"Manuel" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 824.

  • PERSOEIRO

    Rei de Italia (1900-1946) e de Albania (1939-1943) e emperador de Etiopia (1935-1941), fillo e sucesor de Humberto I. Acabou, con éxito, a guerra en Libia (1911-1912) e interveu na Primeira Guerra Mundial, pero a partir de 1922 tolerou que o fascismo se asentase en Italia. Baixo a influencia de Mussolini, consentiu a guerra de Etiopia (1935), a axuda ás tropas franquistas na Guerra Civil en España (1936-1939), a anexión de Albania (1939) e a entrada de Italia na Segunda Guerra Mundial ao lado de Alemaña. En 1943 autorizou o golpe de estado que derrocou a Mussolini e pediu o armisticio aos aliados. En 1944 nomeou lugartenente do reino o seu fillo Humberto II, en quen abdicou en 1946. Exiliouse a Exipto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político. En 1843 foi proclamado supremo director da República de Perú. Vencido ao ano seguinte, en 1856 encabezou unha revolta conservadora, pero foi derrotado en El Callao (1857). Foi ministro de Guerra (1865).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo alemán. A partir de Kant, elaborou unha fenomenoloxía da consciencia e da certeza e unha metafísica da temporalidade e do individuo. Das súas obras destacan Kants Erkenntnistheorie in ihren Grundprinzipien analysiert (A teoría do coñecemento kantiana analizada no seu principio fundamental, 1879) e Phänomenologie und Metaphysic der Zeit (Fenomenoloxía e metafísica do tempo, 1925).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xoana II de Bizkaia.

    VER O DETALLE DO TERMO