"Sar" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 930.
-
-
Utilizar algo como compoñente.
-
Empregar algo para un propósito, normalmente para o que foi feito.
-
Obter beneficio de algo.
-
-
GALICIA
Historiador. Arquiveiro bibliotecario da Real Academia Galega desde 1907 e cronista da cidade da Coruña desde 1934, foi correspondente da Real Academia de la Historia e membro, entre outras asociacións, da Real Sociedad Geográfica e da Associação dos Arqueólogos Portugueses. Colaborador no Boletín da Real Academia Galega, foi o único redactor do Dicionario Gallego-Castellano, publicado pola RAG. Escribiu, entre outras obras, Gómez Pérez das Mariñas y sus descendientes: (Apuntes históricos y genealógicos) (1917), Un notable escudo de La Coruña (1922), D. Bermudo, Rey de Galicia (1924) e Bosquejo histórico de la muy noble y muy leal ciudad de La Coruña (1943).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta. Profesor na Oxford University, posteriormente traballou na ONU e foi director do servizo español de tradución da UNESCO. Como poeta deuse a coñecer co libro A modo de esperanza (1955, Premio Adonais 1954), onde xa se vislumbran os alicerces da súa poesía, unha poética metafísica emparentada coas formas puras, cunha grande esixencia verbal. Tematicamente, Galicia, e sobre todo Ourense, sempre estiveron moi presentes. Da súa obra, en que se manifesta a vangarda e a conciencia crítica da sociedade contemporánea, destacan os poemarios Poemas a Lázaro (1960, Premio de la Crítica Española), Breve son (1968), Interior con figuras (1976), Material memoria (1978), Sete cántigas de alén (1981), Mandorla (1982), El fulgor (1984), Cántigas de alén (1989), Al Dios del lugar (1989), No amanece el cantor (1992, Premio Nacional de Poesía 1993) e Fragmentos de un libro futuro (2000). Gran parte...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. En 1918 publicou o seu primeiro libro de poemas, Los heraldos negros, de influencia modernista, ao que seguiron o vangardista Trilce (1922), a novela El Tungsteno (1931) e o póstumo Los poemas humanos (1939).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo e xurista. De nome Lucilio Vanini, defendía unha relixión natural panteísta, de alcance universal, motivo polo cal foi procesado e condenado a morte.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor húngaro. Foi alumno da Bauhaus de Budapest (1928-1929). Estableceuse en París, onde a partir do estudo da obra de Kandinskij e de Mondrian comezou a crear o novo movemento, que proseguía a obra de Mondrian e de Malevič. Coa súa obra teórica e coa súa plástica cinética negou toda a pintura tradicional e renovou a arte actual.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador da arte, pintor e arquitecto. Instituíu a Academia del Disegno (1562) e, como pintor, decorou edificios relixiosos e civís (Palazzo Vecchio de Florencia), onde mostrou influencias de R. Fiorentino, Bronzino e sobre todo de Miguel Anxo, cuxas formas tamén son patentes nos seus proxectos arquitectónicos (Palazzo degli Uffizi de Florencia, 1560) e a quen exaltou en La vite dei più eccellenti pittori, scultori e architettori (1550).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pianista húngaro. Naturalizado suízo (1958), formouse en Budapest con Hernadi e Kodály, e especializouse en Chopin e Liszt.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e poeta. Foi un dos fundadores do Grupo Surrealista de Lisboa (1947). A súa obra caracterízase polo emprego das técnicas de automatismo psíquico, así como pola utilización da colaxe ou mesmo de obxectos tridimensionais nos seus lenzos. Destacan os Poemas-Obxectos. A súa poesía caracterízase pola aproximación humorística e ácida á realidade cotiá. Publicou Pena capital (1957) e Planisfério e outros poemas (1961). Tamén cultivou o ensaio en obras como Antologia surrealista do cadáver esquisito (1961) e Primavera Autónoma das Estradas (1980).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurisconsulto e político arxentino. Dirixente do partido unitario, opúxose á Ditadura de Rosas e tivo que exiliarse. De volta en Bos Aires (1852), foi senador e ministro de Finanzas, do Interior e de Xustiza. Foi autor do Código Civil arxentino (1869) e coautor do Código de Comercio (1869).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Liberado da retórica romántica, iniciou a poesía contemporánea portuguesa coa lírica de Baudelaire. A súa obra foi publicada en 1887 co título de O Livro de Cesário Verde.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ter como asunto o que se expresa. OBS: Úsase seguido da preposición sobre.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Labrar a terra de xeito que os terróns e a tona vaian para o fondo do rego.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Sarria baixo a advocación de san Salvador.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estela funeraria romana do s III atopada en Vilar de Sarria (Sarria), que contén dous relevos realizados nunha placa granítica rectangular. No anverso aparecen dúas figuras con roupaxes tipo toca, e no reverso represéntase unha escena marítima.
-
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Barcelona, Catalunya (7.904 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Barcelona, Catalunya (17.369 h [2001]). Destaca a floricultura, e os cultivos de hortalizas e patacas.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Málaga, Andalucía, situado en El Campo de Antequera (3.422 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
erificar un documento a autoridade competente, e poñerlle o visto e prace, o visado ou calquera outra dilixencia necesaria para que teña validez para un uso determinado.
-
PERSOEIRO
Duque de Savoia (Vítor Amadeu II, 1675-1730) e rei de Sicilia (Vítor Amadeu I, 1713-1718) e de Sardeña (1720-1730). Formou parte da Liga de Augsburgo contra Francia (1689) e opúxose a Francia na Guerra de Sucesión Española. Como consecuencia das paces de Utrecht (1713) e de Rastatt (1714) obtivo o reino de Sicilia, que cambiou en 1720 polo de Sardeña. Reformou a administración e as finanzas dos seus estados. En 1730 abdicou en favor do seu fillo Carlos Manuel III.
VER O DETALLE DO TERMO