"INE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1570.

  • PERSOEIRO

    Política arxentina. Coñecida como Isabelita, en 1961 casou en Madrid con J. D. Perón. En 1973, cando este recuperou a presidencia de Arxentina, foi nomeada vicepresidenta (1973) e presidenta trala morte do seu marido en 1974, cargo que ocupou ata 1976, por mor dun golpe de estado militar. Exiliouse a España en 1981 e coa volta da democracia a Arxentina mantivo a presidencia dos peronistas ata 1985.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lexicógrafo e bibliólogo. De formación autodidacta, ten numerosos traballos sobre gramática, ortografía, lexicografía e técnicas editoriais. É autor de Dicionario de tipografía y del libro (1974), Dudas y errores del lenguaje (1974), Dicionario general del periodismo (1981), Dicionario de ortografía (1985), Dicionario de bibliología y ciencias afines (1989), Dicionario de lexicografía práctica (1995), Dicionario de edición, tipografía y artes gráficas (2001) e Libro de estilo Vocento (2003). Foi presidente de honra do Comité Español da Asociación Internacional de Bibliología (1991-1997 e 1998-2000) e presidente da Asociación Española de Bibliología (1997-2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Incorporou á literatura castelá un extenso vocabulario de lingua popular e coloquial, antecedente da linguaxe de La Celestina. Da súa produción destacan Corbacho o Reprobación del amor mundano, de carácter satírico, Vidas de San Ildefonso y San Isidro, Atalaya de las Crónicas, de tipo histórico, e a obra menor Vencimiento del mundo. Así mesmo, fixo a tradución do Libro de la perdurable virginidad de Santa María, obra de San Ildefonso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia burguesa que exerceu o control sobre os territorios de Santiago de Compostela nos ss XIII-XIV. O primeiro membro coñecido da familia é o prestamista Pedro Martínez de Tudela (s XII). Martiño Pérez de Tudela, fillo do anterior e alcalde da cidade (1219-1237), relacionouse coas autoridades eclesiásticas e foi testemuña na firma de documentos importantes. Martiño Xulián de Tudela formou outra rama familiar e puido ser o representante da burguesía compostelá ante a Corte. Xulián Martínez de Tudela , fillo do anterior, foi cabaleiro e trobador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xurista. Foi deputado polo distrito de Mondoñedo (1916-1919) e pola provincia de Burgos durante tres lexislaturas. Organizou o Partido Agrario, foi nomeado alcalde de Madrid, así como ministro de Agricultura, Industria e Comercio (1935) e de Estado (1935).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarina. Coñecida como Alicia Alonso, en 1938 debutou en Broadway en diversos musicais, como Great Lady e Star in your eyes. En 1940 incorporouse ao Ballet Theatre of New York, co que lanzou a súa carreira e traballou con importantes personalidades da danza como Mijail Fokine, Leónide Massine ou Bronislava Nijinska. En 1948 fundou en La Habana o Ballet Alicia Alonso, que en 1959 tomou o nome de Ballet Nacional de Cuba, do que foi a directora e prima ballerina assoluta. Recibiu a Encomienda de la Orden de Isabel la Católica (1993), a medalla de ouro do Círculo de Bellas Artes de Madrid (1998), a Medalla Pablo Picasso da UNESCO (1999) e o Premio Benois da Danza (2000). En 2002 foi nomeada embaixadora da República de Cuba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor barroco. Discípulo e xenro de Velázquez, a súa obra foi habitualmente atribuída, de maneira errónea, ao seu mestre, con quen colaborou en obras como Retrato de la familia de Velázquez (1664?). Foi pintor de cámara (1660) e realizou copias de obras de Rubens e Tiziano, vistas de cidades e paisaxes e retratos. Da súa obra destacan Vista de Pamplona (1647?), El arco de Tito (1657?) e El Estanque del Buen Retiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Foi tenente xeneral do exército do Aire (1985), membro do Estado Maior do Aire e capitán da 3ª Rexión Aérea. Dirixiu o libro Galicia desde el aire (1985) e iniciou os servicios de transporte de órganos para transplantes. Recibiu a Encomienda de Carlos III e a Gran Cruz de San Hermenegildo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político, VII marqués de Valladares. Foi elixido deputado polo Reino de Galicia (1820-1821) e pola provincia de Ourense (1834-1836), cargo desde onde defendeu a capitalidade de Vigo. Senador pola provincia de Lugo (1840-1841) e por designación real (1846-1847), foi gobernador e presidente da Deputación Provincial de Pontevedra (1836) e alcalde de Vigo (1843-1844).