"Ea" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3634.

      1. Lámpada composta por un recipiente con aceite ou graxa que arde por medio dunha torcida colocada no seu interior.

      2. Cilindro de cera ou parafina, ás veces tinxida de cores, cunha mecha de algodón lixeiramente torcida no seu interior, que forma unha chama luminosa ao ser acendida.

      1. Inflorescencia das plantas anemófilas, como a do carballo, a do castiñeiro ou a do millo, que presenta pequenas flores agrupadas e pendurantes. Na tradición oral recóllense ditos como: “Cando vires a candea no castiñeiro, leva a ovella ao carneiro”.

      2. Partícula colgante de xeo formada por unha pingueira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo teatral dependente, nun principio, da Sociedade Cultural e Recreativa Liceo de Noia. Fundado por Xosé Agrelo Hermo en 1973, puxo en escena obras de Blanco Amor (Romance de Micomicón e Adhelala, 1973), Álvaro de las Casas (Pancho de Rábade, 1974), Leandro Carré (Rexurdimento, 1974) e do propio Agrelo Hermo, que exerceu como director dos espectáculos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase a unha variedade de trigo que produce unha fariña moi branca.

    2. Dise do pan feito coa fariña de trigo candeal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vigo baixo a advocación de san Cristovo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Botar flor as plantas ou as árbores que a teñen en forma de candea, como o millo e o castiñeiro.

    2. Encurvarse as follas por falta de auga, especialmente a do millo e a do pexego.

    3. Dar couces un animal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía profesional de teatro creada en 1966 en Bogotá por Santiago García. Os seus traballos destacan polo compromiso coa realidade sociopolítica de América Latina e coa causa dos máis desfavorecidos, en liña co movemento de teatro popular latinoamericano. Cos espectáculos Guadalupe años cincuenta (1976) e Los diez días que estremecieron al mundo (1978), recibiron o Premio Casa de las Américas neses mesmos anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘hora’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘reloxo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘reloxeiro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Colocar as canas axeitadamente para facer un emparrado.

    2. Facer canos para regar o campo.

    3. Superar, en certos deportes, a un ou a varios xogadores opoñentes para conservar a posesión do balón, da pelota ou do disco, mediante movementos de oscilación do corpo.

    4. Andar dun lugar a outro sen un obxectivo fixo.

    5. Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde ás voces ‘andar’ e ‘marcar (as horas)’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, e do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘mexar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Málaga, Andalucía, situado na Serranía de Ronda, regado polos ríos Orteijar e Carbones (2.247 h [1996]). A súa economía baséase na produción agrícola de cereais, legumes, froitas e hortalizas, e na gandería.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio do Principado de Asturias, capital da comarca de Las Brañas (18.110 h [1996]). Sitúase no val onde o río Luiña ou Naviego desemboca no Narcea. Centro agrícola, destacan os cultivos de millo, hortalizas, viña e árbores froiteiras. Co gallo da importancia da cría de gando ovino e bovino, celébranse na localidade feiras de sona. O sector mineiro provocou un auxe económico que contribuíu ao desenvolvemento urbano. Durante o reinado de Fernando III o Santo Cangas del Narcea converteuse en vila. A basílica de Santa María Magdalena, erixida no 1642, está declarada Ben de Interese Cultural.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de cans.

    2. Grupo de delincuentes.

    3. Grupo de mozos ou rapaces pequenos.

    4. Ruído provocado polos berros ou as voces dun grupo de xente.

    VER O DETALLE DO TERMO