"Lor" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 863.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Certame literario que, como froito do refinamento cultural da corte de Provença, foi instituído en Toulouse para premiar as máis altas virtudes poéticas. Dentro do camiño iniciado polo Rexionalismo cara ao desenvolvemento cultural e nacional galego, os Xogos Florais deron un enorme impulso para o impulso, defensa e dignificación da lingua galega. Os primeiros Xogos Florais galegos celebráronse na Coruña en 1861 organizados por López Cortón e Antonio de la Iglesia, nos que se premiou o poema A Galicia de Francisco Añón. Ao ano seguinte publicouse no Álbum de la Caridad. Mosaico de nuestros vates gallegos contemporáneos, primeira antoloxía do Rexurdimento. En 1875 celebráronse os Xogos Florais de Santiago, en que participaron Murguía, Salvador Golpe e Lamas Carvajal, e en 1884 celebráronse en Pontevedra. Nos Xogos Florais de Tui de 1891, organizados pola Asociación Rexionalista Galega (ARG), púxose de manifesto o desenvolvemento ideolóxico e político xa desde o discurso...
-
VER O DETALLE DO TERMO
san (334-424) Relixioso. Tivo sona de taumaturgo e exorcista. Represéntase vestido de bispo e leva como atributo unha árbore morta que se cobre de follas. A súa festividade celébrase o 25 de maio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Clorofícea unicelular que vive en simbiose dentro do corpo de animais.