"RAF" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 981.
-
PERSOEIRO
Artista. Foi cofundador e membro do Equipo Crónica (València), caracterizado por un novo concepto da pop art. Dado que a base do equipo era a colectividade, a súa repentina morte provocou a fin. Foi moi crítico ante a realidade e os mitos contemporáneos da súa época. Da súa obra destacan Las Meninas.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Técnica que se emprega para analizar os fondos mariños mediante a emisión e recepción de ecos que varre transversalmente os costados dun barco especialmente preparado.
-
Imaxe do fondo mariño que se obtén por sonografía.
-
-
ecografía.
-
-
PERSOEIRO
Pintor e escultor venezolano. Dirixiu a Escuela de Artes Plásticas Julio Arraga de Maracaibo (1945-1960) e, desde 1950 instalouse en París. Figurativo nos seus comezos, derivou cara ao cubismo e a abstracción xeométrica (Rojo central, 1980; Ambivalencia diagonal virtual, 1985) e o cinetismo virtual (Curvas inmateriales, 1966). Tamén destacan as súas estruturas cinéticas e as obras públicas, como os murais do edificio da UNESCO en París (1970) ou Volumen virtual (1987), para o Centre Pompidou.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista italiano. Profesor na University of Cambridge desde 1927, en Prodution of Commodities by Means of Commodities. Prelude to a Critique of Economic Theory (1960), abriu un proceso de revisión da teoría económica dominante, que partiu da análise da reprodución e da distribución do excedente.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Thomas Wentworth.
-
ENTRADA LARGA
Estado do extremo meridional de África, que limita ao NO con Namibia, ao N con Botswana e Zimbabwe e ao L con Moçambique e Swazilandia, ao L e ao S co Océano Índico e ao O co Océano Atlántico (1.219.090 km2; 49.320.000 h [estim 2010]). Inclúe dentro do seu territorio o estado independente de Lesotho. A capital administrativa é Pretoria, residencia do goberno, e a capital lexislativa é Cidade do Cabo.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O relevo, basicamente terciario, da República Surafricana está constituído por unha zona central deprimida, rodeada por unha cadea montañosa. A parte central correspóndese co deserto de Kalahari, mentres que as terras altas que o circundan, con altitudes que varían entre os 1.500 e 3.000 m, son os macizos de Swartberg, ao L e ao S da rexión do Cabo, e a cadea montañosa de Drakensberg, entre as provincias de Estado Libre e KwaZulu/Natal, onde se sitúa a máxima altura do país, a 3.650 m. Climaticamente, diferéncianse dous... -
-
Relativo ou pertencente á República Surafricana ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante da República Surafricana.
-
-
GALICIA
Relixioso. Licenciado en Dereito pola Universidad Pontificia de Comillas, foi capelán militar. Abade da colexiata de Santa María do Campo da Coruña, promoveu a creación do seu Museo de Arte Sacra. Presidente da Asociación de Amigos del Museo y de la Colegiata e membro da Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario, escribiu, entre outras obras, Juan Pablo II amigo de los jóvenes (1989), Morir con dignidad (1992), Historias de A Coruña (1993), Familia y hogar (1994) e Faro de luz (1997). Recibiu a Medalla de Ouro da Coruña, a Medalla Castelao (1999) e a cruz da orde de San Raimundo de Peñafort.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Músico e sacerdote, fillo de Mariano Pablo Tafall i Miguel e irmán de Santiago Tafall. Licenciado en Teoloxía pola Universidad de Santiago de Compostela, foi organista nas catedrais de Mondoñedo (1856-1860) e Santiago (1860-?). En 1882 foi nomeado profesor de piano e de elementos de harmonía na Escuela de Música da Real Sociedad Económica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Escribir un texto con signos taquigráficos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Método de escritura que permite transcribir tan á présa como se fala mediante signos especiais e abreviaturas. Aínda que se aplicaron sistemas de abreviación na Antigüidade, o primeiro sistema coherente que foi utilizado ata a Idade Media, foi o aplicado polos romanos, coñecido por notas tironianas. Nos primeiros concilios tamén se fixo uso do sistema tironiano para recoller os debates, práctica que perdurou ata o s XI, cando caeu en desuso. Durante o período medieval usouse un sistema a base de elipses ou siglas, apócopes ou palabras cortadas, contraccións, letras sobreescritas ou abreviaturas con signos especiais. Durante o Renacemento apareceron os precursores da taquigrafía moderna, con Timothy Bright (1588), en Inglaterra, seguido de John Willis, que, en 1602 foi o primeiro en facer uso do termo estenografía, e Thomas Shelton, que se serve da palabra taquigrafía, en 1626. A taquigrafía moderna iniciouse con John Byrom en 1720 en Inglaterra, onde de 1700 a 1900 apareceron...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á taquigrafía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que se dedica profesionalmente á taquigrafía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arte de escribir a máquina e con taquigrafía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que se dedica profesionalmente á taquimecanografía.
-
PERSOEIRO
Poeta árabe preislámico. Autor da corte do soberano de Hīra, escribiu un diván de poemas libertinos e unha muwaxaha.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Arte de pesca de cerco que se emprega na captura de peixes que se presentan en grandes cardumes como a sardiña, o xurelo, o bocarte e a xarda.
-
Barco que se usa nesta arte de pesca.
-
-
PERSOEIRO
Arquitecto, escultor e pintor ucraíno. En 1913, despois dunha visita ao taller de Picasso, fixo os primeiros relevos polimatéricos de concepción abstracta, orixe do construtivismo. Na Revolución de 1917 foi máis intransixente na proclama da nova arte revolucionaria en sentido arquitectónico-industrial (produtivismo) e xuntouse con Rodženko (1916), os irmáns Pevsner e Lisitzkij (1920). Entre 1919 e 1920 proxectou e presentou o Monumento á Terceira Internacional. Desde 1933 dedicouse preferentemente á escenografía.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento de debuxo técnico formado por un par de regras perpendiculares cun dos extremos fixado sobre un pomo xiratorio provisto dun goniómetro, que permite trazar liñas rectas de calquera inclinación sobre calquera punto da superficie dun taboleiro de debuxo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
fototelegrafía.