"Uri" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 983.
-
PERSOEIRO
Político e avogado. Presidente de Colombia desde 2002, foi secretario xeral do ministerio de Trabajo (1978), director da Aeronáutica Civil (1980-1982), alcalde de Medellín (1982), gobernador de Antioquía (1995-1997), onde puxo en práctica o modelo de estado comunitario, que defendía a participación cidadá nas decisións fundamentais do estado, e senador (1986-1990 e 1990-1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Concentración de ácido úrico no sangue.
-
-
Relativo ou pertencente á urina.
-
-
Relativo ou pertencente á urea ou ao ácido úrico.
-
ácido úrico [2,6,8-trihidroxipurina: C 5 H 4 O 3 N 4 ]
Produto final do metabolismo da purina no home e noutros vertebrados. Tamén se denomina ácido lítico.
-
-
-
-
Que promove a eliminación urinaria do ácido úrico.
-
Axente que provoca un aumento da excreción renal de ácido úrico ao diminuír a súa reabsorción no túbulo proximal.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao animal que excreta ácido úrico como principal produto da degradación dos aminoácidos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nucleótido do ácido ribonucleico do lévedo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nucleósido derivado do uracilo e a ribosa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Un dos arcanxos que, segundo o IV Libro (apócrifo) de Esdras, se atopa diante do trono de Deus. Aparece como anxo do lume, dos terremotos e do trono. Ten un papel importante no gnosticismo, como rei da esfera celeste do Sol.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nomes que reciben os dous instrumentos cos que os sacerdotes hebreos transmitían o oráculo de Iavé, no Antigo Testamento. Probablemente eran pedras ou croios da mesma forma e cor diferente, que significaban, unha si e a outra, non.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ouriños.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos ouriños.
-
aparato urinario
aparato excretor.
-
-
Lugar público para ouriñar. OBS: Adoita empregarse en plural.
-
Retrete pegado á parede e a certa altura do chan, para ouriñar os homes.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que transporta ouriños.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Begonte baixo a advocación de santo Estevo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Castroverde baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Cuberta espiñosa que envolve algúns froitos, principalmente as castañas.
-
-
Mamífero insectívoro de pequeno tamaño, da familia dos erinaceidos, que ten as partes superior e laterais do seu corpo cubertas de pugas, e é coñecido polo andar lento e a facultade de enrolarse. Existen diversas especies de ourizos e en España os principais representantes son o ourizo cacho ou europeo (Erinaceus europaeus) e o ourizo mediterráneo (Atelerix algirus). Cando se senten ameazados fan de si mesmos unha bóla, e ameazan coas pugas ao atacante. Aliméntanse, sobre todo, de froitos e pequenos invertebrados.
-
ourizo cacho/común/ europeo [Erinaceus europeus, Fam dos erinaceidos]
Ourizo común moi estendido por Galicia e pola Península Ibérica. Mide entre 22-35 cm de lonxitude, cunha cola curta de 2-3 cm e un peso de entre 400 e 1.900 gramos. Ten o corpo recuberto de pugas duns 2-2,5 cm de lonxitude, que lles permite defenderse dos seus inimigos, tras formar unha bóla co seu corpo, grazas a uns potentes músculos cutáneos. A súa dentadura é insectívora, pero a súa dieta en realidade é omnívora, xa que se alimenta de insectos, substancias vexetais, miñocas de terra, caracois e lesmas, ovos, aves pequenas e novas, serpes, lagartas e tamén de pequenos roedores, como o rato de campo ou o furaño, de aí que sexa apreciado no rural, polos grandes servizos que achega ao agro. Habitan en bosques claros, en zonas de matogueira e en pradarías, de Europa e Asia. Na Península Ibérica existen dúas subespecies, que poden diferenciarse, principalmente, pola presenza nas espiñas de aneis de diferentes cores. OBS: Tamén se denomina orizo cacho e porco espiño.
-
-
-
Equinodermo da clase dos equinoideos, que se caracteriza por ter o corpo globoso ou hemisférico, formado por un dermatoesqueleto de placas mineralizadas unidas rixidamente entre elas, e que se dividen en 10 áreas (5 áreas ambulacrais, perforadas por unha serie de poros, e 5 áreas interambulacrais). Na zona oral está a lanterna de Aristóteles, que lles permite triturar o alimento, e na zona aboral, rodeando o ano, existen 5 placas xenitais (que coinciden coas áreas interambulacrais) e 5 placas ocelares (que coinciden coas áreas ambulacrais). Tamén ten unha serie de pugas móbiles, longas ou primarias e curtas ou secundarias, que están distribuídas por todo o corpo e articuladas co caparazón, e uns pés ambulacrais situados nas áreas ambulacrais. Ocupan a franxa costeira desde a zona intermareal ata profundidades de 80 m. Aliméntase de todo tipo de materia orgánica, animal ou vexetal, viva ou morta, xeralmente de noite, cando poden esquivar mellor os depredadores. En Galicia, o Paracentrotus...
-
ourizo de area [Echinocardium cordatum, Fam dos lovénidos]
Ourizo irregular, xa que presenta unha simetría bilateral e non radial como os outros ourizos, cun caparazón cordiforme, máis longo que ancho, de ata 9 cm de lonxitude, pugas maioritariamente curtas e de cor parda amarelada. Atópase en substratos areosos, na zona infralitoral, ata os 200 m de profundidade, no Mediterráneo, Atlántico, mar do Norte e Océano Pacífico.
-
ourizo de mar común [Paracentrotus lividus, Fam dos equínidos]
Ourizo cun caparazón de ata 6 cm de diámetro de cor verde violácea, pugas de aproximadamente 3 cm, de cor variable entre verde e parda, e unha abertura oval estreita. É o ourizo economicamente máis importante en Galicia, España e Francia, xa que os seus ovos son moi aprecidados. A súa área de distribución abarca a totalidade do Atlántico Norte, desde as costas de Escocia ata as de Marrocos, e adéntranse no Mediterráneo ata o Mar Adriático. Pode atoparse sobre fondos rochosos cubertos de algas, e en fondos areosos con corais, ata os 80 m de profundidade. É máis activo pola noite, e aliméntase de algas e plantas do xénero Posidonia. Reprodúcese todo o ano, pero sobre todo en verán.
-
-
Arbusto, da familia das papilonáceas, pequeno e moi espiñento.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Presenza excesiva de urobilina na urina, que se dá nalgunhas afeccións febrís e hepáticas.
-
RIOS
Río do extremo oriental de Rusia, afluente do Amur pola dereita (588 km de lonxitude). Nace da confluencia dos ríos Daubikhe e Ulakhe, toma dirección N e fai de fronteira con China ata desembocar en Amur, Khabarovsk.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do kraj de Primorje, Rusia (161.000 h [1997]). Situada á beira do río Sujfun, ten industria lixeira, alimentaria e metalúrxica. Chamada antigamente Nikolsk-Ussurijskij, de 1935 a 1957 coñeceuse como Vorošilov.
VER O DETALLE DO TERMO