"ROM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1150.

  • Círculo que forman as plantas que se estenden ao medrar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ensaísta. Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa, especializouse no eido da literatura, con estudos sobre Curros Enríquez, Ramón Cabanillas e Celso E. Ferreiro. Publicou tamén diversos traballos sobre Castelao, como as antoloxías Castelao e Sempre en Galiza (1996) e Arte e verdade (A obra literaria de Daniel Castelao) (1991), ademais da biografía Alfonso Daniel Castelao (1999), e do traballo Literatura galega, século XX (2001), en colaboración con outros autores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Síndrome caracterizado por artrite, acompañada de uretrite e conxuntivite ou de lesións mucocutáneas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato que mide a cantidade de aire respirado ou determina o carácter dos movementos respiratorios.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao retorrománico.

    2. Lingua románica constituída por tres bloques dialectais (occidental, central e oriental), de área descontinua. Esténdese desde San Gottardo ata o Mar Adriático e son, de O a L: o retorrománico occidental ou rético; o ladino ou dolomítico, falado na rexión dos Dolomitas e no Trentino-Alto Adige; e o friulano, falado en Friuli. A pesar da gran fragmentación dialectal, os tres bloques dialectais comparten algunhas características fonéticas: a conservación do -S final latino (lat MURU/MUROS > retorrománico occidental mī/mīrs, retorrománico central mur/mures e retorrománico oriental mūr/mūres); a conservación do -L- dos grupos KL-, GL-, BL-, PL-, FL- iniciais (CLAVEM > occidental klaf, central kle e oriental klaf); e a palatalización de K, G, ante A (CABALLU > occidental chavals, central tšavál e oriental chavál; GALLINA > occidental dylínya, central dyalina ou yarina, e oriental dyalína. En 1885 fundouse a Societad Retoromontscha, que publicou uns Annalas e promoveu...

