todos os campos da psicoloxía, se ben foi un especialista en aprendizaxe, motivación e personalidade. Escribiu, entre outras obras, Tâche, réussite, échec. Théorie de la conduite humaine (1953), Psychanalyse et conception spiritualiste de l’homme (1955) e Struture de la personnalité (1965).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e militar colombiano. Foi oficial realista e uniuse aos independentistas en 1822. En 1820 alzouse contra Simón Bolívar. Vicepresidente da República de Nueva Granada en 1831, en 1836 sublevouse contra José Ignacio de Márquez e marchou ao exilio. Ao seu regreso foi gobernador de Cartagena (1850). En 1853 acadou a presidencia da República pero en 1854 foi destituído. En 1860 apoiou a revolta de Tomás Cipriano Mosquera e morreu na loita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Bioquímico. Foi catedrático de Bioquímica na Universidad Complutense de Madrid e estudou a patoloxía molecular da cirrose hepática producida polo alcoholismo, disfuncións da insulina na arterioesclerose e os mecanismos de adaptación ao exercicio intenso. Escribiu Bioquímica del desarrollo. Metabolismo lipídico en Ceratitis capitata (1972) e Nutrición y deporte (1988).Foi presidente da Real Federación Española de Atletismo desde 1989 e membro do Consello da International Association of Athletics Federation (IAAF). Recibiu o Tambor de Oro de San Sebastián (1993) e a Medalla de Oro da Real Orden del Mérito Deportivo (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Golfista. Iniciou a súa carreira profesional en 1985, aínda que non conseguiu ningún título individual importante ata 1994, en que venceu no Masters de Augusta. Participou na Copa Ryder xunto ao equipo europeo (1987, 1989, 1991, 1993, 1997 e 1999) e gañou o torneo de Dubay (1998) e novamente o Masters (1999). En 2000 venceu no Open Benson and Hedges, en 2001 no torneo de Francia, e en 2002 no de Hong Kong.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto austríaco. Discípulo de O. Wagner, despois de proxectar o edificio de exposicións da Wiener Sezession (1898) en Darmstadt, construíu unha colonia de artistas, ampliada en 1907 cun palacio de exposicións que incluíu a Hochzeitsturm. En 1908, en Düsseldorf, dirixiu a construción dos grandes almacéns Tietz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. A súa actividade como xinete e criador de cabalos levouno a aplicar o seu intenso coñecemento da anatomía e actividade destes animais na súa escultura. Autodidacta, abandonou o seu traballo nunha empresa familiar de galletas e comezou a esculpir en 1969. Converteu os cabalos en protagonistas da súa obra, e dotounos dunha vigorización e un dinamismo, que amosan o reflexo da súa emotividade persoal e espontánea. Destacou a novidosa maneira de representalos en movemento, xeralmente realizados en bronce e a introdución do oco como un novo elemento nos seus conxuntos. Traballaba co tamaño definitivo da peza e empregando a técnica das ceras duras e a súa fundición posterior en bronce. Das súas obras destacan Pegaso (1981) no aeroporto de Barajas, Monumento al perro vagabundo (1983) no Zoológico de Madrid, o remate do Centro Cultural Caixanova de Vigo (1988), o Monumento a Europa (Vigo, 1989), a Espiral ascendente de cinco cabalos entrelazados (Praza...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor portugués. Novelista, poeta e crítico literario, destacou como ensaísta. En 1922 escribiu o seu primeiro ensaio Oliveira Martins e Eça de Queirós. Preocupado polo entendimento entre os pobos ibéricos, escribiu Geografia literaria (1955) e Espanha vista pelos portugueses (1964).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Futbolista brasileiro. Coñecido como Bebeto, xogou, entre outros, no Flamengo, no Vasco da Gama e no R. C. Deportivo de la Coruña. Gañou a medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Seúl (1988), a Copa América (1989), a Copa do Mundo de EE UU (1994) e a Copa do Rei (1995). Recibiu o trofeo Pichichi como máximo goleador da Liga (1993) e o Balón de Ouro como mellor xogador de América (1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Músico de jazz estadounidense. Coñecido como King Oliver, debutou en 1900, e foi o mestre e o mentor de Louis Armstrong. Creou os grupos Magnolia Band, King Oliver’s Creole Jazz Band e a orquestra Dixie Syncopators. Foi un dos primeiros en introducir a improvisación nas interpretacións. Das súas gravacións coa Creole Jazz Band destacan os discos Aligator Hop (1923) e Snake Rag (1923).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e poeta ecuatoriano. Deputado nas Cortes de Cádiz, defendeu a liberdade do seu país. Escribiu poesías de corte neoclásico, pero tamén impregnadas dun certo romanticismo. En 1947 foron editadas as súas Poesías Completas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista. Foi gobernador civil de Zamora (1979-1982) e de Bizkaia (1982), inspector xeral de servizos do Ministerio do Interior (1984-1993) e director xeral de Política Interior (1996-2004). Foi fundador e director da revista Quintana (1962), e publicou numerosas monografías sobre temática socio-política en diversas revistas e publicacións xurídicas especializadas. Escribiu Los Judíos en el Reino de Galicia (1981), Odoario el Africano. La colonización de Galicia en el siglo VIII (1988), José María Díaz Sanjurjo. Un gallego en Vietnam (1991), El enigma de José An (1991) e El promontorio de los claveles marinos (1999). Recibiu a Encomienda de Número al Mérito Civil (1977) e a Medalla de Prata da Real Orden del Mérito Deportivo (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político peruano. Elixido presidente da república (1833-1834), foi derrocado por Felipe Santiago Salaverry. Despois de pactar co xeneral Andrés de Santa Cruz, presidente de Bolivia, ocupou Perú, e en 1837 organizou con este a Confederación de Bolivia e Perú, feito que provocou o enfrontamento con Chile. Derrotado polos chilenos, tivo que abandonar o país (1838).