"RAF" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 981.

  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana (5.727 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura de regadío, centrada nos cítricos, e nas actividades industriais derivadas da agricultura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana (2.381 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura e nos procesos industriais de conservación e comercialización derivados dela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Profesor de música desde 1840, na súa obra recibiu a influencia de F. Mendelssohn e R. Schumann. A súa produción comprende máis de duascentas obras, das que destacan as composicións para piano e de cámara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xurista francés. Foi ministro de Traballo (1976-1981), secretario nacional do Parti Républicain (1989-1995), secretario xeral da Union pour la Démocratie Française (1995), vicepresidente de Démocratie libérale desde 1997, ministro de PEMEs, Comercio e Artesanía (1995-1997) e primeiro ministro (2002-2005). Escribiu Pour une morale de l’action (1992), Le Livre de l’Atlantique (1994) e Pour une nouvelle gouvernance (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás rafflesiáceas.

    2. Planta da familia das rafflesiáceas.

    3. Familia de plantas, da orde das rafflesiais, integrada por especies parasitas que carecen de clorofila e presentan un aparato vexetativo reducido. As flores son actinomorfas solitarias ou en acios, xeralmente unisexuais, de periantio monoclamídeo e de ovario ínfero, e froitos baciformes ou capsulares con sementes pequenas e abundantes. A maioría das súas especies son tropicais. A esta familia pertence a especie Rafflesia arnoldi, que ten a flor máis grande coñecida, que pode alcanzar máis de 90 cm de diámetro. Na Península Ibérica só aparece o xénero Cytinus.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás rafflesiais.

    2. Planta da orde das rafflesiais.

    3. Orde de plantas parasitas, da clase das dicotiledóneas, con follas alternas ou opostas, flores actinomorfas, unisexuais dispostas en inflorescencias espiciformes. O froito adoita ser unha baga con numerosas sementes. Está formado por tres familias, a das rafflesiáceas, a das mitrastemonáceas e a das hidnoráceas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Árbore monoica orixinaria de Madagascar, co tronco groso e baixo, follas pinnadas, moi grandes de anverso verde escuro e reverso abrancazado e pruinoso, e froitos dispostos en drupa, escamudos e pardos.

      1. Fibra extraída da epiderme das follas da rafia. É branda, sedosa e resistente, e pode tecerse. Úsase sobre todo na fabricación de cordeis, esteiras e obxectos de cestaría.

      2. Fibra sintética obtida do polietileno, de aspecto semellante ao da rafia e á que substituíu especialmente nos moedeiros e nos bolsos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cristais de oxalato cálcico que, dispostos en fascículos, aparecen no interior dos vacúolos en certas células vexetais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que reciben os insectos rafidiópteros do xénero Raphidia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estación dos israelitas no deserto do Sinaí. Identificouse co oasis de Feiran, onde Moisés fixo xurdir auga dunha rocha.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos rafidiópteros.

    2. Insecto da orde dos rafidiópteros.

    3. Orde de animais, da clase dos insectos, co corpo de pequeno tamaño, con dous pares de ás de igual medida cunha zona dura na parte anterior, o pterostigma, e cun protórax moi longo e estreito. Son carnívoros e habitan nos troncos das árbores, entre as placas da cortiza, en bosques frescos e con pouca claridade de toda Europa, excepto da Península Ibérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos ráfidos.

    2. Ave da familia dos ráfidos.

    3. Familia de aves, da orde das columbiformes, que comprendía tres especies, extintas a finais do s XVII e a comezos do s XVIII. A súa especie principal era o dodo, Raphus cucullatus, que foi vítima da depredación humana e dos animais domésticos ao ser colonizadas as illas Mauricio polos holandeses. Tamén pertencía a esta familia o solitario da illa Reunión, Raphus solitarius, que se extinguiu a mediados do s XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Trisacárido incoloro formado por unidades de frutosa, glicosa e galactosa, que se extrae da remolacha.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e pedagogo da arte e o deseño. Nun primeiro momento a súa obra manifestou unha influencia postimpresionista e un particular cezannismo. Posteriormente elaborou unha abstracción poética, amorfa na súa configuración, propia de ambientes, temas, obxectos ou grafismos da vida cotiá. Escorridos, colaxes, estampacións ou poesía visual, son tratados nun mundo de suaves entoacións e gran finura. Da súa obra poética destacan Notes Nocturnes (1975), Territori de temps (1979) e El color de les pedres (1989). Recibiu o Premio Nacional de Bellas Artes en 1980.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político iraniano. Presidente do Parlamento (1980-1989), á morte de Khomeynī foi elixido presidente da República Islámica (1989-1997). Intentou acabar co illamento internacional de Irán cunha política exterior máis moderada, como a neutralidade na guerra do Golfo Pérsico ou as relacións comerciais con países non islámicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento que se emprega para determinar os contornos da columna vertebral e rexistrar as desviacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato para rexistrar correntes eléctricas, especialmente as que sofren variacións continuas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación xenérica do conxunto de procedementos para a reprodución dun orixinal que se basean na utilización das radiacións electromagnéticas (luz, calor, raios X, raios ultravioletas, etc), coa exclusión expresa de toda as técnicas de impresión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á reprografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Santiago de Compostela a partir do 17 de maio de 1984, da que saíron só tres números, o segundo e terceiro en 1987. Editada pola Asociación Cultural O Facho, os promotores da revista foron tamén os responsables da asociación, Miguel Anxo Fernán-Vello, Roxelio Martínez, Francisco Pillado Mayor e Xulio L. Valcárcel. Cunha temática cultural, dedicou diversos monográficos a A. Cotarelo Valledor, Castelao e Alexandre Bóveda.

    VER O DETALLE DO TERMO