"Sar" (Contén)

Mostrando 10 resultados de 930.

  • PERSOEIRO

    Rei de Sardeña (1773-1796) e duque de Savoia (Vítor Amadeo III: 1773-1792), fillo e sucesor de Carlos Manuel III. Durante a Revolución Francesa cortou as relacións con Francia, que ocupou Savoia e o condado de Niza (1792). Vencido por Napoleón (1796), renunciou ao reino polo Tratado de París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Sardeña (1802-1821), fillo de Vítor Amadeo II, portou o título de duque de Aosta. Accedeu ao trono tras a abdicación do seu irmán Carlos Manuel IV. Opúxose a Napoleón e retirouse a Cagliari. En 1815 recuperou os estados peninsulares. O seu intento de restaurar o absolutismo provocou un motín dos carbonarios e abdicou en favor do seu irmán Carlos Félix I.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Vítor Manuel II de Italia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pobo e chaira moi fértil de Palestina, situados no NO do lago de Galilea ou de Tiberíades, que tamén recibe este nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral romano, fillo de Druso e sobriño do Emperador Tiberio, que o adoptou (4 d C). Foi cónsul (12) e en dúas ocasións imperator. Destacado xeneral e moi popular en Roma, realizou vitoriosas campañas no Rin e venceu a Arminio. Obtivo un triunfo en Roma (17), e despois foi enviado polo emperador a Oriente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arte de traballar o xeso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e guionista cinematográfico italiano. Artífice intelectual do neorrealismo, foi colaborador habitual de Vittorio de Sica, e autor do guión de Ladri di biciclette (1948), Umberto D (1952), Stazione Termini (1953), La ciociara (1960) ou Il giardino dei Finzi Contini (1970).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político, II marqués de Valero e I duque de Arión (1725). Foi vicerrei de Sardeña (1704-1706) ao servizo de Filipe V, a favor do que loitou durante a Guerra de Sucesión. Acabada esta, foi recompensado co cargo de vicerrei de Nova España (1716-1722). Volvendo á Península Ibérica, foi presidente do Consello de Indias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor exipcio. Autor de novelas sociais como Al-Ard (A terra, 1954) e Muammad rasūl al-hurriyya (Mahoma, apóstolo da liberdade, 1962), obra que desencadeou un grande escándalo político-relixioso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta persa. Fíxose famoso co poema áulico “Mihr Muštari” (1377).

    VER O DETALLE DO TERMO