"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dilatación patolóxica do recto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade de medida da enerxía explosiva das bombas nucleares que equivale á enerxía desprendida na explosión dun millón de toneladas de TNT.
-
FILOSOFOS
Filósofo e historiador. Socio numerario fundador do Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses, tesoureiro e membro numerario da Real Academia Galega, foi vicepresidente do Padroado da Biblioteca do Real Consulado da Coruña. Investigou a invasión inglesa de 1719 e as reais fábricas en Galicia. Escribiu La emigración gallega intrapeninsular en el siglo XVIII (1960), Documentos para la historia de las reales fábricas de Sargadelos e Escritos e autores na Galicia da Ilustración (1982). Foi membro da Real Academia de la Historia e da Real Sociedad Geográfica de España. Recibiu a Cruz de Alfonso X el Sabio e a Medalla Castelao (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Indoeuropeísta francés. Discípulo de Michel Bréal e Ferdinand de Saussure, escribiu obras sobre o grego e o latín, ademais doutras de divulgación, pero destaca, sobre todo, pola súa contribución ás linguas eslavas e ao armenio. Aplicou amplamente o concepto saussuriano da sincronía (Grammaire de la langue polonaise, 1921) e insistiu no carácter social do feito linguístico. Da súa produción destacan Altarmenisches elementarbuch (1913), Les langues dans l Europe nouvelle (1918) e Le slave commun (1924)..
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Meira (Moaña). Datada en época medieval, foi realizada en cantería e erguida sobre un promontorio con planta case cadrada. O xacemento arqueolóxico, composto pola torre e o que debeu ser un patio de armas, estaba protexido por unha muralla. Foi escavado en 1976. Durante as Guerras Irmandiñas (s XIV) a torre sufriu enormes danos e a súa destrución total foi ordenada por Pedro Álvarez de Soutomaior.
-
PUNTA
Punta do litoral cantábrico, situada entre as enseadas de Regolada e Meitón, na parroquia de Xuances (Xove).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar mexicano. Loitou contra os liberais durante a Revolución de Ayutla (1854-1855), e posteriormente a favor do Emperador Maximiliano I de México. Foi fusilado xunto a Miguel Miramón despois da toma de Querétaro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Célula epitelial precursora do melanocito.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Célula voluminosa, derivada da crista neural do embrión, que se atopa preto do folículo piloso, na capa basal epidérmica; emite prolongacións que se dirixen cara aos espazos intercelulares epidérmicos. Os melanocitos fan de glándulas secretoras unicelulares e conteñen os melanosomas, cheos de tirosinase, encima necesario para a síntese da melanina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
melanoma.
-
-
Relativo ou pertencente ás melastomatáceas.
-
Planta da familia das melastomatáceas.
-
Familia de mirtáceas, exclusiva das rexións tropicais, integrada por unhas 4.000 especies de plantas xeralmente leñosas, con follas simples, opostas ou verticiladas, con flores hermafroditas, tetrámeras ou pentámeras, e con froitos capsulares ou baciformes.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hormona amínica sintetizada a partir da serotonina, que é segregada principalmente pola glándula pineal dos vertebrados. Nos mamíferos inhibe moitas funcións endócrinas. A secreción da melatonina parece seguir un ritmo día-noite, e regula outras funcións fisiolóxicas que aparecen relacionadas con este ritmo.
-
PERSOEIRO
Poeta e maxistrado. Catedrático de Humanidades en Salamanca, nos tempos da ocupación francesa tivo cargos gobernamentais, polo que logo tivo que exiliarse. Entrou en contacto co movemento ilustrado e foi un poeta lírico do neoclasicismo castelán, aínda que se pode considerar prerromántico por uns cantos romances que desenvolven lendas románticas. Publicou Poesías (1785).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Planta herbácea anual ou bianual, moi ramificada, de ata 1,5 m de altura. Presenta follas alternas, trifoliadas, de folíolos dentados. Flores pequenas dispostas en acios axilares, longos e estreitos, de corola papilionácea, de cor amarela ou branca. Froitos en legume globoso, liso e con costelas transversais. Orixinaria de Europa, aparece en terreos baldíos e nas beiras dos camiños. Tamén se cultiva como forraxeira e para uso farmacéutico polo interese medicinal da cumarina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fórmula farmacéutica ou excipiente preparada con mel e auga e, ás veces, tamén glicerol.
-
PERSOEIRO
Apoloxista cristián. Bispo de Sardes e contemporáneo de Marco Aurelio (121-180) escribiu máis de vinte obras, das que só se conservan partes da súa Apologia, e unha homilía sobre a Pascua.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrónomo. Ingresou na orde capuchina (1700), e foi profesor de teoloxía en Tolosa (Languedoc). Máis tarde foi membro da academia de Tolosa e da de ciencias de París. Publicou tratados de matemáticas e de astronomía.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bailarín e coreógrafo ruso. Coñecido como George Balanchine, cada unha das súas coreografías realizábase harmoniosamente en estreita relación coa música. Actuou no Ballet de D’aghilev e no Ballet Ruso de Montecarlo, e en 1934 instalouse en Nova York. Fundou a School of American Ballet e o New York City Ballet (1948). Das súas coreografías, de estilo neoclásico, destacan The Nutcracker (1954) e Don Quixote (1965).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da oblast’ de Zaporizhzhia, Ucraína, situada na beira dereita do río Moločna (170.017 h [1999]). Destaca a industria e a construción de maquinaria.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Loboso (A Pastoriza). O seu cumio acada os 600 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO