"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Tropo que consiste en tomar “a parte polo todo”, isto é, en designar ou substituír unha cousa co nome doutra coa que mantén algunha relación, en virtude da que se poden determinar varios tipos de metonimias: a) O autor pola obra (leu a Cunqueiro -os libros de Cunqueiro-; ten un Laxeiro -un cadro de Laxeiro-); b) O posuidor polo posuído, ou viceversa (vai no mecánico -no taller do mecánico-); c) A causa polo efecto (vive do seu traballo -do que gaña co seu traballo-); d) O lugar de procedencia polo produto (gústalle o porto -viño de Porto); e) O continente polo contido (tómalle un vaso -un vaso de viño-); f) A materia polo obxecto (colecciona porcelanas -figuras de porcelana); g) O instrumento pola causa activa (é un magnífico violín -violinista-); etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á metonimia.

    2. Que inclúe ou contén metonimia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Transformación ou substitución dun nome propio, especialmente dun nome de persoa, pola súa tradución a unha lingua estranxeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espazo ou porción de muro, diante do epistilo, que no friso dórico está comprendida entre dúas aberturas para a inserción dos tríglifos. Ao principio facíanse de mármore ou de barro e eran pintadas de cor vermella ou turquesa, pero posteriormente foron esculpidas con recheos alusivos a escenas mitolóxicas. Das métopas máis antigas destacan as dalgúns templos da Tróade e Selinonte (ss VII-V a C), as do templo de Zeus en Olimpia e as que ornamentaban o Partenón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao metopión.

    2. Óso de pequenas dimensións que está situado na mesma posición que ocupan as fontanelas do frontal (nasofrontal e seminasofrontal) e que está presente no home nunha porcentaxe moi baixa (0,5% aproximadamente).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Punto antropométrico que está situado na liña media da fronte, entre as dúas eminencias frontais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado do cranio en que persiste a sutura frontal ou metópica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arte de descubrir o carácter dunha persoa mediante o exame das liñas do rostro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á metoposcopia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia heterocíclica aromática que actúa como antimetabolito ao combinarse co enzima tetrahidrofólico-redutase. Inhibe a síntese das bases púricas e pirimidínicas, indispensables para a formación do ADN e do ARN e emprégase en medicina como anticanceríxeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome do radical CH3O-.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada que nun composto orgánico sinala a presenza do radical metoxi (CH3O-).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prolapso do útero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro e inventor italiano. Estudou enxeñaría mecánica en Florencia, e en 1830 viaxou a Cuba, onde descubriu que a voz podía viaxar mediante pulos eléctricos a través dun cable; posteriormente, en 1850 viaxou a Nova York para tratar de desenvolver esta tecnoloxía. En 1860 conseguiu conectar a súa oficina co dormitorio da súa muller. En 1871 intentou patentar o invento pero non puido por carecer de cartos, e posteriormente mantivo unha loita xudicial con Graham Bell, que o patentou en 1876. En 2002 foille recoñecido o seu mérito como inventor do teléfono. Entre outros obxectos, tamén inventou filtros para depurar a auga e ideou novas técnicas para dourar marcos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Observatorio astronómico situado preto de París. Foi fundado en 1876 como unha sección do observatorio de París especializada en astrofísica. Os seus campos de traballo son a detección de cometas e a observación dos planetas e do Sol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico. Ideou un método para determinar a densidade do vapor. Pode ser considerado o creador da estereoquímica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bioquímico alemán. Estudou nas universidades de Berlín, Friburgo, Estrasburgo e Heidelberg, onde se doutorou no ano 1909. Descubriu unha relación inversa entre a cantidade de osíxeno consumido e a de ácido láctico producido. O descubrimento do ATP levouno á teoría do encaixamento enerxético. Das súas obras destaca The chemical dynamics of life phenomena (1924). En 1922 recibiu, xunto con A.V. Hill, o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina, pola súa investigación sobre o metabolismo do músculo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Freire desde 1689, foi mestre de obras, arquiveiro do mosteiro de San Martiño ; Pinario, prior e mordomo de Tenorio e prior de Carboeiro (1713-1733).

    VER O DETALLE DO TERMO