"ISM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1586.

  • Liña que une os puntos da superficie da Terra no que un movemento sísmico acada a mesma intensidade. Cada unha destas liñas envolve unha área aproximadamente circular ou elíptica, segundo a topografía ou a estrutura xeolóxica da zona. A isosísmica da máxima intensidade engloba a denominada área plistosísmica, que contén o epicentro do terremoto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á isosísmica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Propiedade relativa ás agrupacións atómicas que presentan propiedades físicas e químicas semellantes, e por isto suponse que teñen igualmente dispostos os electróns máis externos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Erro de escritura producido, nos manuscritos gregos, pola substitución das vocais ou ditongos de igual son (ει, η, υ, οι), por un iota. Este fenómeno difundiuse a partir do s III a C e consolidouse cara ao s IX.

    2. pronuncia reuchliniana.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Idiotismo peculiar da lingua italiana.

    2. Palabra ou xiro da lingua italiana que se emprega noutra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Premio convocado e organizado anualmente por Caixanova, dirixido a aqueles xornalistas e autores que publican artigos na prensa española. O primeiro galardoado foi Gonzalo Fernández de la Mora, cun artigo titulado “El prosista puro”, publicado no diario madrileño ABC o 28 de xullo de 1980. En cada convocatoria adoitan outorgarse, amais dos premios oficiais, algún accésit ás mellores reportaxes e premios especiais do xurado. Entre os autores premiados figuran escritores e xornalistas como Isaac Otero, Alfredo Conde, Víctor F. Freixanes, J. L. Martín Descalzo, Borobó, Mariano Tudela, Xesús A. Montero, X. Ferro Ruibal, Torcuato Luca de Tena, X. Neira Vilas, Carlos Casares e Diego Bernal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor albanés. Estudiou na facultade de Letras de Tirana e na Universidade de Moscova. Convertido nun dos novelistas máis destacados da literatura albanesa, cultivou unha narrativa de contornos metafóricos, onde están sempre presentes a fantasía, a historia e a crítica de orde estalinista. Do conxunto da súa obra cómpre destacar: O xeneral do exército morto (1963), Os tambores da chuvia (1970), O gran inverno (1972) e O novembro dunha capital (1975).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sistema filosófico de Kant.

    2. Conxunto de filosofías inspiradas nos principios e o sistema kantianos. Dada a multiplicidade destas filosofías, a corrente kantiana presenta diferencias moi considerables. Mentres o idealismo, con J. G. Fichte, F. W. Schelling e G. W. Hegel, desenvolve o concepto de liberdade como a autoposición constituínte do mundo, o positivismo de A. Comte e J. Stuart Mill, retén as teses fenomenistas e agnósticas. Desde a segunda metade do s XIX ata principios do s XX abriuse paso o neokantismo, movemento de retorno a Kant. A influencia kantiana é determinante en E. Husserl, M. Heidegger, e na denominada filosofía aberta de F. Gonseth e G. Bachelard. En España destacaron autores como Ortega y Gasset, Manuel García Morente e José Gaos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico finlandés. Iniciou unha das filmografías máis orixinais do cine europeo contemporáneo. Dirixiu, entre outros filmes, Rikos ja raingaistus (Crime e castigo, 1983), Calamari Union (1985), Hamlet liikemaailmassa (Hamlet ao mundo dos negocios, 1987), Leningrad Cowboys Go America (1989), I Hired a Contract Killer (1990) e Scènes de la vie de bohème (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente fundamentada nas ideas de J. M. Keynes sobre o control do nivel de actividade económica, contidas en The General Theory on Employment, Interest and Money (1936). Centrouse na defensa da política fiscal como instrumento máis válido da política económica, por oposición á política monetaria defendida por cuantitativistas e neocuantitativistas. Desde o final da Segunda Guerra Mundial a aceptación dos presupostos e as solucións keynesianas foi case xeral entre os economistas, ata o momento en que, como consecuencia da obra de M. Friedman e da escola de Chicago, cara á metade da década de 1950, foi reprimida a defensa dos presupostos monetaristas. O debate pareceu gañado polos keynesianos cos bos resultados obtidos por estes como asesores e membros do equipo dos presidentes Kennedy e Johnson, a principios de 1960, e a posta en práctica da denominada nova economía. Non obstante , a partir de 1966 comezou a fracasar o uso da política fiscal como correctora da política...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente filosófica que toma como base o pensamento de Karl Christian Friedrich Krause, que el denominou racionalismo harmónico. Defende o panenteísmo, no que afirma a realidade do mundo como mundo-en-Deus. Fronte á teoría absolutista do estado, resalta a importancia de asociacións chamadas de finalidade universal, como a familia e a nación. Na obra Das Urbild der Menschheit (O ideal da humanidade, 1811) inclúense Os mandamentos da humanidade, esencia da ética krausista. Entre os krausistas cómpre citar a Röder, Schliephake e Leonhardi; e Tiberghien, Ahrens e Nieuwenhuis, que difundiron as doutrinas en Bélxica e Países Baixos. En España o krausismo converteuse nun movemento de renovación espiritual e, en particular, educativa. Un dos principais krausistas españois foi Julián Sanz del Río que, en 1857, redactou un escrito curto titulado Racionalismo armónico, definición y principios. A mediados de 1860 apareceu o seu Ideal de la humanidad...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente do movemento obreiro que retomou a herdanza dos movementos cartistas, dos fabianos e das Trade Unions. Trala formación do Labour Party, desenvolveu un programa político inspirado en ideais e prácticas do reformismo social.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de lacónico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. laicidade.

