"ALE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2433.

  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Formouse en Madrid, Italia e Grecia. Entre as obras realizadas en Madrid destacan o colexio dos xesuítas de Chamartín, os conventos das Salesas e das Siervas de María e o proxecto da catedral de la Almudena, da que só rematou a cripta. En Bilbao construíu a Universidad de Deusto e o colexio e a capela do Sagrado Corazón, e en Salamanca o panteón do duque de Alba. Pertenceu á Real Academia de Bellas Artes de San Fernando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Exerceu o periodismo como cronista deportivo de Faro de Vigo a partir de 1921. Colaborou ademais coa publicación El Economista e foi correspondente das axencias Mencheta e Noti-Sport.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta e xornalista. Colaborou asiduamente na prensa da cidade olívica, particularmente nas seccións de humor. Escribiu Berzas y otras legumbres (1916).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e arqueólogo belga. Foi profesor na Universidade de Gante (1892-1910) e conservador do Musée Royal de Bruxelas (1899-1912). Investigou a vida relixiosa da antiga Roma e de Oriente. Entre as súas obras destaca Les religions orientals dans le paganisme romain (As relixións orientais no paganismo romano, 1929).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Notario e escritor. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1962), colabora en distintas publicacións sobre temas políticos e literarios. Como escritor publicou o relato curto “A morte de Nancy Reagan” (1989), a novela Beatum Corpus (1993) e o poemario Mtesis (1998). Tamén sacou ao prelo Poemas de la aceptación y mirada de Narciso (2003), No Eurídice de nuevo (2007) e La muerte del fauno (2011).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é propio da curia ou dos curiais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e dramaturgo. Colaborou, xunto con Antolín Esperón e Manuel A. Couto, no semanario Las Musas del Lérez (1842), de Pontevedra. Escribiu tamén artigos para os xornais El Alerta (1864-1865) e El Buscapié (1865-1868), e para a Revista de Primera Enseñanza (1865-1870). Dirixiu o Diario de Pontevedra en 1879. Como autor teatral estreou en 1881 no Teatro Variedades de Madrid a peza Qué noche! Así mesmo, foi o animador de numerosos parladoiros científicos, xunto con Octavio Lois Amado ou Heliodoro Gastañaduy, e publicou a primeira versión en castelán da obra de Haeckel Natürliche Schöpfungsgeschichte (1868) co título Historia de la creación de los seres orgánicos (1878).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe dos principados unidos de Moldavia e Valaquia (1859-1862) e do principado de Romanía (1862-1866). Levou adiante unha reforma agraria, fundou dúas universidades e secularizou os bens da Igrexa. Os estamentos tradicionalistas e conservadores, coa axuda de potencias estranxeiras, obrigárono a abdicar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos, da orde das poliporais, de cogomelos semicirculares e planos, de ata 20 cm de diámetro, coa cutícula áspera e de cor crema cinsenta. O himenio aparece disposto en pequenos tubos alongados, a xeito de láminas rudimentarias, que ofrecen un aspecto labiríntico. A especie D. quercina vive sobre carballos aos que infecta; a carne ten unha consistencia coriácea, polo que non ten valor culinario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo situado en Berlín. Recolle desde 1956 e 1957 os fondos salvados do incendio que a finais da Segunda Guerra Mundial destruíu o Kaiser-Friedrich-Museum. Conserva unha colección de pintura europea do s XIII ao s XVIII, entre outros de Filippo Lippi, Caravaggio, Rubens, Dürer, Rembrandt, Velázquez e Wateau.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fisiólogo. Doutorouse na Universidade de Cambridge en 1909. Dirixiu os Wellcome Physiological Research Laboratories (1906-1914), nos que realizou estudios sobre a composición e os efectos do cornizó, e traballou no National Institute for Medical Research (1914-1942), centro do que foi director dende 1928 ata a súa xubilación. Foi presidente da Royal Society (1940-1945) e membro da Comisión de Enerxía Atómica. Descubriu a histamina e a acetilcolina, molécula implicada na transmisión nerviosa. No 1936 recibiu, xunto con Otto Loewi, o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía polo descubrimento da acción dos neurotransmisores no impulso nervioso. No ano 1932 concedéuselle o título de sir e no 1944 a Orde do Mérito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro sueco. Realizou os seus estudios no Chalmers Institute de Gothenburg. Traballou na Gas Accumulator Company na que acadou o posto de enxeñeiro xefe (1906) e, posteriormente, o de director xerente (1909). En 1909 conseguiu sintetizar o agamassan, produto capaz de absorber o gas acetileno, feito que permitiu o seu transporte sen risco de explosión; tamén perfeccionou a turbina de vapor de Laval. En 1912 recibiu o Premio Nobel de Física pola invención dun regulador automático empregado na iluminación de faros e boias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Darbo da que se conservan algúns restos en estado ruinoso. Pertenceu ao señorío compostelán e menciónase na Historia Compostelana como refuxio dos inimigos, entre outros, de dona Urraca, Paio Gudesteiz e Rabinado Núñez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor ruso. Realizou estudios musicais en San Petersburgo e foi profesor de canto. Autor de numerosas cancións, iniciou xunto con Glinka unha tradición operística rusa baseada na canción popular. Influíu en Mursorgskij cos seus estudios sobre a adaptación da lingua rusa á música. Da súa produción destacan as óperas Esmeralda (1841) e Rusalka (1855), e as fantasías Baba-Yaga (1862) e Kazochok (1864).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. As súas primeiras obras foron neoclásicas, como o Ithiel Town de New Haven, despois realizou construcións historicistas gregas e góticas. Introduciu o uso do ferro na arquitectura estadounidense coa construción dunha tenda en Nova York en 1835.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político irlandés de ascendencia española. Foi presidente do Sinn Féin (1917-1926) e da clandestina Irish Republic. Participou na revolta de 1916 e foi condenado a morte, pena que lle foi conmutada. Rexeitou o acordo que creaba o Estado Libre de Irlanda (1921), esixiu a total independencia para toda a illa e boicoteou o Parlamento irlandés. En 1926 organizou un novo partido, o Fianna Fáil, do que foi presidente (1926-1959). Foi primeiro ministro (1932-1948, 1951-1954 e 1957-1959) e presidente da República de Irlanda (1959-1973).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Operador de mediación financeira que adquire, por conta propia ou doutro, activos financeiros para recolocalos entre a súa clientela privada ou noutros axentes. Diferénciase do broker en que este só actúa por conta doutro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hidrocarburo bicíclico que se presenta nas formas isoméricas cis- e trans-; a primeira é moi soluble en alcol e ferve a 195°C, e a segunda é bastante soluble en alcol e ferve a 185°C. A forma comercial é unha mestura dos dous esteroisómeros e emprégase como disolvente. Coñécese tamén co nome rexistrado de decalina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aumento brusco da calor absorbida por unha masa ao quentarse cando a temperatura acada un punto crítico. O fenómeno vai acompañado de transformacións alotrópicas e dun arrefriamento superficial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e litógrafo. Cultivou a caricatura e a litografía irónica para despois dedicarse á pintura. En Esmirna (1828) adoptou a temática oriental e máis tarde cultivou un realismo precursor de Millet e Courbet.

    VER O DETALLE DO TERMO