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, IX marqués de Albaida. Tomou parte activa na Revolución de 1848 e, en xeral, en todos os movementos democráticos, polo que foi apresado numerosas veces e desterrado. Foi deputado en diversas lexislaturas e nas Cortes Constituíntes de 1869 e de 1873. Escribiu artigos e obras de propaganda política.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filólogo. Catedrático de Lingua Inglesa na Facultade de Humanidades de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela (2002). Colaborador habitual de revistas especializadas como Resla, Stvdium e Anglo-american Studies, publicou diversos libros, dos que destacan Glosario técnico-naval (1973), Construciones con nexos relativos en el inglés contemporáneo (1989), On translation historical aspects, interpretability and linguistic trifles (2001), Current trends in linguistics. An english morphology based study (2002) e Debate lingüístico. Otto Jespersen (1860-1943) (2003). En 1992 recibiu unha Mención da Universidad de Extremadura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor muralista mexicano. Nos seus murais expresou elevados conceptos histórico--filosóficos nun intento de universalizar os problemas do continente americano. Plasticamente pode ser equiparado cos grandes muralistas barrocos e a súa pintura de cabalete é consecuencia da mural. En Ciudad de México fixo os murais do Palacio de Bellas Artes (1934) e do Palacio del Gobernador, e decorou a Escola Normal (1942-1944). En Guadalajara fixo os murais da universidade (1936-1940). A súa derradeira obra foi a decoración da Escuela Normal de Ciudad de México (1942- 1944).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista, escritor e político, fillo de José Ortega y Gasset. Foi fundador de Alianza Editorial (1966), onde promoveu as edicións de peto, e do xornal El País (1976), en que marcou a súa liña progresista e liberal. Dirixiu a Revista de Occidente na súa segunda época (1963). Fundou o grupo de comunicación PRISA e presidiuno ata 1984, cando foi nomeado presidente de honra. Asesor da UNESCO e membro da Unión Internacional de Editores, foi senador por designación real nas Cortes Constituíntes (1977). Publicou, ademais de numerosos artigos e do libro colectivo Amores de cinco minutos (1995), El área remota (1986), Relatos en espiral (1990), Historia probable de los Spottorno (1992) e Los Ortega (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ensaísta e filósofo. Estudou filosofía en Madrid e ampliou estudos en Alemaña. Foi catedrático de Metafísica na Universidad de Madrid (1910-1936). En 1931 foi elixido deputado pero exiliouse ao inicio da Guerra Civil española e residiu en Francia, Países Baixos, Arxentina e Portugal. Retornou a Madrid en 1945 e creou con Julián Marías o Instituto de Humanidades (1948). Fundou a revista España (1915) e a Revista de Occidente (1923). As súas teorías pretendían superar tanto o idealismo como o realismo mediante o establecemento da vida como realidade fundamental, o eu como eu e a súa circunstancia e a primacía da razón vital (raciovitalismo). Ofreceu a súa interpretación do fenómeno artístico-literario en Las meditaciones del Quijote (1914) e en La deshumanización del arte, mentres que nos oito volumes de El Espectador (1916-1928) fixo patente a súa grande actividade de publicista. A súa época de pensamento perspectivista quedou reflectida en El...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e escritor, pai de José Ortega y Gasset. Militou no Partido Conservador e foi deputado polo distrito de Bande (1879-1881). Foi director e propietario de El Imparcial e máis tarde promotor do diario El Sol, conducido intelectualmente polo seu fillo. Cultivou a novela, o teatro e as narracións de viaxes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Foi bibliotecario da Biblioteca de Ajuda e oficial de secretaría da Academia Real das Ciências de Lisboa. Adoptou unha actitude contraria á de Antero de Quental na polémica Questão Coimbrã (1865), que iniciou a literatura moderna en Portugal, e exerceu unha grande influencia en escritores posteriores. Escribiu O mistério da estrada de Sintra (1870), en colaboración con Eça de Queirós, co que tamén elaborou os folletíns As Farpas. Realizou tamén crónicas de viaxes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. De formación autodidacta e seguidor do pictorialismo, comezou moi novo na fotografía (1898) interesándose polos traxes, costumes, monumentos e paisaxes máis tópicos de España e do N de África. Fixo a súa primeira exposición en 1929, á que seguiu a publicación de España, tipos y trajes (1933), España, pueblos y paisajes (1938), España mística (1943) e España: Castillos y Alcázares (1956), obras coas que asentou un estilo que o fixo internacionalmente recoñecido e solicitado para mostras en Los Angeles, Milán, Londres ou Ciudad de México, que culminaron coa “Spectacular Spain” exposta no Metropolitan Museum de Nova York. Fundador da Sociedad Española de Automóviles de Turismo (SEAT) e introdutor en España do papel Fresson, que el rebautizou como carbón, foi membro da Real Sociedad Fotográfica e presidente da Federación Española de Arte Fotográfico.

    VER O DETALLE DO TERMO