"ARE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1669.

  • Chama alta que desprende un corpo en combustión.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza instrumental para instrumentos de metal que se interpretaba nas cacerías para indicar a partida, a peza conseguida e a retirada.

    2. Pasaxe de música escénica ou sinfónica que recorda ou imita a música de cacería ou militar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do condado de Hampshire, Inglaterra, Reino Unido (142.923 h [1983]). Situada no fondo dunha ampla baía ao O de Portsmouth, ao redor do seu porto desenvolvéronse unha serie de actividades industriais relacionadas coa flota: industrias do cordel, fábricas de sacos e curtidos, etc. De orixe prerromana, converteuse en campamento romano no 43 coa finalidade de defender o porto de Portsmouth. Desde a Idade Media foi un importante centro comercial e militar. Do seu patrimonio cultural destacan a abadía medieval de Tichfield, o castelo medieval de Portchester, as casas xeorxianas da Farenham High Street e as construcións que rodean a base militar decimonónica de Portsmouth.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que se ocupa do funcionamento e mantemento dun faro marítimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Reformador. Adherido ao luteranismo destacou como predicador. Publicou a primeira liturxia cristiá en francés e difundiu a Reforma por Basilea (1524), Berna (1529) e Xenebra (1532) onde acolleu a Calvino (1536), co que tivo que fuxir da cidade e refuxiarse en Neuchâtel, despois de que o consello municipal xenebrino decretase a expulsión de ambos os dous (1538).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘mentira’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mestura de auga e farelo.

    2. Parte da celebración do Entroido, na comarca de Monterrei, na que se lle bota fariña á xente que está na rúa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘mentireiro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘mentir’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que produce ou ten relación co farelo.

    2. Día anterior ao inicio do Entroido dedicado ao esparexemento de farelos, especialmente entre as persoas que se collen desprevidas. Nalgúns lugares, o farelo é substituído por borralla, de aí que este día reciba tamén o nome de borralleiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Casca desfeita dos cereais despois de pasar polo muíño e separala da fariña. Na tradición oral recóllense os seguintes ditos: “Agradecédemo, veciñas, que boto farelo ás miñas galiñas. Alegrádevos, veciñas, que lle dou farelo ás miñas galiñas.”

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte que constitúe o teito da serra do Farelo e que serve de límite ás parroquias de Ventosa e As Trabancas (Agolada) coa de San Martiño de Amarante (Antas de Ulla). O seu cumio acada os 951 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que leva como armas, en campo de goles, unha bandeira de prata, cunha cruz de goles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da serra do Larouco que serve de límite entre as parroquias de Baltar e Vilamaior da Boullosa (Baltar). O seu cumio acada os 1.398 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Aliñación montañosa do centro da Comunidade Autónoma de Galicia, unha das que integran a Dorsal Occidental Galega. Esténdese en dirección N-S e serve de límite aos concellos de Agolada e Antas de Ulla. Culmina nos 951 m de altitude do monte Farelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten farelo.

    2. Que ten fariña.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Faro ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Faro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Santiago de Breixa (Silleda). Ten planta en forma de L. Destaca o portón arquitrabado con escudo na parte superior e pináculos nos lados, que tamén aparecen na fachada da capela, que está illada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CABOS

    Cabo de Nova Zelanda que constitúe o extremo setentrional da Illa do Sur.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Federación creada en 1986 co obxectivo de divulgar a música de banda como tal, a través de festivais e da súa publicación O son dun pobo; atender todo tipo de xestións de carácter administrativo, xurídico ou fiscal para conseguir que as bandas de música se atopen en situacións e condicións legais durante a realización das súas actividades musicais, formativas ou lúdicas; crear e fomentar a música para banda a través de festivais, concursos, composicións por encarga, intercambios, certames, etc; informar de todo aquilo que fai referencia ás bandas de música populares (concursos, prazas, oposicións, subvencións, certames); e formar as agrupacións como conxunto e os directores das mesmas coa intención de acadar un mellor nivel musical para elas.

    VER O DETALLE DO TERMO