"OMI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1140.

    1. Relativo ou pertencente ao pobo otomí ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo otomí.

    3. Pobo indíxena de México, un dos primeiros que se estableceron no altiplano de México, quizais ao mesmo tempo ca os olmecas. Tiñan unha cultura moi primitiva e moitos grupos non coñeceron o castelán.

    4. Lingua otomangueana do phylum amerindio falada polo pobo otomí.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Infección do conduto auditivo externo e do pavillón auditivo, causada por fungos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta herbácea perenne, co talo de ata 45 cm, que presenta follas unicamente na base, grandes e lineares. Ten flores amarelas dispostas en acios, e o froito en cápsula. Florece durante o verán, e atópase en lugares húmidos, xeralmente a certa altura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ooforectomía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ooforotomía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Monxe. Iniciador do cenobitismo, fundou en Tebaida o mosteiro do Tabennesi (320?). O grupo de discípulos que o seguiron foi tan numeroso que deu lugar ao nacemento de nove mosteiros masculinos e un feminino. Os seus escritos, conservados en grego, copto, latín e árabe, céntranse nas Regras, as Prescricións, as Prescricións e Institucións, as Prescricións e Sentencias e as Prescricións e Leis, e sentaron as bases principais da vida monástica. A súa festividade celébrase o 14 de maio na Igrexa Latina e o 15 de maio na Igrexa Grega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que presenta recorrencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e tratadista de arte. Pintou ao óleo e tamén ao fresco. Traballou no coro da igrexa de San Esteban de Salamanca (1707) e na cartuxa de Granada (1712). Publicou Museo pictórico y escala óptica (1715-1724) e pintou Inmaculada e diversos frescos como os das igrexas de Sant Joan del Mercat e Nostra Senyora dels Desamparats de València.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Extirpación cirúrxica do páncreas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Representación escénica muda que se basea no xesto e na expresión corporal, frecuentemente acompañada de música. En Grecia era un simple accesorio da danza, e entre os romanos, malia que o mimo era famoso grazas ao tráxico Pílades de Cilicia e ao cómico Batilo de Alexandría, non se estableceu na súa forma definitiva ata a época de Augusto. Ocupou un lugar preeminente na Commedia dell’Arte, sobre todo con Arlequín e Colombina. A ópera cómica do s XVIII tomou dela moitos elementos, e foi J. G. Noverre (1727-1810), director das festas na corte francesa, quen lle devolveu a súa rigorosa natureza de espectáculo sen canto e sen fala. Máis tarde chegaron as formas estilizadas e decorativas de I. Stravinskij, S. Prokof’ev e O. Respighi. Pantomimas famosas son a Petruska de I. Stravinskij ou El sombrero de tres picos de Falla. Xa ben entrada a segunda metade do s XX recuperou as súas características, diferenciándose claramente da danza e do ballet, e centrándose rigorosamente no...

    2. Representación que se fai con ánimo de enganar.

    3. Acción ou actitude finxida para enganar a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á pantomima ou ao pantomimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que representa unha pantomima.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Micose granulomatosa crónica, causada polo fungo Paracoccidioides brasiliensis, que se caracteriza pola presentación dunhas primeiras manifestacións cutáneo-mucosas (úlceras faciais e infartos ganglionais) seguidos de manifestacións viscerais (lesións ulcerativas do aparato dixestivo, o fígado, o bazo e adenopatías abdominais). OBS: Tamén se denomina blastomicose sudamericana

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Desorde mental que fai que se denominen incorrectamente os obxectos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ablación dunha glándula paratiroide.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antibiótico que pertence á familia dos aminoglicosídicos e que foi illado de diferentes cepas de Streptomyces sp. A súa toxicidade é moi alta, polo que se limita a súa aplicación ao uso local. Absórbese moi pouco por vía oral e emprégase en forma de sulfato para o tratamento de amebiases intestinais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Encíclica de Pío X promulgada o 8 de setembro de 1907. Complementou o decreto do Santo Oficio Lamentabili, onde se condenaba o modernismo. A primeira parte intenta presentalo como un sistema coherente de pensamento, mentres que a segunda presenta disposicións prácticas para a formación dos sacerdotes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • patognomonia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • patognomónico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Simulación inconsciente dos síntomas dunha enfermidade propia dos histéricos.

    VER O DETALLE DO TERMO