"URA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1529.
-
CAPITAIS
Capital do mu Palatino; ḥ āfa Palatino; ẓ a de Al-Daqahlīya, Exipto, situada no brazo dereito do delta do Nilo (369.409 h [1996]). Posúe cultivos de algodón e industria téxtil e metalúrxica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Contusión leve que se produce por un golpe.
-
-
Coidado das mans e das uñas.
-
Operación ou proceso mediante o que se realiza o coidado das mans e das uñas.
-
-
-
Produto que resulta dun traballo manual.
-
Fábrica ou establecemento industrial.
-
Proceso de fabricación de bens.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fabricar unha cousa coas mans ou con axuda de maquinaria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Espacio pechado da mesquita próximo ao mi Palatino; ḥ rāb, que separaba o príncipe do resto dos fieis e ocultaba as mulleres. Destaca a da mesquita de Córdoba, con arcos polilobulados e tres cúpulas.
-
PERSOEIRO
Comerciante e armador. Estableceuse en Vigo en 1750 e dedicouse á compra e venda dos botíns acadados polos buques corsarios que abordaban aos británicos. Constituíu unha empresa navieira (1760) e construíu a primeira fábrica de salgadura de Galicia (1767?). En 1773 obtivo de Carlos III as primeiras concesións para comerciar coas Antillas. As súas boas relacións permitiron que en 1783 o porto de Vigo se abrise ao comercio con Montevideo e Bos Aires e, desde 1794, ao libre comercio con toda América. Rexedor de Vigo, promoveu a construción da igrexa parroquial de Santa María de Vigo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cultivo de plantas ou de animais mariños que se emprega como alimento ou para outros fins.
-
PERSOEIRO
Pintor xaponés. Foi o renovador da escola ukiyo-e. Traballou estampas en branco e negro, coloreadas a man, lacadas e impresas en cores con paisaxes e perspectivas, flores, paxaros e retratos de bustos. Destacan as estampas en cor de grandes dimensións e os seus álbums ilustrados Álbum da cortesana (1701) e Lenda de Genji (1707).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de Uttar Pradēsh, India, que está situada na beira do río Jamuna (226.850 h [1991]). É un centro de peregrinación budista e xainista pola suposta cidade natal de Krixna.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista e economista. Foi director xeral da Oficina de Cooperación Económica do Ministerio de Asuntos Exteriores (1988) e da Oficina de Asuntos Estadounidenses do Ministerio de Relacións Exteriores (1990). Foi embaixador de Xapón en Francia desde 1994, presidiu o comité do Patrimonio Mundial da UNESCO (1999) e foi elixido director xeral da UNESCO en 1999 por un período de seis anos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mártir, irmá xemelga de santa Bríxida de Irlanda. Viaxou a Roma coa súa irmá na procura do seu irmán e seguiron a peregrinación a Xerusalén. Á volta desembarcaron en Marsella e foron asasinadas por uns salteadores de camiños. As súas reliquias quedaron no actual Nogent porque as vacas que as transportaban pararon no lugar de forma súbita. A súa festividade celébrase o 28 de xaneiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nobre francesa. Célebre pola súa caridade, segundo a lenda a auga que serviu para lavar o seu cadáver transformouse en leite. A súa festividade celébrase o 21 de setembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e escritor, fillo de Antoni Maura i Montaner. Foi membro da Asamblea Nacional Consultiva de M. Primo de Rivera e ministro de Traballo e Prevención no goberno de Aznar (1931). Publicou os estudios históricos Historia crítica del reinado de Alfonso XIII durante su minoridad (1919), Bosquejo histórico de la ditadura (1930) e Vida y reino de Carlos II (1954). Foi membro da Real Academia de la Historia e da Real Academia Española.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e escritor, fillo de Antoni Maura i Montaner. Foi deputado por Renovavión Española pola provincia de Pontevedra en 1933 e un habitual comentarista político do diario ABC, desde onde combateu a república, a pesar de que o seu irmán Miguel era ministro da Segunda República Española. Escribiu Raquel (1928), La noche loca (1930) e Eva, indecisa (1932).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, fillo de Antoni Maura i Montaner. Deputado por Alacant (1916), defendeu a política maurista. A Ditadura de Primo de Rivera modificou as súas convicións monárquicas e formou parte do primeiro comité revolucionario republicano (1930). Detido despois da sublevación de Jaca, foi ministro da Gobernación do goberno provisional da Segunda República Española, entre abril e outubro de 1931. Tivo que exiliarse durante a Guerra Civil Española (1936-1939). Regresou en 1953 e escribiu Así cayó Alfonso XIII (1962).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Foi deputado liberal por Mallorca en 1881, co apoio do goberno liberal e dos sectores conservador e católico da illa. Como ministro de Ultramar (1892-1894) proxectou unha serie de reformas administrativas para Cuba e Filipinas nas que concedía unha certa autonomía para contrarrestar a insurrección, pero a protesta das Cortes obrigouno a dimitir. Ministro de Gracia e Xusticia (1894-1895) e da Gobernación (1902-1903), desde este cargo permitiu o triunfo electoral dos republicanos nas grandes cidades, asinou a constitución do Instituto de Reformas Sociais e lanzou o proxecto de reforma da administración local. Líder do Partido Conservador desde novembro de 1903, presidiu o goberno entre decembro de 1903 e decembro de 1904. No período 1907-1909 volveu á presidencia e conseguiu a aprobación do proxecto de reconstrución naval (1908), ao tempo que apoiou o caciquismo electoral e tentou impoñer unha lei especial contra o terrorismo. A extensión da oposición republicana despois dos feitos...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz cinematográfica. Debutou en 1969 co filme El Espíritu, de J. Tamariz, se ben non destacou ata que realizou con F. Colomo Tigres de papel (1977) e Qué hace una chica como tú en un sitio como este? (1978). Con Pedro Almodóvar participou en Pepi, Luci, Bom y otras chicas del montón (1980), Qué he hecho yo para merecer esto? (1984), La ley del deseo (1987) e Mujeres al borde de un ataque de nervios (1988, Premio Goya 1989). Interveu en Ay Carmela! (1990, Premio Goya 1991), Cómo ser mujer y no morir en el intento (1991), La Comunidad (2000, Premio Goya 2001), 800 Balas (2002) e 25 degrés en hiver (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bailarina. Coñecida como Rosita Mauri, foi primeira bailarina do Liceu de Barcelona (1873-1877). Converteuse na estrela da Opéra de París e protagonizou os ballets Polyeute, de Gounod (1878); La Korrigane, de Widor (1880); e Les deux pigeons, de Messager (1886).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo que procede do nome persoal romano Maurus, alcume étnico co significado de ‘mouro, de Mauritania’, que quizais procede dunha antiga lingua indíxena africana. O lendario monxe bieito san Mauro (512-584) celébrase o 15 de xaneiro, santa Maura de Nogent-les- -Vierges o 28 de xaneiro, santa Maura de Troyes (s IX) o 21 de setembro e a virxe e mártir santa Maura de Ravenna (s III) o 13 de febreiro.