"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada unha das células da polpa dental que orixinan a dentina e que emiten unhas prolongacións, denominadas fibras de Tomes, que penetran dentro dos canalículos desta.
-
-
Relativo ou pertencente aos odontocetos.
-
Mamífero da suborde dos odontocetos.
-
Suborde de mamíferos, da orde dos cetáceos, que se caracterizan, en oposición aos misticetos, pola posesión de dentes nos adultos e pola presenza dun só espiráculo. Inclúense neste grupo os golfiños, a candorca, as toniñas, o narval, o cachalote e as baleas con peteiro.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos odontognatos.
-
Ave fósil da suborde dos odontognatos.
-
Superorde de aves fósiles que presentaban as mandíbulas provistas de dentes.
-
-
-
Descrición dos dentes.
-
Radiografía dos dentes.
-
-
-
Que ten a forma dun dente.
-
Que é semellante a un dente.
-
Que está constituído por tecidos semellantes aos dos dentes.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Médico especializado en odontoloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da medicina que trata dos dentes e das súas enfermidades.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á odontoloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tumor que se forma a carón do tecido dental.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lámina que se emprega para medir a distancia entre os dentes dun selo de correos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao animal que ten as beiras das mandíbulas dentadas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Orixe e formación dos dentes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudo da odontoxénese.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de gasterópodos prosobranquios, da familia dos piramidélidos, que presentan a cuncha de pequeno tamaño, con forma cónica e cun dente na columela. Viven sobre bivalvos lamelibranquios como o mexillón, ou sobre poliquetos tubícolas, dos que se alimentan sucionando os seus líquidos nutritivos, grazas á súa trompa.
-
PERSOEIRO
Erudito e investigador. Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela e realizou investigacións no campo bibliográfico, histórico, musicolóxico e no das ciencias naturais. Bibliotecario da Misión Biolóxica de Galicia ata 1981, destacou como especialista do mundo das flores, especialmente da camelia, e impartiu numerosos cursos sobre floricultura e xardinaría no Centro Forestal de Lourizán. Publicou diversos artigos bibliográficos relacionados co mundo da imprenta, sobre todo unha serie de estudos dos obradoiros tipográficos de Juan Parix en Segovia (1472-1474), coñecida como a primeira imprenta que funcionou en España, ou mesmo outros relacionados cos traballos do tamén impresor Agustín de Paz en Mondoñedo. A través das súas investigacións coñecéronse datos e recuperáronse libros moi importantes da imprenta en Galicia, como o Misal Compostelano (1495), o Manual Auriense (1510) e o Manual Compostelano (1543). Ademais, elaborou numerosos catálogos musicais, como Homenaje a Sergio...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Castellum Honesti.
-
RIOS
Río de Campania e de Puglia, Italia, que ten unha lonxitude de 165 km. Nace ao S dos Apeninos de Campania e desemboca ao NO de Barletta, no golfo de Manfredonia.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Rito da liturxia eucarística en que o celebrante ofrece o pan e o viño que van ser consagrados. O ofrecemento acompáñase dunha pregaria que normalmente relaciona o sentido das ofrendas coa festividade que se celebra. Na liturxia romana atópase despois da liturxia da palabra, ao inicio da liturxia do sacrificio.
-
Antífona que acompaña o rito do ofertorio. Introducido por santo Agostiño, a súa composición variou segundo a época. Se inicialmente era cantado entre os versículos do salmo por varios coros, cos gregorianos comezaba cunha antífona seguida de varios versos de melodía libre e un refrán e, durante o Renacemento, preferiuse o seu tratamento a cappella. No s XVII converteuse nunha peza instrumental.
-
-
-
Acción e efecto de ofrecer ou ofrecerse.
-
Doazón, promesa ou sacrificio que alguén ofrece a un santo, a Deus ou á Virxe.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ofrenda que realiza o xefe do estado de España, ou unha persoa en que delegue, ao Apóstolo Santiago o día da súa festividade, o 25 de xullo. Foi instituída en 1643 por Filipe IV, realízase durante a celebración da Eucaristía e a ofrenda é respostada polo arcebispo compostelán.