"RAF" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 981.

    1. Arte de deseñar, compoñer e imprimir textos mediante tipos móbiles. Desde o punto de vista do deseño, a tipografía distínguese do grafismo tanto pola limitación dos seus medios como pola súa “neutralidade” respecto ao texto; mentres que o grafismo reforza o impacto psicolóxico do texto mediante unha gama moi variada de recursos, a tipografía limítase a vehiculalo dunha maneira totalmente imparcial. O libro é por excelencia o obxecto de deseño tipográfico. No que respecta á composición, existen dúas grandes estéticas tipográficas: a simétrica clásica, desde os primeiros tempos da imprenta, e a asimétrica, que naceu cara a 1890-1905 co movemento da Freie Richtung, modernista e desenvolvida principalmente a partir dos experimentos do Baubaus alemán, cuxo primeiro texto doutrinal importante foi o Elementare Typographie, de J. Tscnicnoid (Leipzig 1925). Tres tradicións de escritura contribuíron a elaborar os tipos de imprenta do alfabeto latino: a letra gótica, a humanística e a capital...

      1. Procedemento de impresión con formas que conteñen, en relevo, os tipos e os gravados que, despois de tintados, son aplicados a presión sobre o papel. As operacións da impresión topográfica son: a composición, manual ou mecánica, a tirada de probas, a corrección de probas, a corrección tipográfica, a obtención de clixés para fotogravado, a compaxinación, a imposición da forma, a tirada de segundas probas, a segunda corrección tipográfica, a regulación da tintada e a tirada.

      2. Taller onde se imprime por tipografía.

      3. Taller onde se fan traballos de imprenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á tipografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que se encarga de corrixir ou compoñer os textos antes da impresión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento que trata a combinación da tipografía e litografía e aplícase normalmente a tiradas de impresos pequenos, por exemplo etiquetas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parafuso groso coa cabeza de aresta que serve para fixar á madeira pezas de metal.

    2. Ferramenta en forma de gancho que os toneleiros utilizan para poñer o fondo do tonel no seu lugar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Descrición e estudo dos partos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Catedrático de Pediatría da Universidade de Santiago de Compostela, foi membro fundador da Fundación Española de Nutrición e membro da Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia. Investigou a nutrición relacionada co metabolismo, a obesidade, o crecemento e o risco de ateroxénese. Escribiu Medicina escolar: manual de reconocimiento médico escolar (1984) e Tratado de nutrición pediátrica (2000). Recibiu o Premio Suárez Perdiguero de investigación en nutrición infantil (1980) e o Premio Sarmiento de investigación científica (1983).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Técnica radiolóxica en que se obteñen imaxes que existen nun plano determinado. A súa finalidade é mostrar os detalles nese plano do corpo e prescinden das imaxes das estruturas noutros planos.

    2. Técnica que se basea na imaxinaría electrónica, non óptica, mediante a que se poden obter imaxes radiográficas de calquera sección plana do corpo humano. O procedemento consiste en facer pasar a través do corpo do paciente un feixe de raios X que son recollidos por unha serie de captadores electrónicos que están situados na outra banda do corpo. A intensidade do raio recibido polos captadores, que dependen da densidade dos tecidos que atravesan, xera unha corrente eléctrica proporcional a esta que é diferente para cada posición do emisor. Esta información é sintetizada por un ordenador que proporciona directamente unha imaxe sobre a pantalla dun monitor de televisión, pero tamén pode ser fixada, se convén, sobre película fotográfica.

    3. Técnica de diagnose que se basea na imaxinaría electrónica, non óptica, mediante a que se poden obter imaxes de seccións tomográficas do organismo utilizando moléculas radioactivas que emiten positróns. A TEP posibilita a realización de estudos funcionais, coa obtención de imaxes de actividade fisiolóxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato de raios X que serve para realizar tomografías.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Técnica que determina a forma e as dimensións dun terreo ou lugar da superficie terrestre para representar graficamente as súas características físicas. Así, elabóranse os mapas topográficos,represetacións gráficas das características físicas da superficie, que se denominan planos topográficos se o terreo representado é de pouca extensión. As súas principais aplicacións son a navegación, tanto marítima como aérea, a construción de canais e estradas, as operacións militares, a determinación das superficies agrarias ou o catastro. Unha das súas operacións fundamentais é o levantamento topográfico, co que se determina a posición relativa dunha serie de puntos do terreo, escollidos previamente, e, dunha maneira xeral, consta de dúas fases: unha que serve para determinar a proxección horizontal dos puntos escollidos sobre un plano de referencia (ademais doutros puntos de referencia dunha rede xeodésica), levantamento planimétrico, e outra, que determina a...

    2. Descrición dunha parte ou dunha rexión anatómica determinada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á topografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Especialista en topografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Formouse na Escuela Superior de Dibujo y Pintura de Madrid e con Arturo Mélide, con quen colaborou no mausoleo de Cristovo Colón na catedral de Sevilla. En 1900 obtivo a cátedra de Debuxo e trasladouse ao instituto masculino de Santiago de Compostela. Foi profesor da Escola de Artes e Oficios desde 1902 e escultor anatómico da facultade de Medicina da universidade compostelá desde 1904. A súa obra é ecléctica, fundamentalmente obras relixiosas e funerarias, e modernista, con obras decorativas. Destacan as portas da entrada principal de San Francisco el Grande de Madrid con A. Varela, a estatua xacente de Alfredo Brañas no Panteón de Galegos Ilustres de San Domingos de Bonaval, os soportais e a antiga sala da casa de Teléfonos na rúa do Franco, o Santo Cristo dos Aflixidos de Bouzas (Vigo), diversos panteóns en Vigo e os retablos da capela do Rosario en San Domingos de Bonaval e de San Fernando na catedral de Santiago de Compostela. Obtivo, entre outros galardóns,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CABOS

    Cabo da Península Ibérica, situado na costa atlántica do municipio de Barbate, na provincia de Cádiz, Andalucía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Loita naval entre a frota británica e unha coalición francoespañola, que tivo lugar o 21 de outubro de 1805 preto do cabo de Trafalgar (Cádiz) durante a terceira coalición contra Francia. Dirixía a frota inglesa o almirante Nelson, e a francoespañola o almirante francés Pierre Charles de Villeneuve e o español Federico Carlos Gravina. A vitoria dos ingleses foi total, o que lle deu a Inglaterra a preponderancia marítima europea ata a Segunda Guerra Mundial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que trafica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comerciar de maneira ilegal.

    VER O DETALLE DO TERMO