"xia" (Contén)
Mostrando 15 resultados de 855.
-
RIOS
Río do S de China (700 km). Nace ao N do zizhiqu de Guangxi Zhuang, ao NL de Guilin, e penetra, ao N, no sheng de Hunan e desemboca no lago Dongting.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do sheng de Hubei, China, na rexión do Centro-sur (410.407 h [1990]). Situada na confluencia do Han Shui e o Bai He, creouse en 1950 pola unión de Fancheng (centro comercial e porto fluvial) e Xiangyang (centro administrativo, político e cultural).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Altiplano do N de Laos situado ao L de Louangphrabang, ao NO da cordilleira annamita. Ten uns 60 km de lonxitude por uns 50 de ancho, con relevos tabulares formados por camadas de calcaria e gres. As altitudes máximas superan os 2.000 m. Presenta unha grande erosión fluvial, producida polos afluentes do Mekong. O núcleo principal é Xiangkhoang.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Laos (15.880 km2; 201.200 h [1995]). A capital é Phônsavan.
-
CIDADES
Cidade do sheng de Hunan, China, na rexión do Centro sur (441.968 h [1990]). Está situada á beira do Xiang, ao S de Changsha.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do sheng de Hunan, China, situada a 80 km ao S de Wuhan, na chaira do Iang-Tsé (136.811 h [1990]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xián.
-
CIDADES
Cidade do sheng de Hunan, China, situada ao NO de Wuhan, á beira do río Huan, afluente do Iang-Tsé (166.280 h [1990]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
lamblíase.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da medicina que estuda o aparato xenital feminino, a súa fisioloxía e as patoloxías que lle son propias. As glándulas mamarias inclúense neste estudo, xa que están influídas polos ovarios e a hipófise. A xinecoloxía, moi ligada á obstetricia, experimentou notables avances coa aparición da ecografía, o desenvolvemento de métodos anticonceptivos e o perfeccionamento das técnicas cirúrxicas.
-
CIDADES
Cidade do sheng de Henan, China, na rexión do Centro-sur (473.762 h [1990]). É un importante centro de produción algodoeira e de industria téxtil. Está situada ao inicio da zona navegable do Wei He.
VER O DETALLE DO TERMO -
REINOS
Reino tangut establecido no s XI nas actuais provincias de Gansu e Shanxi, no NL de China. Fundouno Li Yuanhao, que asumiu o título de emperador (1038), e emprendeu, desde a nova capital, Zhongxiang, unha campaña para conquistar toda China, proxecto que abandonou (1044) cando os emperadores da dinastía Song se comprometeron a pagarlle un tributo anual. O reino foi conquistado e destruído polas tropas mongois de Xenguis Khan (1227).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ningbo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de captura de nutrientes animais por parte doutros animais ou plantas, como é o caso das plantas insectívoras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia biolóxica que ten por obxecto o estudo dos animais. Apóiase nunha serie de disciplinas especializadas, como a morfoloxía, a anatomía, a histoloxía, a citoloxía, a embrioloxía, a fisioloxía, a ecoloxía, a etoloxía, a bioxeografía, a zooxeografía e a sistemática. A paleontoloxía animal, incluída dentro da xeoloxía, dá finalmente á zooloxía unha visión de conxunto do reino animal e a súa evolución. Con ramas específicas da zooloxía, dedicadas ao estudo dos diferentes grupos animais, pódese citar a mastoloxía, a herpetoloxía, a ornitoloxía, a itioloxía, a entomoloxía, a carcinoloxía, a malacoloxía, a helmintoloxía, e a protozooloxía. A historia da zooloxía empeza como un estudo da estrutura visible dos animais, e xa se documentan descricións de animais en todas as culturas e civilizacións. Considérase a Aristóteles como fundador da zooloxía racional. Na época romana e durante toda a Idade Media considerouse aos animais e ás plantas como a combinación dos catro elementos (auga, terra,...