"Lor" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 863.

  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Activo fundamentalmente en Guadalajara, introduciu o primeiro Renacemento italiano en Castela. Destacan a fachada do Colegio Mayor de Santa Cruz, en Valladolid (1491), o palacio Medinaceli de Cogolludo (1492-1495) e o palacio Mendoza de Guadalajara (1507?).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Tamil Nadū, India (172.467 h [1991]). Situada ao O de Madras, á beira do río Pālār, ao pé dos Ghates Orientais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reunión de persoas que velan o defunto pola noite.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto das primeiras plumas que botan as aves.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que varía de cor.

    2. Que é de varias cores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiadora da arte. Os seus estudos centráronse na arquitectura e escultura renacentista e barroca en Galicia. Destacan as súas obras La escultura del Renacimiento en Galicia: el manierismo (1983), Lugo barroco (1983), Francisco de Moure (1991) e La arquitectura barroca en Galicia (1991); e coordinou O antigo retablo maior da catedral de Lugo (1995) e O patrimonio histórico da Universidade de Santiago de Compostela (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias, ao S do Parque Nacional del Teide-Las Cañadas. (1.718 h [2001]). Está situado a unha altitude de 1.500 m, polo que é o termo máis alto da illa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Romaría que se celebra en Espiñeiros (Allariz). Segundo a lenda a Virxe pediulle a un pastor que edificase unha capela, ao redor da que xurdiu a aldea de Vilar de Flores. Celébrase no mes de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Quiroga baixo a advocación de san Xosé.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Ensaísta e crítica literaria. Doutora en Filoloxía Galega e DEA pola École des Hautes Études en Sciences Sociales do CNRS (París), é profesora de literatura galega na Universidade de Santiago, especializada en narrativa e teatro galego contemporáneos. Colaboradora e membro do consello de redacción de Grial, desde 2003 dirixe o Anuario de estudos literarios galegos, que en 1992 contribuíra a poñer en marcha baixo a dirección de Xoán González-Millán. Colabora como crítica literaria en revistas especializadas, como Tempos novos, e semanalmente dirixe a páxina literaria do “Diario cultural” da Radio Galega. Como investigadora, coordinou o Dicionario da literatura galega (4 vol 1995-2003). Ademais de coeditar obras clásicas como Follas novas, Retrincos. Un ollo de vidro, A festa da malla, O castelo de Pambre ou o epistolario cunqueiriano Cartas ao meu amigo. Epistolario mindoniense a F. Fernández del Riego (2003), publicou A recepción inmanente de Neira Vilas (1990), Sobre narrativa galega contemporánea...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Despois dunha primeira etapa caracterizada pola súa ruptura cos mallorquinistas, ao comezo da Guerra Civil iniciou unha etapa de reflexión e silencio. Da súa obra destacan Mort de dama (1931),   Fedra (1932), Bearn o La sala de las muñecas (1956), a súa obra máis importante; La novel.la de Palmira (1952), El misantrop (1972) e Un estiu a Mallorca (1975)

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Política e economista. Foi asesora económica do concello de Santiago de Compostela (1989-1991). Membro do PSdG-PSOE, foi concelleira do concello de Vigo (1991-2001) e deputada no Parlamento de Galicia desde 1997. En 2005 converteuse na primeira muller en presidir o Parlamento galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xosé Bibián Lorenzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rrethi de Albania, na rexión homónima (1.609 km2; 171.131 h [estim 1993]). A súa capital é Vlorë.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do rrethi homónimo, Albania (73.800 [estim 1992]). Porto e centro comercial na costa do golfo homónimo, ten industria diversificada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e diplomático polaco, conde de Colonna, fillo natural de Napoleón I. Naturalizado francés, foi ministro de Asuntos Exteriores (1856-1860) e presidiu o Congreso de París (1856). Como ministro de Estado (1860-1863) propugnou medidas reformistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundación sen ánimo de lucro creada en 1998, co obxectivo de ter a sede na casa natal de W. Fernández Flórez. Entre os seus proxectos inclúense actividades relacionadas co estudo da súa obra, a edición das obras en galego e a creación dunha aula de Interpretación Ambiental, destinada a mellorar o coñecemento e a protección da Fraga de Cecebre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei titular de Mallorca (Xaime IV, 1349-1375) e rei consorte de Nápoles, fillo de Xaime III de Mallorca e Constanza de Aragón. En 1338 o seu pai fíxoo xurar como herdeiro e en 1349 acompañouno na invasión para tomar Mallorca. Despois de ser abandonado pola Raíña Xoana I de Nápoles coa que casara, marchou a Inglaterra. Interveu co Príncipe Negro na Batalla de Nájera (1367) a favor de Pedro I de Castela. Caeu prisioneiro de Enrique de Trastámara, que o encarcerou no castelo de Curiel, pero foi liberado por Xoana I de Nápoles. Organizou unha expedición de mercenarios contra Pedro IV de Aragón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Mallorca, conde de Rosellón e Cerdaña e señor de Montpellier (1276-1311), fillo de Xaime I de Aragón. Ao morrer seu pai (1276) entrou en posesión da súa herdanza e coroado como rei de Mallorca confirmoulle os privilexios e as franquías a Mallorca en 1276. Foi vasalo do seu irmán Pedro III de Aragón e ante o conflito deste con Filipe III de Francia apoiou os franceses. Ante a derrota gala, foille arrebatado o reino, ata que se lle restituíu polo Tratado de Anagni (1295) coa condición de recoñecer a vasalaxe de Aragón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Mallorca (1315-1349), fillo do infante Fernando, príncipe titular de Morea, e de Isabel de Sabran. Morta a súa nai, quedou baixo a protección do Rei Sancho I de Mallorca e tras a morte deste (1324), Xaime II de Aragón tratou de impugnar o testamento e apoderarse do Reino de Mallorca. A intervención do Papa Xoán XXII, que propuxo consultas periódicas, evitou a guerra. Pouco despois de herdar a Coroa de Aragón (1339), Pedro IV o Cerimonioso esixiulle vasalaxe. Perdeu a coroa na Batalla de Llucmajor (1349), onde morreu.

    VER O DETALLE DO TERMO