"SS" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1221.

  • PERSOEIRO

    Xeógrafo alemán. Abandonou os estudos de medicina e dedicouse aos estudos xeográficos, en particular á xeomorfoloxía. Foi profesor de xeografía na Universidade de Hamburgo. Realizou viaxes de estudo aos continentes africano -deserto de Kalahari- e americano, e interesouse pola influencia das variacións climáticas na evolución do relevo. Destacan as súas obras Adamaoua (1895), Die Kalahari (1904) e Die Grundlagen der Landschaftskunde (Os fundamentos das paisaxes xeográficas, 1919-1920).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador italiano. Documentado en Roma en 1551, traballou con T. Zuccari e destacou como retratista. En 1565 volveu a Boloña, onde dirixiu unha escola e fixo Madonna col bambino e santi (1565) e Presentazione di Gesú al tempio (1583), obras onde combinou o academicismo romano con elementos naturalistas. Cultivou tamén a pintura de xénero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratado que asinaron Austria, Venecia e Turquía en xullo de 1718 para rematar a guerra iniciada en 1715 entre as dúas primeiras potencias e a última, derrotada en Belgrado. Os turcos cederon Temesvár e parte de Valaquia, Serbia e Austria, e conseguiron Morea, de Venecia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Baviera, Alemaña, na confluencia do Danubio co Inn (49.900 h [1990]). Cidade fronteiriza entre Austria e Alemaña, en 1552 o elector Mauricio de Saxonia e o Emperador Carlos V asinaron nela o Tratado de Passau, que concedía liberdade relixiosa a todos os que profesaban a Confesión de Augsburgo. Este tratado foi tomado como un termo a quo para a Paz de Augsburgo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Danza instrumental viva e lixeira, de compás ternario (3/8). Na suite instrumental adoita figurar entre a zarabanda e a xiga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves paseriformes, da familia dos paséridos, ao que pertencen os gorrións. O corpo é de pequeno tamaño, a plumaxe parda e o peteiro cónico, e viven nas proximidades dos asentamentos humanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Pertencente ao novo cine checo, fuxiu a EE UU en 1969. As súas películas tiveron unha boa acollida entre a crítica, pero non lograron un éxito de público. Destacan os seus filmes Intimni Osvetleni (Iluminación íntima, 1968), Born to Win (1970), Cutter and Bone (1981), Haunted Summer (1988), The Wishing Tree (1999) e The Nomad (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Membro da Accademia dei Trasformati de Milán, escribiu Rime giocose, satiriche e morali (1776), Favole esopiane (1779) e a súa obra máis importante, o poema Cicerone (1774).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Indicación nas citacións e notas de libros de que unha noticia, unha frase ou unha palabra á que se fai referencia aparece en diversos lugares da obra citada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Golpe lateral de drive ou de revés que consiste en pasar a pelota pegada a unha das bandas laterais da pista de tenis e así superar o xogador que subiu á rede.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Rio Grande do Sul, Brasil, situada na vertente setentrional da serra Geral (135.158 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Burkina Faso (4.078 km2; 271.216 h [estim 1997]). A súa capital é Yako (14.171 h [1985]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e economista. Pioneiro da moderna teoría do dereito humanitario, defendeu un liberalismo clásico. Opúxose á Guerra de Crimea (1853-1856) e en 1867 fundou a Liga Internacional da Paz. Escribiu Mélanges économiques (1857), Les Machines et leur influence sur le développement de l’humanité (1866) e L’Histoire du travail (1873). Recibiu o Premio Nobel da Paz (1901), xunto con Jean Henri Dunant.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político boliviano. En 1941 fundou o Movimiento Nacional Revolucionario. Gañou as eleccións presidenciais (1951), pero a oposición dereitista fíxoo recorrer a un alzamento popular (1952) que o mantivo no poder ata 1956. Reelixido (1960), foi deposto polos militares e expulsado do país (1964). Permaneceu na oposición durante o goberno de H. Siles Zuazo ata que ocupou de novo a presidencia (1985-1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Insurrecto. Coñecido como Balilla, atribuíuselle a insurrección xenovesa (1746) que conseguiu expulsar as tropas austríacas invasoras da cidade e de Liguria durante a Guerra de Sucesión de Austria. Deu nome á organización fascista Opera Nazionale Balilla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Figura destacada da súa xeración, da súa obra, dotada dun estilo imaxinativo e poético, destacan as novelas Los museos abandonados (1974), Babel bárbara (1991, Premio Ciutat de Barcelona 1992), La última noche de Dostoievski (1992) e La semana más maravillosa de nuestras vidas (2002); o libro de relatos Una pasión prohibida (1986); o volume de contos Cosmogonías (1988) e os libros poéticos Descripción de un naufragio (1975), Diáspora (1976) e Estado de exilio (2003, XVIII Premio Internacional de Poesía Rafael Alberti).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Isabella Augusta Gregory.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político sueco. En 1971 foi nomeado secretario das Xuventudes Socialistas e deputado entre 1979 e 1984. Foi ministro de Educación (1989-1991) e ministro de Economía (1994-1996). Desde 1996 é o primeiro ministro sueco e líder do Socialdemokratiska Arbetarepartiet (Partido Socialdemócrata dos Traballadores Suecos, SAP).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito unitario de Escocia, Reino Unido (5.311 km2; 133.620 h [estim 2000]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político italiano. En 1918 afiliouse ao Partito Socialista Italiano (PSI). Antifascista destacado, foi detido (1926 e 1928-1935), expulsado do país (1926-1928) e confinado nun campo de traballo (1935-1943), polo réxime de B. Mussolini. Foi deputado desde 1948 e presidiu a Camera dei Deputati (1968-1976). Exerceu como presidente da República (1978-1985), combateu a corrupción dentro do seu propio partido e foi un gran defensor da democracia.

    VER O DETALLE DO TERMO