"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
-
-
Acción de nacer, de saír da matriz o feto viable. A lei considérao como o comezo da personalidade xurídica das persoas físicas e hai lexislacións que esixen que o nacido siga viable, cunha aptitude normal para vivir. O dereito civil español esixe o desprendemento total dun feto vivo, que o nacido teña figura humana e que viva polo menos 24 horas totalmente separado da nai.
-
Condición dunha persoa segundo o lugar onde naceu ou a categoría social dos seus pais.
-
-
-
Orixe ou principio dalgunha cousa.
-
Lugar onde xorde un curso natural de auga.
-
Punto de orixe dunha arteria, dun nervio ou dun tumor.
-
-
Representación do nacemento de Xesús Cristo no portal de Belén que adoita facerse nas igrexas e nas casas, durante o Nadal, reproducíndoo escenicamente. Deu orixe ás representacións litúrxicas da noite de Nadal e á primeira escenificación que fixo san Francisco de Asís en Greccio (1223). Constitúe unha manifestación popular artística moi arraigada e que foi moi popular xa a finais do s XV.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ideoloxía político-relixiosa que existiu en España durante o Franquismo, mediante a que a Igrexa admitía como lexítimo o réxime do xeneral F. Franco a cambio de que este acollera a doutrina católica como identificadora da sociedade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do latín dos chafoutas ou xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘esquecemento’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calquera dos ácidos nafténicos, dos que destacan os de cobalto e os de manganeso. Engádense aos vernices como catalizadores da oxidación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Derivado fenólico do naftaleno, dos que destacan os dos isómeros monohidroxilados, o α (I) e o β-naftol (II). O α-naftol atópase en pequenas cantidades no alcatrán e os seus derivados nitratos e sulfonatos son colorantes importantes, e intermediarios polos colorantes azoicos. O β-naftol obtense por fusión do sal de sodio do ácido β-naftalensulfónico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Derivado sulfonado do α-naftol e do β-naftol, como o ácido 1-naftol-2-sulfónico, o ácido 1-naftol-4-sulfónico e o ácido 2-naftol-6-sulfónico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Quinona que deriva do naftaleno.
-
RIOS
Río da República de Corea, que desemboca no mar de Xapón, no estreito de Corea, tras un percorrido de 520 km.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Zona desértica que se estende ao longo da costa de Namibia e se sitúa ao pé dos altiplanos interiores de Ovamboland, Damaraland e Namaqualand. Extremadamente árida, a vexetación é moi escasa. Ten importantes depósitos de diamantes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción ou efecto de namorar ou namorarse.
-
PERSOEIRO
Escultor. Coñecido como Rosso, e activo entre 1419 e 1451, traballou na catedral de Florencia, onde realizou as esculturas dos profetas Abdías, Abrahán e Isaac, en colaboración con Donatello. Esculpiu o monumento funerario de Niccoló Maurizzi na igrexa de San Niccoló de Torentino e fixo o Giudizio di Salomone do exterior do Palazzo Ducale de Venecia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. O seu estilo uniu a inspiración clásica á liña e a graza góticas. Traballou na catedral de Florencia (Profèta, Assunzióne, Isaia e San Giusto) e polos fornelos exteriores da igrexa Orsanmichele esculpiu o San Elia, San Filippo e o grupo dos Quattro Santi Coronati.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Subdivisión do plancto, segundo a magnitude dos seus compoñentes, que comprende os organismos que miden entre 5 e 50 microns de diámetro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Nantes (Sanxenxo). Ten unha planta en forma de escadro con galería aberta e patio con xardíns en que se conservan dous sartegos de granito e os restos da antiga igrexa parroquial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Edito que puxo fin ás Guerras de Relixión promulgado por Enrique IV de Francia o 13 de abril de 1598. Estableceu a liberdade de consciencia a todo o reino, a liberdade ampliada de culto, o usufruto para os hugonotes de todos os dereitos civís, a creación de cámaras especiais para garantir os dereitos establecidos e o xuramento de 200 prazas coa garantía e posto de seguridade. A súa revogación por parte de Luís XIV o 18 de outubro de 1685, deu lugar á revolta dos camisards (1702-1709).
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Cabana de Bergantiños baixo a advocación de san Pedro.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Nantón (Cabana de Bergantiños). Construída no s XVIII, ten unha nave rectangular cuberta cunha bóveda de canón e ábsida rectangular do s XVI cuberta cunha bóveda nervada. Destacan os seus retablos, un neoclásico e dous de estilo barroco-rococó compostelán. O seu campanario data do s XIX.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cloruro de cobre, de fórmula CuCl que cristaliza no sistema cúbico. É incolora, gris ou amarela e ten unha dureza de 2’5 e un peso específico de 4’136.
-
PERSOEIRO
Político colombiano. Intelectual liberal, foi nomeado presidente do estado (1811). Centralista, enfrontouse aos federalistas e máis tarde foi derrotado e feito prisioneiro polos realistas (1814). Liberado, Bolívar nomeouno vicepresidente de Colombia (1821).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Futbolista. Coñecido como Pelé, en 1956 ingresou no Santos, club de São Paulo co que gañou dúas edicións da Copa Libertadores (1962 e 1963), da Copa Intercontinental (1962 e 1963) e cinco títulos consecutivos do Campionato de Brasil (1961-1965). É o único xogador da historia que logrou tres triunfos na Copa do Mundo, en Suecia (1958), Chile (1962) e México (1970). En 1995 foi nomeado ministro extraordinario de Deportes de Brasil e en 2000 a FIFA nomeouno mellor xogador do s XX.
VER O DETALLE DO TERMO