"CIO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4772.
-
PERSOEIRO
Pintor, escultor e teórico da arte. En Florencia formou parte do grupo dos macchiaioli, do que chegou a ser un dos seus teóricos. Realizou obras de pequeno formato nas que representou aspectos da vida cotiá. Na súa obra Notas críticas, defendeu a libre expresión do artista.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tendencia evolutiva dos animais a diferenciar unha rexión anterior do corpo na que se localizan as estruturas e funcións nerviosas, os órganos dos sentidos e os apéndices bucais, e que se converte no polo motor, sensitivo e nutritivo do animal. Implica a individualización dunha parte do corpo destinada a aloxar e protexer os centros nerviosos. Isto representa unha vantaxe para os organismos que se desprazan con este extremo por diante.
-
-
Acción de celebrar.
-
Termo que en retórica identifica unha fórmula fixada para a expresión do sentimento de alegría producido por algo ou alguén. Xeralmente, é unha manifestación colectiva e caracterízase polo emprego de marcas explícitas e mesmo institucionais como bendito, feliz, loado ou viva, e doutras menos evidentes (entoación ou exclamación).
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Edicións Celta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Editorial Céltiga.
-
-
Acción e efecto de cementar.
-
Proceso que consiste en modificar a composición e as propiedades da superficie dun metal por difusión dun elemento, coñecido como cemento, realizado a temperatura elevada, sen chegar á de fusión. O elemento incorpórase á rede cristalina do metal (substituíndo átomos do retículo) ou ben simplemente se insire nos intersticios da rede, cando os átomos introducidos son suficientemente pequenos (carbono, nitróxeno, etc). A cementación de aceiros pode ter por obxecto o endurecemento superficial (cementación por carbono, nitruración, carbonitruración, cromización e cementación electrolítica), o aumento da resistencia ao desgaste (cementación por xofre ou polo procedemento sulfinuz) ou ben a mellora da resistencia á corrosión (cementación con cromo, zinc, aluminio ou calorización). A cementación por carbono utilízase para endurecer a superficie de engrenaxes, árbores de levas, etc. O cemento empregado pode ser sólido (carbón vexetal, carbonato de bario), líquido (cianuros alcalinos fundidos...
-
Proceso de obtención dun metal por precipitación, a partir dunha solución dun dos seus sales, que se reduce a metal pola acción doutro metal quimicamente máis activo.
-
Proceso de diaxénese que transforma unha rocha sedimentaria inconsistente nunha compacta e dura que se solda por deposición de minerais (calcita, sílice, etc) nas fendas do material sedimentario solto.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tendencia a configurar o campo perceptivo ao redor dun punto onde se fixa a máxima atención.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo provincial dos antigos sindicatos verticais do Estado español, vixente entre 1938 e 1976.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento revolucionario que se produciu en España, principalmente en Catalunya, durante o verán e o outono de 1843. Tiña como obxectivo instaurar unha Xunta Central que democratizase o goberno e exercese a rexencia.
-
-
Acción e efecto de centralizar.
-
Estruturación da administración pública de forma que todas ou case todas as súas funcións se lle atribúan a unha organización unitaria, denominada normalmente administración central, cunha restrición correlativa das funcións atribuídas a outras organizacións separadas de orde local ou institucional.
-
Fenómeno fonético polo que unha articulación lateral se converte en central (por exemplo, o paso de [¥] a [j] do castelán).
-
-
-
Acción e efecto de centrifugar.
-
Procedemento mecánico de separación dos compoñentes dunha mestura, de densidades ou tamaños diferentes, efectuado por medio dunha centrífuga. Emprégase en diversas operacións industriais, como a clarificación, a filtración, a separación de fluídos non miscibles ou decantación forzada, a extracción e a escorredura. É a operación básica dos aparellos para escorrer roupa, industriais ou domésticos. No laboratorio, emprégase principalmente para acelerar a filtración.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político creado o 3 de marzo de 1931 para unificar a acción da Lliga Catalana e dos conservadores mauristas dentro do conxunto da política española. A organización prevista era similar á da Lliga Catalana: unha comisión de acción política, formada polos antigos ministros Francesc Cambó, Joan Ventosa, Gabriel Maura, Antonio Goicoechea, César Silió e Juan Armada, marqués de Figueroa. A proclamación da República (14.4.1931) e a creación da CEDA (Confederación Española de Derechas Autónomas), frustraron o partido, feito que constituíu o derradeiro intento da Lliga Regionalista para intervir na dirección da política española.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Centro arxentino relacionado co movemento artístico conceptual que acadou o seu desenvolvemento na década dos anos setenta. Especializado na teoría da arquitectura, o vídeo e as artes visuais, estivo dirixido por Jorge Clusberg e polo chamado Grupo de los Trece, representado entre outros polos artistas Bedel, Dujowny, Portillo e Romero.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Centro fundado no ano 1997 e dirixido por Mar Nogueira. Ten como obxectivos a reconstrución histórica de todas as actividades e espectáculos que realiza o IGAEM, a conservación do material e a creación dunha base documental. Entre as súas actividades tamén está a formación dunha biblioteca especializada de teatro, música e danza, destinada a arquivar tanto material escrito como gráfico e mesmo elementos visuais, como maquetas ou carteis.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo autónomo, adscrito ao ministerio da Presidencia, que realiza estudios de medición dos estados de opinión da sociedade española, principalmente a través de enquisas. Ten como antecedente o Instituto de la Opinión Pública (IOP), fundado en 1963, e a súa denominación oficial data de 1977.
-
VER O DETALLE DO TERMO
CESATEL.
-
VER O DETALLE DO TERMO
CESGA.
-
VER O DETALLE DO TERMO
CEGEBAD.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instituto creado en Trieste (Italia) en 1964 polo físico paquistaní Abdus Salam. Financiado polo goberno italiano, a UNESCO e a AIEA, organiza un gran número de cursos e seminarios de traballo de disciplinas físicas e matemáticas. Encárgase tamén da edición da revista científica ICTP Lecture Note Series. Outorga, anualmente, a medalla Dirac (dende 1985) e o premio ICTP (dende 1982) ambos os dous galardóns están dirixidos a científicos que realizan contribucións importantes para o desenvolvemento da física teórica e das matemáticas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo fundado en 1966 con sede na Ciudad de México. O seu obxectivo é orientar a investigación do millo, centrándose particularmente na produción de alimentos nos países que están en vías de desenvolvemento. Promove e coordina tests e intercambios de xermoplasmas.