    2. Doutrina que defende a independencia da sociedade e, particularmente, do estado, de toda influencia eclesiástica ou relixiosa. O pensamento laicista recibiu en Francia a súa expresión clásica e exerceu unha influencia notable noutros países europeos ata o s XX. As raíces espirituais do laicismo atópanse no Renacemento, no humanismo e na Ilustración. Nesta época tomou forma a conciencia do propio valor e da autonomía do mundo en todas as súas ordes e procurou liberarse da tutela eclesiástica. O pensamento xurídico civil situou a xustificación da relixión nun dereito individual, pertencente á esfera privada da persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma particular do budismo no Tibet e en Asia central, consecutiva á reforma de Tsong Khapa (1355-1417) e á concesión do poder temporal do quinto Dalai Lama (s XVII). É o budismo mahāyāna con incorporación de elementos tántricos. Considérase fundador do lamaísmo ao monxe Padma Sambhava, que fixo construír o primeiro mosteiro tibetano. Desde Tibet, estendeuse a Mongolia, China e Siberia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teoría da evolución que expuxo Lamarck en 1809 na súa obra Philosophie zoologique. As dificultades que atopou Lamarck para clasificar as grandes coleccións de animais inferiores do Musée National d’Histoire Naturelle fixérono reflexionar sobre a noción de especie, poñer en dúbida a súa significación absoluta e estudar a posible conexión e unidade de orixe das diferentes especies. Segundo Lamarck, a natureza produciu por xeración espontánea os seres vivos máis simples (os infusorios), e os demais formáronse sucesivamente a partir deles, ata chegar á organización máis complexa (os mamíferos). Esta capacidade de complicación débese ás propiedades da mesma materia viva. Pero a idea de evolución de Lamarck non se fundamentaba na acción que as circunstancias cambiantes exercían sobre o individuo, senón que os fluídos internos do organismo eran quen de crear novos órganos modificando a estrutura dos individuos. Esta teoría resúmese en dúas leis. A primeira fai referencia ao uso máis frecuente...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema de propiedade e explotación agraria onde predomina o réxime de latifundio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proposición, expresión ou construción característica da lingua latina integrada nunha lingua diferente. Son latinismos, por exemplo, ecce homo, ad hoc e de facto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Intoxicación crónica producida pola utilización de fariña composta con grans de distintas especies do xénero Lathyrus (L. cicera ou L. sativus), que se manifesta coa aparición de tremores, incontinencia de ouriños e, máis tarde, parálise con contraccións nas pernas e tremor nos membros superiores.

    VER O DETALLE DO TERMO