"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Liñaxe galega. Trae como armas, en campo de prata, catro bandas de goles e, en punta, unha cabeza de lobo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mariño e astrónomo. Catedrático de Física do Ateneo de Madrid, participou nos traballos da Comisión Central da carta xeográfica de España e foi comisario no estranxeiro para estudar os adiantos aplicables á Mariña española. Traduciu o Tratado de Astronomía de Heschel e rectificou a posición de moitas das estrelas contidas no catálogo da Sociedade Astronómica de Londres (1842).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mariño de guerra e escritor. Iniciou a carreira náutica aos 13 anos. Participou na loita contra os indíxenas de Mindanao en Filipinas e no combate de Callao en Perú. Foi nomeado secretario de Méndez Núñez e capitán de fragata, xeneral, contraalmirante e comandante en Filipinas durante a Batalla de Cavite (1898). Derrotado, foi suspendido dos seus cargos polo Consejo Supremo de Guerra y Marina de Madrid. Das súas publicacións destacan Manual naútico enciclopédico e León Aldao (1887).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pianista de jazz. Coñecido como Tete Montoliu, formouse co seu pai e con D. Cots. Cego de nacemento, foi discípulo de Don Byas (1945-1947). Durante a década de 1960 actuou como músico con Dexter Gordon, John Coltrane, Stephane Grappelli, Lucky Thompson e Chet Baker. Son especialmente importantes as súas colaboracións a dúo co vibrafonista Bobby Hutcherson e co contrabaixista danés Niels Henning Orsted Pedersen. Da súa discografía destacan Body & Soul (1971), Tete a Tete (1976), The Man From Barcelona (1990), Tete en el San Juan (1995) ou Free boleros (1996). Postumamente editouse o seu derradeiro concerto co título Per sempre, Tete (1997). Obtivo o premio Ciutat de Barcelona polo conxunto da súa obra (1988) e a Creu de Sant Jordi (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Vicenç Montoliu i Massana.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Morea de cousas colocadas en forma de cono.

      2. Conxunto de cousas postas unhas enriba das outras sen ningunha orde.

    1. Gran cantidade ou gran número de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya, situado no Vallès Oriental, no baixo val do Mogent (12.868 h [2001]). A agricultura está en regresión e a gandaría está representada por algunhas granxas industriais. Os sectores industriais de maior produción son o químico, o metalúrxico e o alimentario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Córdoba, Andalucía, situado en La Campiña, á beira do Guadalquivir (9.407 h [2001]). Posúe unha agricultura de secaño, oliveiras principalmente e de regadío, con cultivos de algodón, hortalizas e remolacha azucreira. A economía compleméntase coa industria de transformación de produtos agrícolas. Do seu patrimonio cultural destaca unha ponte de 1500.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Colaborador habitual de ABC nos Países Baixos, é autor de estudos como Las mujeres en la historia (1927), Anecdotario de la Grecia clásica (1949), Como es Azorín? (1953) ou El romanticismo literario europeo (1964).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor e arquitecto italiano. Imitou a Miguel Anxo, con quen traballou, en Florencia, na Sagrestia Nuova da igrexa de San Lorenzo. En 1531 ingresou na orde dos serventes. Foi a Nápoles e a Xénova, onde fixo a Estatua de Andrea Doria para o Palazzo Ducale, e a Messina, onde construíu diferentes fontes públicas e urbanizou a Piazza del Duomo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Vicente González Montoto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Monte que ten unha elevación considerable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no extremo N da parroquia de Baldriz (Cualedro). O seu cumio acada os 892 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Muras, no concello homónimo. O seu cumio acada os 807 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na serra do Courel, entre as parroquias de Vilarmel (Quiroga) e Cernego (Vilamartín de Valdeorras). O seu cumio acada os 1.546 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente pola dereita do río Eume, que nace e desemboca na parroquia de Muras, no concello homónimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Abadín baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Abegondo baixo a advocación de santa Cristina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Santa Comba baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que leva, en campo de azul, un castelo de prata, sostido dun outeiro e resaltada a porta do castelo dun monteiro tocando a trompa de caza. Outra variante presenta escudo cuartelado: o primeiro cuartel, axadrezado de prata e azul, de quince pezas, tres por cinco; o segundo, de goles, cun brazo armado nacente do flanco sinistro, levando na man unha rama de oliveira; o terceiro, de ouro, cunha oliveira de sinople; e o cuarto, de azul, cun cisne de prata coroado de ouro, cunha póla de oliveira no peteiro, e sostido de ondas de prata e azul.

    VER O DETALLE DO TERMO