"ARE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1669.

    1. Que bota moito fume.

    2. Que está cheo de fume.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Remuíño de vento que se produce no mar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundación sen ánimo de lucro constituída o 9 de setembro do 2002. Entre os seus obxectivos destacan a difunsión da obra do escritor Carlos Casares e o desenvolvemento de actividades relacionadas coa súa idea de promoción da cultura, da lingua e do galeguismo, e o fomento de actividades culturais e científicas de carácter xeral relacionadas cos campos de traballo e as inquedanzas do escritor. O seu padroado está constituído por vinte e un membros, entre os que se encontran diversas institucións como a Consellería de Cultura, o Concello de Vigo, o Concello de Ourense, o Consello da Cultura Galega, a Real Academia Galega e a Fundación Penzol. No padroado están presentes empresas como Caixagalicia, Caixanova, La Voz de Galicia e Editorial Galaxia. Son membros do padroado con carácter vitalicio Kristina Berg, Xavier Casares Mouriño, Mercedes Casares Mouriño, H<kan Olof Roi Casares Berg e Lars Christian Casares Berg. O consello rexedor está integrado por Darío Villanueva, Manuel Rivas, Manuel...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e enxeñeiro técnico agrícola. Foi tenente alcalde e delegado de Promoción Económica no concello de Verín. No Parlamento galego, foi deputado do Partido Popular por Ourense na V (1997-2001) e VI (2001) lexislaturas e dirixiu a consellería de Agricultura ata xaneiro de 2001, ano en que, tralo caso das vacas tolas, presentou a súa dimisión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor e pintor. Coñecido como Pepe Galán, comezou a súa traxectoria como pintor, pero derivou cara á escultura na que tentou romper os límites da frontalidade que lle impoñía a pintura. Cultivou tamén o gravado e a serigrafía. A súa obra evolucionou dende a figuración ata a abstracción e a escultura conceptual. Foi cofundador de La Galga e Gruporzán. Traballou con distintos materiais mesturando o ferro con tecidos sobre os que incidía a luz e nos anos noventa comezou a empregar o aceiro. Entre as súas obras destacan A copa do Sol, no Parque Escultórico da Torre de Hércules, Vieiros de Seu, na praza de Santo Domingo de Lugo e a serie Fendas. A súa obra está, entre outras coleccións, no Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside e no Museo Municipal Bello Piñeiro de Ferrol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor. Licenciouse en Dereito en Madrid e doutorouse en Filosofía pola Universidade de Columbia. Foi un membro activo do Partido Nacionalista Vasco e viviu exiliado en Santo Domingo desde 1939. Entre as súas obras destacan La legislación penal en Vizcaya (1934), Los vascos en el Madrid sitiado (1945), Estampas de la guerra (1951) e La era de Trujillo (1956).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do län de Norrbotten, Suecia, ao SL de Kiruna (7.800 h [1980]). É un centro mineiro importante que explota xacementos de ferro de Malmberget e de Koskullskulle.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor italiano. Coñecido como Il Buranello, foi primeiro mestre de capela en San Marcos de Venecia e destacou como autor de música sacra, óperas, oratorios e sonatas para clavecín. Colaborador do libretista Carlo Goldoni, da súa produción destaca a ópera bufa Il filosofo di campagna (1754).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso e xornalista. Catedrático de Teoloxía Fundamental e Historia Eclesiástica do seminario de Tui e promotor do movemento social-católico en Galicia, empregou nos seus escritos o pseudónimo de Isaac Rego Arce. Colaborou inicialmente no Noticiero de Vigo, onde se amosou contrario ao socialismo. Amigo de Basilio Álvarez, na fase máis radical de Acción Gallega dedicouse a combatela. A través da dirección de La Voz del Condado (1913) promoveu a organización social e cooperativista identificada coa Igrexa católica. Posteriormente, dirixiu La Integridad (1914-1923). Publicou Marianismo (1915) e La prensa periódica, instrumento apologético (1916).