"RL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1468.

  • Charles Edward Pratt.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Croacia, situada ao SO de Zagreb (60.000 h [estim 1991]). É o centro comercial dunha zona agrícola sobre o Kupa, afluente do Sava. Foi fundada en 1579 polo arquiduque Carlos de Habsburgo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do kraj de Bohemia Occidental, situada na República Checa (56.291 h [estim 1992]). Situada ao pé dos Montes Metalíferos, é unha coñecida e tradicional estación termal de augas sulfurosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratado asinado en 1699 na cidade de Karlowitz, polo que Turquía, vencida pola Santa Alianza (1684, Austria, Polonia, Venecia, e desde 1686, Rusia), aceptaba a paz e cedía Transilvania e Hungría a Austria, Azov a Rusia, Ucraína occidental e Podolia a Polonia, e Morea e Dalmacia a Venecia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome alemán de Alba Iulia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do län de Blekinge, Suecia (60.564 h [estim 2000]). É un porto pesqueiro e militar e un centro industrial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do län de Baden-Württemberg, Alemaña (277.204 h [2000]). A industria manufactureira está especializada na refinería de petróleo. É unha cidade de estrutura radial, fundada en 1715, co centro na residencia do margrave Carlos Guillerme de Baden-Durlach.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do län de Värmland, Suecia (80.323 h [estim 2000]). É un importante núcleo industrial. En 1905 celebrouse a Convención de Karlstad, na que se recoñeceu a independencia de Noruega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e ideólogo alemán. Colaborador de Engels e Marx, difundiu en Alemaña a ideoloxía marxista e fundou o partido socialdemócrata (1880), e o seu voceiro Die Neue Zeit (1884). Defendeu o marxismo revolucionario fronte ao revisionismo de Berstein, aínda que evolucionou cara a posicións máis moderadas. Trala toma do poder por Hitler refuxiouse en Bohemia e despois en Amsterdam. Entre a súa obra teórica cómpre salientar As doutrinas económicas de Karl Marx (1887) e Concepción materialista da historia (1927).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e director de escena inglés, fillo de Edmund Kean. Destacou como director, sobre todo na realización de espectáculos a partir de textos clásicos e na importancia que lle deu á iluminación; de feito, foi un dos primeiros directores en utilizar puntos de luz para destacar determinados planos ou escenas. A súa carreira está moi vinculada ao Princess Theatre onde presentou escenificacións de W. Shakespeare ou Lord Byron, algunhas cunha clara deriva realista, que tanta influencia terían no duque Xurxo II de Saxe-Meiningen, un dos promotores da fonda renovación que viviu o teatro entre finais do s XIX e principios do XX, cando xurdiron diversas teorías da interpretación e se desenvolveu a tecnoloxía escénica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. Estudiou no Instituto Max-Planck de Múnic, onde se doutorou en 1986. Investigou a física atómica e a espectroscopía láser no arrefriamento e bloque de átomos neutros, para explorar outras caras da materia ultrafría. Forma parte do equipo que traballa no laboratorio de Desenvolvemento de Electrónica (RLE). En 2001 recibiu o Premio Nobel de Física, xunto con Cornell e Wieman, pola realización da condensación Bose-Einstein, e polos seus estudios sobre as propiedades da condensación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo alemán, conde de Keyserling. Centrou o seu pensamento na busca do sentido da realidade, que se pode descubrir nas diversas culturas da humanidade, e que habería de conducir o home desde o “coñecemento creador” á autorrealización. Entre as súas obras destacan Das gefüge der Welt (A articulación do mundo, 1906), Schöpferische Erkentniss (Coñecemento creador, 1922) e Kritik des Denkens (Crítica do pensamento, 1948).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Tübingen 1765 - Stuttgart 1844) Naturalista alemán. Xunto con L. Oken foi un dos pais da Naturphilosophie romántica alemana. Tamén foi o primeiro en expresar teoricamente a lei segundo a que os habitáculos do desenvolvemento embrionario reflicten a progresión en grande escala dos seres. Esta teoría foi retomada despois por E. Haeckel desde unha perspectiva evolucionista, que se converteu en lei bioxenética fundamental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Cabo Setentrional, República Sudafricana (170.432 h [estim 2000]). É o centro mundial de produción de diamantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rocha magmática ultrabástica que remacha en forma de brechas as chemineas volcánicas subverticais ata un diámetro máximo de 2 km volvéndose máis fina canto maior é a profundidade. É unha variedade da peridotita, composta de olivina, brozita, biotita, ilmenita, perowskita e piropo. Os diamantes atópanse nas kimberlitas ou ben en sedimentos derivados destas. As chemineas de kimberlita están en República Sudafricana e en Siberia oriental, e hai algunhas en EE UU.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Holne, Devon 1819 - Eversley Hamp 1875) Escritor inglés. Membro dirixente do movemento cristián-socialista, as súas novelas sociais son testemuños destacados do seu tempo, tal e como se reflicte en Hypathia (1852). Nos últimos anos converteuse en máis conservador e escéptico. Escribiu Westward Ho! (1855), Andromeda (1858) e The Water Babies (1863).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica fotográfica inventada polo enxeñeiro soviético Sem’on Kirlian, que consiste na colocación dun obxecto para fotografar dentro dun campo eléctrico de alta voltaxe, de xeito que apareza unha sombra de coroa ou auréola ao longo do perfil do obxecto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Arnau, Bohemia 1841 - Viena 1926) Fotógrafo, pintor e gravador austríaco de orixe checa. Inventou o gravado ao baleiro con gran de resina (1878) e realizou o gravado ao baleiro tramado (1890-1895).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Marburg 1821 - Heidelberg 1898) Economista alemán. Profesor nas universidades de Friburgo e Heidelberg, foi un dos fundadores da escola histórica alemana. Foi autor de Die politische Ökonomie vom Standpunkte der geschichtlitchen Methode (A economía política desde o punto de vista do método histórico, 1853) e de Geld und Kredit (Diñeiro e crédito, 1873-1879).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (s’Gaveland 1910 - New Haven, Connecticut 1985) Economista. Escribiu Three essays on the state of economic science (1957). Recibiu o Premio Nobel de Economía en 1975, xunto con L.V.Kantorovic, pola súa contribución á teoría da asignación óptima de recursos e a formación de prezos.

    VER O DETALLE DO TERMO