"RL" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1468.
-
PERSOEIRO
Pintor. Fundador da Académie Royale de Peinture et de Sculpture, ditou as pautas do clasicismo francés. Protexido por J. B. Colbert, foi director da fábrica de tapices Gobelinos (1663) que subministraba ás casas reais. Luís XIV nomeouno primeiro pintor do rei. Das súas obras destacan La descente du Saint-Esprit (1657), a serie Historire d’Alexandre e L’Adoration des bergers (1689). Traballou como decorador na Galerie d’Apollon no Louvre e na Galerie des Glaces e na Escalier des Ambassadeur no palacio de Versailles.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta francés. Coñecido como Leconte de Lisle, foi fourierista e republicano durante a súa mocidade. Da súa produción destacan Poèmes antiques (1852), verdadeiro manifesto da escola parnasiana, en que rexeitou as tendencias románticas e propugnou a inspiración mitolóxica e a ciencia do verso, Poèmes barbares (1862) e Poèmes tragiques (1886).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador estadounidense. Especializado en historia da Igrexa medieval, publicou History of the Inquisition of the Middle Age (1888), The Moriscos of Spain, Their Conversion and Expulsion (1901) e History of the Spanish Inquisition (1906).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor francés. Discípulo de Ménard e Rude, creou o tipo de fonte chamada Wallace. Traballou en París nas igrexas de Saint-Eustache e da Trinité.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Botánico flamengo. Coñecido como Clusius, entre 1593 e 1609 ocupou a cátedra de botánica da Universidade de Leiden. Publicou Rariorum stirpium per Hispanias observatorum Historia (1576) e fixo o primeiro tratado de fungos comestibles (1601).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeneral francés. Foi axudante de campo de Napoleón Bonaparte en Marengo, e ascendeu a brigadier-xeneral (1806) e xeneral de división (1808). Participou nas campañas de Rusia, Alemaña e Francia. Despois da derrota de Waterloo fuxiu a EE UU onde fundou unha colonia de refuxiados franceses. Morreu cando trataba de rescatar a Napoleón de Saint Helena.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro francés. Chegou a España en 1750 chamado polo Marqués de La Ensenada para proxectar e dirixir as obras da canle de Castela. En 1754 tralas disputas co matemático Antonio de Ulloa, enviárono a Galicia, onde dirixiu a instalación dunhas baterías defensivas en Corcubión. Posteriormente dirixiu as obras do Camiño Real de Astorga á Coruña, recoñeceu as obras da cidade da Coruña e colaborou na Real Academia de Agricultura de Galicia. En 1764 planificou e supervisou as reformas da capela maior e da fachada da catedral de Lugo. En Santiago de Compostela realizou o edificio para seminario, cárceres e casas consistoriais (1767), hoxe pazo de Raxoi. A comezos da década de 1770 trasladouse a Nafarroa. Posteriormente dirixiu a construción do camiño de Andalucía e proxectou unha canle que uniría El Escorial con Sanlúcar de Barrameda.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Representante do clasicismo francés, compuxo poemas, relatos en verso e pezas dramáticas. Da súa produción destacan Egléoch Annet (1800) e Den vackra bederskan (A bela pregaria). Foi membro da Academia Sueca.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e escritor italiano. Vencellouse á tradición pictórica postimpresionista francesa e tivo que exiliarse por antifascista. Escribiu Cristo si è fermato a Ebol (1945), L’orogio (1950) e Il futuro ha un cuore antico (1965).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Carlton Frederick Lewis.
