"Ede" (Contén)

Mostrando 17 resultados de 837.

    1. Artista principal dun espectáculo de variedades.

    2. Persoa que destaca ou sobresae nun determinado ambiente, especialmente no mundo do espectáculo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ehículo lixeiro de dúas ou tres rodas para unha soa persoa, que se move impulsado mediante un mecanismo de pedais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de Barcelona, Catalunya (31.248 h [2001]). É unha vila mercantil e comercial, onde os seus polígonos industrias esténdense ata os termos veciños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor. Foi o responsable dos traballos de investigación que sobre xeoloxía se desenvolveron en Tierra del Fuego. Dirixiu a revista Thalassas e foi membro do Seminario de Estudos Galegos, do Grupo Español de Sedimentología, da Real Sociedad Española de Historia Natural e da International Association of Sedimentologist.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Formado en Madrid, a súa pintura é realista e caracterízase polo dominio técnico, en especial do debuxo, e pola captación da psicoloxía dos personaxes. Cultivou o retrato, as naturezas mortas, sobre todo de animais, a paisaxe e os tipos populares. Destacan as obras, Autorretrato, Muller aldeá e Neno do niño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e diplomático británico, conde de Clarendon (1838). Como embaixador do seu país en Madrid (1833-1839), interveu na vida política española en favor dos liberais. Foi gobernador de Irlanda (1847-1852) e ministro de Asuntos Exteriores (1853-1858), durante a Guerra de Crimea e noutras ocasións (1865-1866 e 1868-70).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pronome persoal de cortesía de segunda persoa singular que funciona como suxeito ou complemento con preposición. Leva o verbo concordado en terceira persoa. OBS: A súa abreviatura é Vde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de obras e pintor holandés. Fixo deseños arquitectónicos e de mobles e ornamentacións para gravados. Pintou cadros con construcións arquitectónicas fantasiosas. Escribiu Artis perspectivae formulae (1604).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo e actor alemán. A súa obra dramática, dun ton humorístico, ataca duramente a vida sexual da burguesía. Destacan Der Erdgeist (O espírito da Terra, 1895) e Die Büchse der Pandora (A caixa de Pandora, 1904), que unidas, formaron a ópera Lulu de Alban Berg.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e biólogo británico. Fixo estudos sobre a difracción dos raios X que permitiron a Watson e Crick propoñer un modelo nuclear do ácido desoxirribonucleico (1953). En 1962 compartiu con estes dous investigadores o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina. Tamén traballou na separación de isótopos de uranio para o proxecto Manhattan que creou a bomba atómica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Explorador inglés. Participou na expedición ao macizo de Ruwenzori (África Oriental), organizada polo British Museum, e ascendeu o cume que leva o seu nome (4.659 m).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político inglés, vizconde de Halifax. Membro do Conservative Party e deputado (1910), foi vicerrei da India (1926-1931), ministro de Asuntos Exteriores (1938-1940) e embaixador en EE UU (1941-1946).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que procede do hebreo Gid’on, a través do grego Gedeon e o latín Gedeon, probablemente un alcume derivado de ga’da ‘cortar’ co significado de ‘manco, toco’. Algúns autores fano proceder dunha raíz que significa ‘que rompe, que desfai’. Presenta a variante Guideón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xefe israelita. Reuniu as tribos do centro e do norte de Palestina para defenderse das incursións madianitas, pero non transformou a confederación nun estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pai dos apóstolos Santiago e Xoán. Era pescador, e a súa muller, Salomé, asistiu a Xesús cos seus bens.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Traballou en 1582 no Palazzo Ducale de Venecia e acabou os frescos da cúpula de Santa Maria dei Fiori de Florencia. Na Península Ibérica (1585), fixo o retablo maior da capela de El Escorial. Escribiu o tratado Idea (1607), en que divulgaba o neoplatonismo de Miguel Anxo. O seu irmán, Taddeo Zucari (Sant’Angelo in Vado 1529-Roma 1566) fixo os frescos da Sala dei Fasti Farnesiani del Palazzo Farnese (Caprarola) e os da Sala Regia do Vaticano.

    VER O DETALLE DO TERMO