"SS" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1221.
-
PERSOEIRO
Político e xurisconsulto. Foi membro do Partido Conservador e ministro de Fomento (1919). Non apoiou a Ditadura de Primo de Rivera, demandou a abdicación de Afonso XII e foi deputado nas Cortes Constituíntes da Segunda República (1931); ademais formou parte da comisión redactora do anteproxecto da nova constitución. Durante a Guerra Civil Española foi embaixador en Bruxelas, en París e en Bos Aires. No exilio, formou parte do goberno Giral como ministro sen carteira (1945-1947). Das súas obras destacan Historia del pensamiento político catalán durante la guerra de España con la República Francesa (1913) e Mis Memorias (1946). Foi presidente da Real Academia de Jurisprudencia y Legislación (1928-1929).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Realizador cinematográfico. Coñecido como Amando de Ossorio, comezou como xornalista en Madrid e interesouse tamén pola pintura, a escultura, a fotografía ou a literatura. Contactou co mundo do cine a través do produtor Pedro de Juan e do director ourensán A. Román. Da súa obra destacan as curtametraxes El misterio de la endemoniada (1942) e El último carnaval (1942), e os filmes La bandera negra (1956), dun estilo entre expresionista e surrealista filmado en branco e negro, Malenka, la sobrina del vampiro (1968), La noche del terror ciego (1971), El ataque de los muertos sin ojos (1973), La noche de las gaviotas (1975) e Serpiente de mar (1984).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Amando Ossorio Rodríguez.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución científica fundada en 1847 en Viena polo emperador Fernando I, que xa fora proxectada en 1676 por Leibniz. Ten 113 membros e consta de dúas seccións, unha de ciencias matemáticas e naturais e outra de historia e filosofía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Países Baixos (3.419 km2; 1.077.625 h [2000]). A súa capital é Zwolle.
-
VER O DETALLE DO TERMO
James Cleveland Owens.
-
PERSOEIRO
Político sueco, conde de Södermore. Ocupou a chancelaría desde 1611. Secundou a política expansionista de Gustavo Adolfo II de Suecia negociando as treguas de Knared con Dinamarca (1613), que puxo fin á guerra de Kalmar, á de Orga (1622) e á de Altmark con Polonia (1629). Durante o período sueco da Guerra dos Trinta Anos participou en operacións militares en Alemaña, e á morte de Gustavo Adolfo II de Suecia (1632) reorganizou e comandou a Liga protestante de Heilbronn (1633). As treguas de Brömsebro (1645) e Westfalia (1648), que puxeron fin á Guerra dos Trinta Anos, aumentaron a influencia sueca no Báltico.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político sueco, conde de Korsholm e Vasa. Negociou a Tregua de Oliva (1659-1660) e a Paz de Nimega (1678). Concertou cos Países Baixos o Tratado da Haia (1681) que cambiou a política de alianzas anteriores.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Formado con E. Morera, vinculouse aos intelectuais da Renaixença e foi un dos introdutores en España da música de R. Wagner e C. Debussy. Interesado polas innovacións internacionais, en 1937 marchou a Arxentina, onde realizou un destacado labor pedagóxico. Das súas obras destacan, ademais de diversos concertos sinfónicos e música de cámara, as óperas Gala Placidia (1903), Marianela (1921) e La princesa Margarida (1928).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sabio, ceramista e vidreiro francés. Realizou as vidreiras do castelo de Écouen (1544), e na corte interesouse pola cerámica esmaltada. Fixo covas rústicas de cerámica para o castelo de Ecouen e para as Tuilleries, cerámicas ornamentadas con baixorrelevos, arabescos e decoracións que imitan a escultura. Publicou Discours admirable de l’art de terre... (1580) e os Discours admirables de la nature des eaux et fontaines...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador. Fundador da etruscoloxía moderna, foi o artífice dunha prestixiosa escola de arqueoloxía e protohistoria na Universidade de Roma. Escribiu Etruscologia (1942).
VER O DETALLE DO TERMO -
DISTRITOS
Distrito de Mauricio (179 km2; 122.252 h [2000]). A súa capital é Pamplemousses.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Partido nacionalista negro da República Sudafricana que se formou en 1959 ao escindirse do Congreso Nacional Africano. Defensor do exclusivismo africano, foi ilegalizado en 1960. A partir de 1961 iniciou unha descontinua actividade armada contra o réxime branco desde as súas bases en Zambia e Tanzania.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa francesa dedicada á fabricación de automóbiles e vehículos militares, unha das máis antigas e importantes de Europa. Foi fundada polos enxeñeiros René Panhard e Emile Levassor en 1889. Fabricou o seu primeiro automóbil en 1891 e foi absorbida por Citroën en 1965.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pantalasa.
-
PERSOEIRO
Músico. Coñecido como Vangelis, comezou a súa carreira musical no grupo pop Formynx para logo pasar a formar parte de Aphrodite’s Child, xunto a Demis Roussos e Loukas Sideras. Xa en solitario, desenvolveu un estilo moi persoal e próximo á new age, feito que lle valeu o recoñecemento internacional. Os seus contactos co mundo do cine foron continuos, e destacou a súa participación en filmes como Chariots of Fire (1981, Oscar á mellor banda sonora orixinal), Blade Runner (1982), 1492: Conquest of Paradise (1992) e Alexandre (2004). Da súa discografía destacan Earth (1973), Direct (1988) e Mythodea (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas herbáceas, perennes, da familia das parnasiáceas, ao que pertence a especie P. palustris, que presenta as follas basais, ovadas, pecioladas coa flor cos pétalos de cor branca e con estaminodios escamiformes. Florece entre xuño e agosto nas zonas máis baixas de Galicia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de insectos lepidópteros, da familia dos papilionídeos, en que aparecen adultos con ás semitransparentes, brancas ou amareladas, con manchas vermellas ou negras, as antenas co extremo distal dilatado e amplo e o extremo do abdome das femias provisto dunha bolsa córnea. Habitan na alta montaña.
-
PERSOEIRO
Poeta. Licenciado en Historia da Arte, publicou numerosos estudos sobre pintores e artistas modernos e contemporáneos. A súa poesía evolucionou dun primitivo hermetismo a un posterior intimismo. Destacan as súas obras I giorni sensibili (1941), Per strade di bosco e di città (1954), L’apparenza non inganna (1966), Replay (1980), L’incertezza amorosa (1992), Ut pitura (1997) e Poesie (2000). Recibiu o premio de poesía Dino Campano 2001.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Danza do renacemento, probablemente de orixe italiana, de tempo binario e paso lento. Baséase en variacións escritas sobre un tema rítmico fixo de oito ou dezaseis compases.