"Rin" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1743.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título concedido en Sicilia en 1690 a Luís de Moncada, que morreu cara a 1704. En 1798 pasou aos Platamone, duques de Cannizaro.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Arteixo baixo a advocación de santo Estevo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Láncara baixo a advocación de san Salvador.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga parroquia do concello de Sarria, hoxe parroquia da Veiga.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘larinxe’.
-
-
Relativo ou pertencente á larinxe.
-
Aplícase ao fonema indoeupoeo continuo de identidade fonolóxica pouco coñecida e de articulación posterior, que podía vocalizarse ou funcionar como consoante. As laringais coñécense a través das modificacións que exerceron nos fonemas veciños e das unidades distintivas testemuñadas nas linguas anatólicas. O estudio das laringais foi iniciado por F. de Saussure.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Médico especialista en laringoloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da medicina que estudia a larinxe e as súas enfermidades.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Abrandamento da carcasa cartilaxinosa e ligamentosa da larinxe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parálise dos músculos da larinxe que provoca afonía cando a lesión afecta os nervios dos dous lados, con parálise das cordas vocais e disfonía, con voz bitonal, se a lesión é unilateral.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Exame da larinxe efectuado mediante o laringoscopio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato inventado polo médico Manuel García (1805-1905) para explorar, desde o exterior, a larinxe e, en especial, o movemento das cordas vocais. Componse basicamente dun espello disposto nun ángulo adecuado respecto do mango que se introduce na boca do informante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Contractura das paredes da larinxe, con perigo de detención da respiración e ameaza de asfixia. Pódese dar en nenos afectados de espasmofilia ou noutras enfermidades. OBS: Tamén se denomina espasmo de glote.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Diminución da abertura da larinxe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Formación dunha abertura na larinxe que a comunica co exterior a través do pescozo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Incisión cirúrxica da parede da larinxe.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Carnota baixo a advocación de san Martiño.
VER O DETALLE DO TERMO -
PRAIAS
Praia do litoral da parroquia de Lariño, no concello de Carnota, situada ao N da punta de Lens e ao S da punta da Insua.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estrutura músculo-cartilaxinosa, baleira, simétrica e regular, situada na parte anterior do pescozo, sobre a traquea e baixo a lingua e o hioide, en comunicación coa farinxe. Ten función respiratoria, de deglutición, expectorante, tusíxena, protectora, fixadora e fonatoria por medio das cordas vocais. O interior da larinxe consta de tres partes: a superior, supraglótica ou vestíbulo, limitada pola epliglote, que a pecha e a separa da farinxe no acto da deglución; a mediana formada pola glote, que é o espazo limitado polas cordas vocais; e a inferior ou infraglótica, que continúa coa traquea. OBS: Tamén se denomina cano da gorxa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Extirpación total ou parcial da larinxe.