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e estudoso da Historia. Tras licenciarse en Madrid, volveu a Ribadavia en 1942 para encargarse da loita contra a tuberculose na comarca do Ribeiro. A súa relación co grupo de intelectuais ourensáns levouno a interesarse pola historia de Galicia e do N de Portugal. Colaborou, entre outras publicacións, en Cuadernos de Estudios Gallegos, Zephyrus e Revista de Guimarães. Das súas obras destacan Catálogo de documentos reales de la Alta Edad Media referentes a Galicia, 714-1109 (1967) e Galicia y los gallegos en la Alta Edad Media (1975). Foi membro correspondente da Real Academia de la Historia (1962) e de número da Real Academia Galega (1967). Recibiu o Pedrón de Ouro e o título de socio das Sociedades de Língua Portuguesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro e profesor. En 1875 rematou a carreira de enxeñeiro de camiños, canais e portos e foi destinado a Gijón como director-xefe das obras do porto. En 1889 trasladouse, provisionalmente, a Pontevedra e, en 1890, foi destinado a Vigo como enxeñeiro civil do porto, onde recibiu (1892) a visita de Francisco Giner de los Ríos. Foi accionista e continuador das tarefas que desenvolvía súa nai, Concepción Arenal, na Institución Libre de Enseñanza, ademais de participar nas excursións instrutivas (1879-1880). Foi un dos impulsores da realización da primeira colonia escolar do Museo Pedagógico Nacional (1887). En 1890 consta como profesor de mecánica aplicada na Escola de Artes e Oficios de Vigo. Como director deste centro (1895-1901), proxectou o seu espírito institucionista e contribuíu á formación da clase obreira e elaborou un novo regulamento da escola. Os seus presupostos educativos (máis intuitivos e en contacto coa realidade) quedaron reflectidos no BILE (1892). Xunto con Fernando...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor de cine, televisión e dobraxe. Iniciou a súa carreira teatral coa Escola Dramática Galega, para despois participar como actor en diversos traballos da Compañía Luís Seoane, como A noite dourada de Mimí da Cora (1983) ou Fausto (1984), con dirección de Manuel Lourenzo. Tamén traballou con Teatro do Atlántico en Liberdade Brenana (1989) e Historia de Neera (1991), con dirección de Xulio Lago. Director de dobraxe, cunha ampla e dilatada experiencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Estudiou farmacia en Santiago de Compostela. Colaborador nos xornais El Cabe e El Valle de Lemos, publicou El bosque de la muerte (1881).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Titulouse na Escuela Superior de Arquitectura de Madrid (1952). As súas primeiras obras mostran a influencia do racionalismo, como o Panteón de los Españoles en Roma (1957). Traballou con J. A. Corrales e R. Vázquez Molezún. Entre as súas obras destacan o edificio de oficinas do Banco de Granada no Cantón Grande da Coruña (1979), o Auditorio Manuel de Falla de Granada (1974-1978) e o Auditorio Nacional de Madrid (1982-1988). Recibiu o Premio Nacional de Arquitectura en 1956 polo colexio maior Santo Tomás de Aquino da cidade universitaria de Madrid, realizado con R. de la Hoz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Presidiu o Patronato da Cultura Galega de Montevideo e foi director de Sempre en Galicia e colaborador do Diario Español de Montevideo. Prologou diversos libros e escribiu Unha historia de Carballo. Recibiu, entre outros galardóns, o Primeiro Premio das Festas de San Xoán de Carballo (1975), o Primeiro Premio de Narrativa Ciudad de Vigo (1977), o Primeiro Premio Xogos Frorais do Centro Galego de Montevideo (1979) e Honra á Galeguidade Alma Galega (1983) e a Vieira de Prata (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador de orixe descoñecida, segundo algúns investigadores, irmán de Martin Soarez. Desenvolveu a súa actividade artística na segunda metade do s XIII ou na primeira metade do s XIV. Consérvanse, da súa autoría, dúas cantigas de amigo “Madre, se meu amigo veesse” e “Filha, do voss’amigo m’é gran ben” (dialogada), recollidas no Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa e no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Debuxante e escritor. Coñecido como Xohán Ledo, traballou como ilustrador na editorial Galaxia en obras como Á lús do candil: contos a carón do lume, de Ánxel Fole (1953), As crónicas do Sochantre, de Álvaro Cunqueiro (1956), Maxina ou a filla espúrea, de M. Valladares (1970) e A outra banda do Iberr, de Xohana Torres (1965). Colaborou en Grial e Galicia Emigrante e, entre outras obras, en Pintura actual en Galicia (1951) e Maside: un pintor para unha terra (1979). Con A. Cunqueiro publicou Carlos Maside (1954) e foi autor de Index Indicente (1975). Traduciu ao galego Ricardo III (1998) e Xulio César (1998) de W. Shakespeare.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Colaborador de publicacións como Barbanza e A Motora, publicou Fuxida no solpor e 12 poemas (Premio do Certame Poético Domingo Antonio de Andrade, 1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e debuxante. Participou nos anos setenta no grupo SISGA. Colabororou, entre outras publicacións, en Tintimán, Valium 10, Das capital e Animal+. O álbum Papagayo Spray (1993), publicado por Frente Comixario recolle varios dos seus traballos, entre outros, Orgullo e Prexuicio en Manhattan.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Talo de millo verde.

    2. Feixe de liño tascado que se mete no corgo.

    VER O DETALLE DO TERMO