-
PERSOEIRO
Atleta estadounidense. Coñecido como Carl Lewis, foi campión do mundo en Helsinqui (1983) e Roma (1987) en 100 m lisos, salto de lonxitude e 4 x 100 m lisos. Gañou catro medallas de ouro (100 m, 200 m, 4 x 100 m e salto de lonxitude) nos Xogos Olímpicos de Los Angeles (1984), dúas (100 m e salto de lonxitude) nos Xogos Olímpicos de Seúl (1988), outras dúas (salto de lonxitude e 4 x 100 m) nos Xogos Olímpicos de Barcelona (1992) e nos Xogos Olímpicos de Atlanta (1996) foi medalla de ouro en salto de lonxitude. Retirouse en 1997. Recibiu o Premio Príncipe de Asturias do Deporte (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor sueco. Evolucionou desde un certo inmoralismo estético da súa xuventude cara a unha actitude relixiosa. Da súa produción destaca Huset med de gamla frökarna (A casa das belas damiselas, 1918) e Silfverstaahl (1910-1913).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico. Fixo achegas á industria dos colorantes e estableceu o ensaio que leva o seu nome para determinar o colesterol.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Avogado e político alemán, fillo de W. Liebknecht. Dirixente da esquerda revolucionaria da socialdemocracia, a partir de 1912 foi deputado no Reichstag e organizou unha campaña contra a Primeira Guerra Mundial. Esta actitude provocou a súa expulsión do grupo parlamentario e foi encarcerado. Foi fundador da Liga Espartaquista con Franz Mehring e Rosa Luxemburg. Liberado en 1918, rexeitou formar parte do goberno de Ebert e foi un dos dirixentes da insurrección de Berlín (1919). Foi detido e executado polas tropas do goberno.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Piloto estadounidense. Fixo o primeiro voo directo Nova York-París, o 20 de maio de 1927, en 33 horas e media, co avión Ryan NYP “Spirit or St. Louis”. O rapto e asasinato do seu fillo de dous anos en 1932, tiveron unha gran resonancia. Durante a Segunda Guerra Mundial adoptou unha actidude de non intervención contra Alemaña, e aceptou unha condecoración de H. Göring.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro e inventor alemán. Foi un dos iniciadores da industria frigorífica, coas súas máquinas de absorción e compresión e o seu procedemento para a licuefacción do aire a escala industrial.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático alemán. En 1882 demostrou que ð é un número transcesdente, é dicir, non é a solución de ningunha ecuación alxébrica en forma de polinomio con coeficientes racionais.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Naturalista sueco. Coñecido tamén pola forma latinizada do seu nome, Carolus Linnaeus, e pola españolizada, Linneo, estudiou medicina nas universidades de Lundt e Uppsala. Realizou expedicións botánicas en Laponia, viaxou por Europa, onde ampliou os seus estudios de medicina, ata que en 1738 se estableceu en Uppsala como médico privado, e como profesor da universidade, primeiro de medicina (1741) e logo de botánica (1742). Considerado o pai da taxonomía, ciencia que se ocupa da clasificación dos seres vivos, inventou o sistema de nomenclatura científica binomial, aínda en vigor, en que a cada especie se lle asigna un nome formado por dúas partes: a primeira é o nome xenérico, que o comparte con outras especies próximas e se escribe en maiúsculas; a segunda é o nome específico, escrito en minúsculas. Á súa vez, os xéneros agrupounos en familias, estas en ordes, as ordes en clases, as clases en filos e, por último, os filos en reinos. Foi partidario da inmutabilidade das...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Texto portugués de comezos do s XIV que recolle dúas pasaxes da Suite du Merlin francesa (peza central do ciclo da Post-Vulgata). Está constituído por tres follas de pergameo que conteñen pasaxes do Merlin e que foi descuberto por A. Soberanas mentres estudiaba o Chronicon de Antonino Pierozzi. Trátase dunha reelaboración de motivos de longa tradición na materia de Bretaña, como os raptos feéricos ou a concepción do Alén como unha terra marabillosa. Constitúe o testemuño da grande aceptación que tiveron as obras de temática artúrica na parte occidental da Península Ibérica, motivada polos intercambios cultuais que se desenvolveron a través do Camiño de Santiago, pola proximidade entre os reinos da Coroa de Aragón e Provenza, pola política patrimonial dos reis de Castela e León e polas alianzas de Portugal con Inglaterra e Francia.
-
PERSOEIRO
Actriz. Foi unha das fundadoras do grupo Els Comediants. Das súas actuacións teatrais destacan La Bella Helena (1979), La Senyoreta Júlia (1985) e El dol escau a Electra (1992); e no cine Tacones Lejanos (1991), Actrius (1997) e Morir (o no) (2000).
VER O DETALLE DO TERMO