"RC" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2791.
-
PERSOEIRO
Rei de Dinamarca (1863-1906). Sucesor de Federico VII, foi aceptado polas potencias europeas reunidas en Londres. Intentou recobrar os condados de Schleswig e Holstein, pero tivo que ceder ante Austria e Prusia. Emparentou con diversas casas reinantes en Europa grazas á política matrimonial dos seus fillos: Alexandra casou co futuro Enrique VII de Inglaterra, Dagmar co futuro Zar Alexandre III e o seu fillo Xurxo foi elixido rei de Grecia en 1860.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Dinamarca e Noruega (1670-1699), fillo de Federico III. Deixou os asuntos de goberno nas mans de estranxeiros, entre os que destacou Pedro Griffenfeld. Atacou Suecia (1675-1679) ata que, vencido, tivo que asinar a Paz de Fontainebleau.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Dinamarca e Noruega (1730-1746), fillo de Federico IV. Durante o seu reinado fomentou o desenvolvemento comercial.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Dinamarca e Noruega (1766-1808). Sucesor do seu pai Federico V, abandonou o goberno nas mans de diversos conselleiros por mor das súas enfermidades e desequilibrios mentais. En 1784 sucedeuno na rexencia o seu fillo Federico VI.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Dinamarca (1839-1848) e Noruega (1813). Sucesor de Federico VI, o seu reinado caracterizouse polo reformismo. Declarou unidos os ducados de Schleswig e Holstein de xeito indisoluble a Dinamarca. Foi rei de Noruega ata que a Asemblea lexislativa nomeou rei a Carlos XIII.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Dinamarca (1912-1947) e Islandia (1918-1944). Sucesor do seu pai, Federico VIII, mantivo neutral a Dinamarca durante a Primeira Guerra Mundial. En 1915 asinou unha nova Constitución na que se ampliaba o sufraxio ás mulleres. En 1918, Islandia conseguiu a autonomía, pero mantívose unida na persoa do rei ata 1944. No ano 1940 resistiu a invasión alemá e considerouse prisioneiro ata que se restableceu o réxime democrático en 1945.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Dinamarca (1252-1259). Gobernador das illas Falsten e Lealand, foi nomeado rei trala morte dos seus irmáns Abel e Erik. O seu reinado caracterizouse polo enfrontamento cos bispos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Dinamarca (1320-1326 e 1330-1332) e duque de Estonia (1303). Sucedeu ao seu irmán Erik IV, logo de destronalo e pactar cos bispos e cos nobres o mantemento das súas liberdades. Ao non respectar os acordos, os nobres destronárono en 1326 e instauraron no trono a Valdemar III. No 1330 recuperou a coroa, aínda que a nobreza volveu derrocalo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Dinamarca (1440-1448), de Suecia (1441-1448) e de Noruega (1442-1448). Sucesor en Dinarmarca de Erik de Pomerania, fomentou o comercio interior e exterior e loitou contra a Liga Hanseática. Promoveu un goberno autóctono en cada reino.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista inglés. Exerceu como médico ata 1930. A súa obra tivo gran difusión entre os anos 1940 e 1950 cando se levou ao cine. Entre os seus libros destacan Hatter’s Castle (O castelo do odio, 1931), The Citadel (A cidadela, 1937) e The Keys of the Kingdom (As chaves do reino, 1941).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador da arte, diplomático e xornalista. Foi correspondente na Guerra de Crimea. En 1874 coñeceu a Giovanni Battista Cavalcaselle, con quen desenvolveu o seu traballo de historiador. Entre as súas obras destacan A new history of painting in Italy (Unha nova historia da pintura en Italia, 1864-1866) e Raphael: his life and works (Rafael: a súa vida e traballos, 1882).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte que serve de límite ás parroquias (e concellos) de Serres (Muros) e Lira (Carnota). O seu cumio acada os 354 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que contén cuarzo.
-
Formado principalmente de cuarzo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rocha metamórfica formada principalmente por cuarzo, con pequenas cantidades de materiais pesados, como a magnetita, a ilmenita e o rutilo, e outros, como a mica e a clorita, como consecuencia do metamorfismo de minerais arxilosos que puidese haber no material de partida. De gran fino ou medio e homoxéneo, presenta unha aparencia moi clara, aínda que dependendo da proporción dos outros minerais, pode variar dende o branco ata o gris escuro, verde se presenta clorita ou vermello se ten óxidos de ferro. É común en forma de cantos dos sedimentos fluviais. Emprégase como material de construción ou na pavimentación e como material refractario. Coñécense materiais arqueolóxicos de cuarcita con forma de puntas de frecha.
-
PERSOEIRO
Valido de Enrique IV de Castela. Obtivo os títulos de conde de Ledesma (1462), mestre de Santiago (1464) e duque de Alburquerque (1464). Os rumores atribuíronlle unha relación coa Raíña Xoana de Portugal e a paternidade da infanta Xoana a Beltranexa.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Málaga, Andalucía, drenado polo río Genil, no límite con Córdoba (4.079 h [1996]). A base da súa economía é a agricultura, na que destacan os cultivos de cereais e hortalizas.
VER O DETALLE DO TERMO -
DEPARTAMENTOS
Departamento de Colombia (22.623 km2; 1.975.564 h [estim 1997]). A capital é Santa Fe de Bogotá. Ocupa a vertente occidental da cordilleira dos Andes e o altiplano que se estende ao seu pé ata a Cordillera Central. Os chibchas habitaron este territorio na época precolombina. En 1536, Jiménez de Quesada matou o derradeiro zipa chibcha, Tziquesuna, e fundou Santa Fe. Foi o centro político de Nueva Granada. En 1857, a loita civil entre federais e centralistas desembocou na constitución do estado federal de Cundinamarca (Bogotá, Cundinamarca, Tequendama e Zipaquirá). A partir de 1886 converteuse en departamento.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bailarín e coreógrafo. Desenvolveu un importante labor de renovación e investigación na danza contemporánea. Comezou a súa carreira na Martha Graham Dance Company, participando en espectáculos como Every Soul is a Circus (1939), Letter to the World (1940) ou Appalachian Spring (1944). Posteriormente, iniciou traballos moito máis experimentais en colaboración co compositor John Cage ou con Robert Rauschenberg, os promotores dun novo tipo de espectáculo, o happening, que consistía nunha acción escénica en que se integraban as máis diversas linguaxes. En colaboración con Cage, desenvolveu unha nova forma de relación entre o movemento e a música ao romper coa tradicional dependencia que se establecera entre ambas as linguaxes.
VER O DETALLE DO TERMO
En 1953 creou a Merce Cunningham Dance Company, coa que realizou un numeroso e moi heteroxéneo conxunto de espectáculos... -
PERSOEIRO
Historiador latino. Escribiu a Historiae Alexandri Magni Macedonis (A historia do macedonio Alexandre Magno), obra en dez volumes dos que se perderon os dous primeiros. Malia o seu pouco rigor histórico e crítico, presenta un gran sentido dramático e manifesta a influencia de Séneca. Durante a Idade Media tivo unha gran difusión.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Activista político italiano. Estudiou socioloxía na Universidade de Trento. Pertenceu á Sinistra Proletaria e en 1970 converteuse en ideólogo e fundador das Brigate Rosse. En 1974 foi detido, acusado de roubo, de homicidio frustrado e de pertencer a banda armada. Liberado en 1975, foi novamente detido en 1976 e encarcerado ata 1998.
VER O DETALLE DO TERMO