    3. Literatura cultivada nalgún dos dialectos retorrománicos. Dos occidentais, os que teñen máis tradición de cultivo literario son o sobresilvano e o ladino; dos orientais, o friulano. A primeira manifestación escrita é La Chanzun de la guerra dal Chastè d’Müsch (1527), de Gian Travers. O estoupido da Reforma, co enfrontamento contra o latín da Igrexa Católica, foi o estímulo dunha abundante produción literaria de carácter relixioso e apoloxético, con testamentos, catecismos e himnarios recompilados na Consolaziun dell’olma devotiusa (1690). Esta literatura, alternada con crónicas, lendas populares e algún tema clásico, dominou toda a produción literaria ata ben entrado o s XVIII. Durante os ss XVII e XVIII, sobresaen os nomes de Jon Martin, Johan Jüst Ander e o da poeta Mengia Wielanda, xunto coa edición da Biblia de Cuera (1717-19), La Passiun de sumvitg, La Passiun de Lumbrein e a Dertgira nauscha. Na fin do s XVIII, mingua a produción relixiosa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nova mutación que conleva a reversión dun carácter mutante a outro normal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista fundada por O. Bloch e A. Terracher (1925), órgano da Société de Linguistique Romane. Céntrase nos problemas e métodos da filoloxía e da lingüística románica, especialmente das linguas galorrománicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sacerdote e escritor. Ordenouse en 1948 e licenciouse en Teoloxía na Universidad de Salamanca. En 1966 trasladouse a Bos Aires e colaborou en La Nación. Escribiu, entre outras obras, Florilegio poético (1949), Doas de vidro (1951), Catro sonetos ao destino dunha rosa (1952), Teoría general de la existencia (1968) e Escolanía de melros (1970). Membro da comisión fundadora do Padroado do Pedrón de Ouro, co Poema das materias sagras (1960), de carácter teolóxico, obtivo o primeiro Pedrón de Ouro. Foi académico correspondente da Real Academia Galega e membro da sociedade mariolóxica Mater Ecclesiae de Braga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Impresor. Fillo dun recoñecido libreiro compostelán, Francisco Rey, mantivo obradoiros tipográficos e litográficos en Santiago a partir de 1847. Editou numerosas obras, como o Anuario de la Universidad (1857), e os xornais máis relevantes da cidade ata que se instalou na Coruña, a partir de 1857. En 1859, Xosé Rodríguez Ruibal mercou os seus obradoiros e continou o seu traballo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Encefalopatía aguda, con infiltración graxa do fígado e doutros órganos. A súa causa é descoñecida, aínda que adoita presentarse tras un cadro vírico agudo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afección infecciosa crónica do nariz e da nasofarinxe, caracterizada pola neoformación dun tecido inflamatorio que fai aumentar o tamaño do nariz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica. Coñecida como Ornella Muti, deuse a coñecer no filme La moglie più bella (1970). Participou en numerosos filmes, dos que destacan L’ultima donna (1975), Storie di ordinaria follia (1981), Il futuro è donna (1984), The Unscarred (1999) e Vendredi ou un autre jour (2005), e nos últimos anos en diversos filmes para televisión, como Le Comte de Monte Cristo (1998) e Le Lion (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e enxeñeiro, irmán de Xosé Rodríguez de Vicente. Despois de rematar os seus estudos en Alemaña, emigrou a Bos Aires (1907). Afiliouse ao Partido Socialista Argentino (1912), foi secretario da xunta executiva da Federación Socialista da provincia de Bos Aires e deputado na mesma provincia (1914-1916). Dirixiu os xornais La Unión e La Acción, e colaborou en La Nación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeógrafo. Doutor en Xeografía e profesor na Universidade de Santiago de Compostela, a súa actividade acádemica e investigadora está vinculada á análise rexional e á ordenación e desenvolvemento territorial. Formou parte de equipos de investigación multidisciplinal dentro do IDEGA e da Secretaría Xeral de I+D da Xunta de Galicia e outros organismos nacionais e internacionais. Coordinou unha Rede Temática Docente financiada pola AECI sobre Desenvolvemento Rural integrada por 6 universidades latinoamericanas. Asesor da Enciclopedia Galega Universal, escribiu Lalín, un proceso de urbanización e desenvolvemento (1995), Estrategias de desarrollo local y regional de Iberoamérica (1999), De aldeas a cidades (1999, Premio da Crítica Galega na modalidade de Investigación 2000) e Xeografía, entre cultura e profesión territorial (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Anarcosindicalista. De orixe galega, pertenceu á Federación de Obreros del Calzado da Federación Obrera Regional Argentina (FORA) desde 1913 e, en 1925, comezou a traballar de condutor e incorporouse á Unión de Chauffeurs, colectivo en que ocupou cargos directivos en diversas ocasións. Deportado en 1930, viviu en Vigo ata que regresou clandestinamente a Arxentina. Deportado novamente en 1936, chegou a Barcelona, onde se adscribiu á Sección Defensa do Comité Nacional da CNT. Ao rematar a guerra, pasou a Francia. En 1945 elixírono tesoureiro do Comité Nacional do Movimiento Libertario Español-CNT. Retornou a Arxentina en 1946 onde continuou vinculado á Unión de Chauffeurs, e ocupou a secretaría do consello federal da FORA (1956).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Autor de dramas históricos e filosóficos, como Les loups (1897) e Le quatorzejulliet (1902); biografías, como Beethoven (1903) e Haendel (1910); e novelas como Jean-Christophe (1904-1912) e L’âme enchantée (1922-1934), durante a Primeira Guerra Mundial defendeu o pacifismo en Au-dessus de la mêlèe (1915). Recibiu o Premio Nobel Literatura en 1915.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Memoria só de lectura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, que corresponde á voz ‘perna’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de Italia, de Lacio e da provincia homónima, situada a uns 25 km do Mar Tirreno, no centro dunha chaira ondulada, a Campagna Romana (2.459.776 h [2001]).
    Xeografía
    Naceu na ribeira do Tíber a carón da illa Tiberina, onde o río divagaba entre os outeiros de Monte Mario, Vaticano, Gianicolo e Monteverde pola banda dereita e, pola banda esquerda, unha serie de relevos formados por materiais volcánicos que constitúen os sete outeiros de Roma (Aventino, Capitolio, Celio, Esquilino, Palatino, Quirinale e Viminale). Aínda que a tradición situou o inicio de Roma no outeiro de Palatino, a cidade non comezou a existir, en realidade, ata a construción do foro na zona pantanosa entre o Palatino e o Capitolio e a anexión dos outeiros Aventino, Quirinale, Celio e Viminale. Alcanzou a máxima extensión no s III coa construción dunha nova muralla de 18 km que incluía os outeiros de Esquilino e Pincio e a chaira de Campo de Marte pola dereita do río e pola outra beira do río...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia da rexión de Lacio, Italia (5.352 km2; 3.578.784 h [2001]). A súa capital é Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO