"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • GALICIA

    Escritor. Colaborador habitual da revista Foro Gallego, foi elixido Académico de mérito da Internacional de Letras, Ciencias e Artes de Pontzen. Publicou obras relacionadas co mundo do dereito, como Contestaciones: Temas de derecho para oficiales primeros de notarías (1975). Da súa obra literaria cómpre salientar Ternuras (1991), Anduriña: Cuadernos de bitácora (1994), Orolín del Pazo: notario y torero (1995), Poemario de chispas: Valle-Inclán y xacobeo (1996) e Chazarel: sonetario de los Pazos de Ulloa (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Deportista e político. Coñecido como Leri, foi concelleiro vigués nas listas do PSOE e pola candidatura Vigueses Independentes (1970-1999). En 1955 fundou Campeonatos de Playas, unha organización altruísta dedicada á práctica do deporte, que se distinguiu por defender os intereses da cidade. Foi seleccionador galego de rugby, árbitro e entrenador nacional de fútbol. Recibiu a Medalla da Cidade de Vigo (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Fundou a Biblioteca Municipal de Baiona e cultivou a pintura e o debuxo. Da súa obra destaca Contribución a una bibliografía de Bayona La Real (1973), Guía monumental ilustrada de Pontevedra (1980) e a carpeta de debuxos Homenaxe a Lugo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante lírica. Coñecida como Ángeles Otein, percorreu o mundo conseguindo numerosos éxitos en Italia, nos países nórdicos e en América. Abandonou a escena en 1942 e dedicouse ao ensino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante lírica. Debutou no Teatro de la Zarzuela de Madrid (1914) coa obra Maruxa, e iniciou unha exitosa carreira que a levou a actuar no Teatro Real de Madrid, no Liceo de Barcelona, no Teatro Real de Roma, no Teatro alla Scala de Milán, no Metropolitan de Nova York e nas principais cidades hispanoamericanas. Retirouse en 1928.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Empresario. Coñecido como Ramón Nieto, emigrou a Chile e, en 1914, abriu unha oficina de explotación e comercialización do sal, para logo chegar a ser dono dunha das máis grandes compañías salitreiras deste país, a Compañía Galicia. Fundou tamén o Banco Español e as compañías de seguros La Española e La Nueva España. De ideas racionalistas, de volta a Galicia marcouse como obxectivo mellorar a situación escolar galega, e para iso decidiu fundar as Escolas Nieto. A primeira delas abriu as súas portas en 1900 no barrio de Barreiro (Vigo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Autora de libros de gastronomía, como xornalista traballou para TVE nos programas Letra pequeña, Muy personal e Los felices 80. Ocupou a sección de gastronomía no xornal Independente e foi colaboradora en La Voz de Galicia e na revista Dunia. Foi coautora dos libros Galicia, romería interminable (1983), Galicia, las mil y una fiestas (1983) e Esmorgantes (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático. Catedrático de Análise Matemática da Universidade de Santiago de Compostela. Foi asesor científico da National Science Foundation da OTAN. Ten publicado numerosos artigos dos que destacan “Ecuaciones diferenciales difusas” (1997) e “Basic theory for nonresonance impulsive periodic problems of first order” (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Motociclista. Considerado o mellor piloto español da historia, debutou no GP de España en 1964, en 50 cc. Correu o campionato do mundo con motos Derbi, Kreidler, Bultaco, Minarelli e Garelli, e foi campión de 125 cc (1971, 1972, 1979, 1981, 1982, 1983 e 1984) e de 50 cc (1969, 1970, 1972, 1975, 1976 e 1977). En 1986 deixou a competición e pasou a ser xefe de equipo en diversas escudarías. Recibiu a Gran Cruz del Mérito Civil e a Medalla de Oro al Mérito Deportivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Residiu en Bos Aires (1921-1923) e frecuentou as tertulias da Xeración do 98 en Madrid. Retratista e figurista, foi un correcto académico, do que destacan as obras Gitana (1914) e Retrato de D. Julián Besteiro Fernández (1932).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Remixio Ramón Nieto Otero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, xurista e militar italiano. Loitou pola independencia da República de Venecia. A súa obra capital é Confessioni di un italiano, publicada postumamente e censurada co título de Confessioni di un ottuagenario (1867), novela autobiográfica onde se reflicten os ideais do Rexurdimento. Escritor pródigo, produciu poemas como Luciole (1858), panfletos, dramas e obra narrativa, da que destacan Il conte pecoraio (1857) e Il barone di Nicastro (1859).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teito de nubes escuro e uniforme que aparece nunha altura inferior aos 2.000 m. A miúdo vai acompañado por nubes baixas, e produce choivas e nevadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calquera sal de ácido nióbico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa automobilística xaponesa, que se creou en 1933. O seu domicilio social está en Yokohama e as súas oficinas centrais en Toquio. Os seus vehículos levaron a marca Datsun ata 1981 e nos últimos anos aumentou a súa presenza internacional, especialmente en América e Europa. En 1999 Renault e Nissan asinaron un acordo estratéxico que lle permitiu á marca nipona superar unha crise financeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma contracta da preposición en + o demostrativo neutro isto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antonio Santiago Álvarez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Laureano da Vila Eirín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Medo obsesivo á escuridade, sobre todo nocturna.

    VER O DETALLE DO TERMO