"ALE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2433.
-
PERSOEIRO
Diplomático. Membro dunha familia aristocrática do Imperio Austro-Húngaro, foi o fundador da Unión Paneuropea (1922). Defendeu a unión política, económica e cultural de Europa, da que excluía a URSS e o Reino Unido. Expuxo as súas teorías no libro Paneuropa (1923) e nunha revista do mesmo nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Soria, Castela e León, situado nos Picos de Urbión e drenado polo río Duero, que atravesa o termo (2.053 h [1996]). A base da súa economía é, principalmente, a agricultura e a cría de gando vacún.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Forma de enlace entre dous átomos na que cada átomo achega un dos electróns de cada un dos pares de enlace compartidos (covalencia normal) ou na que un dos átomos achega os dous electróns do enlace (covalencia dativa ou coordinada). I. Langmuir propuxo este termo en 1919 en oposición ao de electrovalencia, empregado ata entón para describir a transferencia de electróns.
-
PERSOEIRO
Acuarelista e debuxante ruso. Formouse en Italia e cara ao 1746 trasladouse a Inglaterra. Foi profesor de debuxo en Londres. Cultivou a paisaxe, entendida como unha evocación da natureza na que participaba a imaxinación e a memoria. Escribiu A New Method of Assisting the Invention in Drawing Original Compositions of Landscape (Novo método de axuda para a invención do debuxo de composicións orixinais da paisaxe, 1785-1786). O seu fillo John Robert Cozens (Londres 1752 - 1799) foi tamén pintor e cultivou a acuarela e a paisaxe.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pegureiro, fillo de Dríope, con sona de xusto e prudente. A lenda conta que un día se lle apareceron as tres divindades, Ártemis, Apolo e Heracles, para que decidise quén reinaría a cidade de Ambracia. Como escolleu a Heracles, Apolo, anoxado, transformouno en rocha. Os ambracianos, dende aquela, ofrecíanlle un sacrificio logo de cada festividade dedicada a Heracles.
-
GALICIA
Arquitecto. Titulado pola Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña (1989), foi profesor da mesma. Traballou con Carlos Quintáns e Antonio Raya, con quen realizou, entre outras obras, a nova sede da delegación do COAG da Coruña (1993), a nave industrial de Eleko Galicia (A Coruña, 1999) e o Polideportivo de Guntín (1999). As súas obras caracterízanse pola economía de recursos, a austeridade dos volumes e a integración da construción no contorno. Entre os seus numerosos proxectos de vivendas unifamiliares destacan a casa Seoane (Mera, 1992), a casa Vázquez (Sada, 1999) e a casa de Oleiros (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintora. A súa obra, fundamentalmente paisaxística, caracterízase polo emprego da mancha ao modo postimpresionista, pola captación da luz e polas referencias á realidade. Participou en numerosas mostras colectivas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta. Técnico e realizador de TVE, pertenceu ao grupo Brais Pinto e fundou o Cine-Clube en Vigo. Director do centro rexional de RTVE en Galicia. Colaborou na prensa con múltiples artigos sobre cine e realizou programas de televisión sobre persoeiros galegos. Publicou Acoitelado na espera (Premio Unity Galega de Nova York, 1960) e Indo para máis perto (1979), que inclúe Doente na espranza (Premio do Centro Gallego de Bos Aires, 1962), ademais dalgúns relatos e poemas en castelán.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Moble, xeralmente de madeira ou doutro material, provisto de vidros ou cristais onde se garda a vaixela que se emprega para o servizo de mesa.
-
Calquera cerramento de vidro ou cristal.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que traballa, vende ou coloca cristal.
-
-
Fabricación de obxectos de cristal ou vidro.
-
Establecemento de venda ou fábrica de obxectos de cristal ou vidro.
-
-
Parte da vaixela constituída polos obxectos de cristal ou vidro.
-
Conxunto de obxectos de cristal ou vidro.
-
-
-
PERSOEIRO
Motociclista. Debutou na competición en 1985. En 1987 disputou as súas primeiras carreiras no Campionato do Mundo, na categoría de 80 cc. Un ano despois proclamouse subcampión mundial de 80 cc. Na tempada seguinte (1989) conseguiu o título mundial na cilindrada superior (125 cc). Despois de pasar pola categoría de 250 cc sen rexistrar grandes triunfos, en 1992 accedeu á cilindrada dos 500 cc. Nesta cilindrada conseguiu en 1998 o terceiro posto na clasificación final do Mundial e en 1999 o título oficial.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organización sindical xurdida dunha escisión da Confederación de Sindicatos Unitarios de Traballadores (CSUT). En 1980 fusionouse coa Intersindical Nacional Galega (ING) e en 1981 tomaron o nome de Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos (INTG). En 1985 escindiuse e, xunto coa Confederación Sindical Galega (CSG), fundou a Confederación Xeral de Traballadores Galegos-Intersindical Nacional (CXTG-IN).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cadernos da Escola Dramática Galega.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación en castelán editada dende 1995 en Madrid pola Sociedad Española de Ciencias Forestales con sede en Lourizán (Pontevedra). Dirixida por José Alberto Pardos Carrión, presidente da sociedade, e coas colaboracións na coordinación de Ricardo Vélez Muñoz e F. Javier Silva Pando, onde se refliten, en forma de monográficos, os acordos dos distintos grupos de traballo que constitúen esta entidade, relacionados coa ordenación de montes, a economía, a hidroloxía e a política forestal, os incendios, o cambio climático e a tecnoloxía da madeira, entre outros.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista en castelán editada a partir de xullo de 1981 e dirixida por Javier Hernando González. Incluía informacións sobre caza, incendios forestais, botánica e a defensa dos bosques e do medio natural galego. Acompaña os textos unha selección de fotografías e debuxos relacionados cos temas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
tetravalencia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
tetravalente.
-
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de santa María que dá nome ao concello de Cualedro.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca de Verín, situado na provincia de Ourense no SL da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N co concello de Laza, ao L co de Monterrei (comarca de Verín), ao O cos de Baltar, Xinzo de Limia, Trasmiras e Sarreaus (A Limia) e ao S con Portugal. Abrangue unha superficie de 117 km 2 , cunha poboación de 2.148 h (2007), distribuídos nas parroquias de Atás, Baldriz, Carzoá, Cualedro, Lucenza, Montes, Rebordondo, San Millao, Vilela e A Xironda. A capital é a vila de Cualedro, na parroquia homónima, situada a 41° 59’ de latitude N e 7° 35’ de lonxitude O, 155 km ao SL de Santiago de Compostela e 50 km ao SL de Ourense. Está adscrito ao partido xudicial de Verín e á diocese de Ourense.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
A maior parte do concello de Cualedro está baixo o dominio climático oceánico de montaña; tan só as zonas máis baixas están dentro do dominio oceánico continental. A causa desta convivencia de matices climáticos diferentes está na mesma...