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. De estilo manierista, traballou no retablo da capela de Nosa Señora das Neves, na catedral de Ourense (1595). Destacan as representacións do apostolado e a dos catro sentidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e xornalista. Da súa produción destaca La resistencia gallega. Discurso acerca del movimiento de protesta a que dio origen el proyecto de supresión de la Capitanía General de Galicia (1893).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Cultivou a poesía lírica, en galego e en castelán. Obtivo premios en diferentes certames, dos que destaca o premio de honra pola composición “A Mondoñedo” (1895).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor. Comezou na interpretación como actor de dobraxe e debutou como actor secundario no filme Héroes del 95 (1946). Traballou en producións hispano-italianas das décadas de 1960 e 1970, para logo participar en filmes de terror do director Jess Franco, como La tumba de los muertos vivientes (1980) e Bangkok, cita con la muerte (1985). Tamén traballou nas series televisivas Los gozos y las sombras (1981) e Tristeza de amor (1986).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Coñecido como Ángel de la Vega, A Mar ou O Marqués da Piringalla, traballou desde 1958 no xornal El Progreso, onde foi redactor xefe (1970-1995). Fundador e director do semanario El Heraldo de Vivero, en 1962 fundou Hoja del Lunes de Lugo, da que foi redactor xefe e director (1963) ata o seu cesamento (1987). Correspondente en Lugo das axencias Logos e Europa Press, publicou a guía Friol (1990), La Garra: zarpazos del año 2000 (1999) e Ánxel Fole: 101 anécdotas (2003). Obtivo o Premio del Concurso de Reportajes Periodísticos de Lotería Nacional (1964), foi nomeado Lucense do Ano (1995) e obtivo a insignia de ouro da Asociación da Prensa lucense (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeólogo. A súa actividade investigadora centrouse no estudo da evolución dos terreos metamórficos da antiga cordilleira herciniana nas áreas de Galicia e Castela e colaborou na elaboración de diversos mapas xeolóxicos a escala 1:50.000 e 1:200.000 de Asturias, Castela, Catalunya e Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Directora teatral. Entre 1980 e 1997 coordinou o Taller de Teatro Clámide, co que realizou un importante labor de animación e divulgación teatral en Vilagarcía de Arousa e a súa comarca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso mercedario. Foi cóengo da diocese de Iria e bispo de Málaga (1825-1827). Opúxose aos afrancesados durante a Guerra da Independencia (1808-1814) e durante o Trienio Constitucional (1820-1823) foi desterrado a Segovia. Escribiu Los famosos traidores e Sermón que a la publicación de la Bula de la Cruzada dixo en la Iglesia Catedral de Segovia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor e director teatral. Traballou no grupo O Facho e, en 1983, fundou Danthea Teatro, compañía en que dirixiu as súas producións A máis forte (1985), Sobre o tabaco (1985) e Peluquillas Mangariñas II (1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e industrial. De ideas socialistas, foi o derradeiro alcalde republicano da cidade de Vigo. Apresado na súa casa, foi sometido a un xuízo e fusilado xunto con outras autoridades e dirixentes republicanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista. Profesor de Dereito do Traballo na Universidade da Coruña, escribiu El Despido en el derecho de los Estados Unidos (1988), El Empresario aparente (1992) e Los Pleitos de derecho privado sobre esclavitud ultramarina en la jurisprudencia del Tribunal Supremo (1857-1891) (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO