"AVI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 908.

  • GALICIA

    Escritor. Coñecido como Xavier Queipo, na súa obra evolucionou desde un estilo áxil, que mestura elementos fantásticos e irreais con intriga e ambientes exóticos, ata un estilo máis firme en canto á densidade dos contidos e o ritmo narrativo, no que analizou dun xeito máis profundo o ámbito do amor e das relacións na parella. Da súa produción destaca Ártico e outros mares (1990, Premio de la Crítica Española), a colección de relatos Ringside (1993), Contornos (1994), Diario dun nómada (1993), O paso do noroeste (1996, Premio Manuel García Barros), Mundiños (1997), Manual de instrucións (1999), Malaria sentimental (1999), Papaventos (2001) e O ladrón de esperma (2002, Premio Café Dublín).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e político. Xuíz de Vigo, foi elixido alcalde días antes da ocupación francesa da cidade (1809). Organizou a resistencia interna de Vigo, sobre todo no referido aos recursos alimentarios, e artellou a resistencia dos concellos dos arredores. Mantívose como alcalde ata decembro de 1810. Foi oidor na Audiencia de Galicia e conselleiro do Real e Supremo Tribunal de Facenda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Economista. Catedrático de Economía Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela, foi director do Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA). Escribiu Crise agraria, innovación e miopía da política agraria (2001) e O fracaso neoliberal na Galiza: reconstruír a sociedade do país (2005). Recibiu o Premio Fundación Galicia de Investigación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Técnico de son e iluminación. Coñecido como Paco de Pink, con Teatro Antroido participou no espectáculo Romance dos figos de ouro (1983). Foi xefe do equipo técnico do Centro Dramático Galego e director técnico da peza teatral O incerto señor don Hamlet. Ademais colaborou nalgún dos espectáculos de Teatro Artello e do ballet Rey de Viana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pianista, fillo de Elixio Vila Vázquez. Formouse co seu pai e coa pianista V. Smansová. En 1997 foi galardoado co premio ao intérprete máis novo no International Piano Competittion Carl Czerny, celebrado en Praga. En 1999 e 2001 gañou o primeiro premio no Concurso Rexional para Novos Intérpretes celebrado en Vigo. Actuou nos Martes Musicais do Conservatorio Profesional de Música de Pontevedra, e no Museo de Belas Artes da Coruña (2003), onde estreou Rondó Brillante, composto polo seu pai. En 2004 recibiu o Premio da Asociación Galega de Compositores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Arzúa baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, dramaturgo e crítico. Director da revista literaria Ulises e do Teatro Nacional, foi ministro de Educación. Destacan os seus poemarios Reflejos (1926) e Nostalgia de la muerte (1939-1946) e, en prosa, Autos profanos (1943).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xavier Fernández Villaverde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do departamento de Meta, Colombia, situada á beira do río Meta, no confín oriental do Nevado, na Cordilleira Oriental dos Andes (273.140 h [estim 2000]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Asturias, situado ao fondo da ría do mesmo nome, a 43 km de Oviedo (13.951 h [2001]). É un porto pesqueiro e un centro comercial que destaca pola elaboración de sidra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Córdoba, Andalucía, situado á beira esquerda do pantano de Puente Nuevo (3.756 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Madrid, situado ao NL da capital provincial e regado polo Guadarrama (22.564 h [2001]). Ten agricultura de regadío, de secaño e avicultura. A súa zona industrial desconxestiona Madrid.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción militar da Guerra de Sucesión Española que tivo lugar en Villaviciosa de Tajuña, na Alcarria, o 10 de decembro de 1710. Apoiou a Filipe V e determinou a ocupación de Aragón e a ofensiva contra Catalunya. A vitoria filipista produciuse ao día seguinte da vitoria da Batalla de Brihuega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica cinematográfica que consiste en impresionar fotogramas de tamaño dobre sobre o formato habitual, para conseguir un maior detalle na imaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano de Occidente (384-388). Ocupou o trono ao mesmo tempo ca o seu pai, o usurpador Máximo. Encargado de defender a Galia, o galo Arbogasto, xeneral de Teodosio, venceuno e matouno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Psicólogo romanés. Naturalizado estadounidense, creou as escalas de intelixencia para adultos Wechsler Adult Intelligence Scales e para nenos Wechsler Intelligence Scale for Children, Wechsler Preschool and Primary Scale of Intelligence.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico militar e botánico. Viaxou ás Filipinas (1835-1836) e participou na Primeira Guerra Carlista. Publicou obras de tema naturalístico (principalmente botánico), médico e histórico, entre as que destacan Elementos de botánica (1843), o primeiro manual botánico publicado en España e no que incorporou a clasificación natural e a teoría botánica de Candolle.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino de orixe toponímica que procede do éuscaro etxe ‘casa’ e berri ‘nova’, co significado ‘casa nova’. Presenta a variante Xabier.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dentista e revolucionario brasileiro. Coñecido como Tiradentes, pola súa profesión, foi a alma do movemento separatista coñecido como Inconfidência Mineira. Asumiu a responsabilidade exclusiva da conspiración e por iso foi condenado a morte e aforcado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Camariñas baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO