"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reconstrución cirúrxica do padal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parálise do padal brando.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Abertura da bóveda palatina como prolongación da fisura do labio leporino.
-
PERSOEIRO
Libreiro, bibliógrafo e escritor. Publicou a obra monumental Manual del librero hispanoamericano (1923-1927 e 1948-1976), onde describe obras en calquera lingua, publicadas por autores nacidos na Península Ibérica e Hispanoamérica. Trátase do repertorio bibliográfico máis completo dentro do seu ámbito. Tamén publicou El año literario y artístico en Barcelona (1895), La biblioteca del marquès de Llió (1909) e Bibliografía de Cervantes (1924).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos paleoacantocéfalos.
-
Acantocéfalo da clase dos paleoacantocéfalos.
-
Clase de acantocéfalos, que inclúe especies coas espiñas da rexión cefálica dispostas en círculos concéntricos alternativamente. Os seus hóspedes definitivos son acuáticos e abundan no tubo dixestivo dos paxaros mariños.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudo dos paleoclimas ao longo dos tempos xeolóxicos e das causas das súas variacións. Emprega unha serie de indicadores paleoclimáticos, é dicir, uns fenómenos xeolóxicos que dependeron parcialmente do clima, en que a súa interpretación se fai por similitude cos fenómenos actuais, de métodos físicos, como é o da determinación das paleotemperaturas, que se basea na relación de isótopos de osíxeno 18O/16O. As evidencias paleoclimáticas poden ser biolóxicas, litolóxicas ou morfolóxicas. Establecéronse diversas hipóteses sobre as causas dos cambios climáticos, e as principais baséanse nas variacións da radiación solar de longa duración, nas variacións orbitais periódicas da Terra ou en causas terrestres, como o efecto das grandes oroxéneses, variacións da salinidade mariña que modificaron as correntes oceánicas e polo tanto o equilibrio térmico ou migración dos polos magnéticos.
-
-
Relativo ou pertencente aos paleognatos.
-
Ave da infraclase dos paleognatos.
-
Infraclase de aves que se caracterizan por presentar prevómeres de grandes dimensións e pterigoides soldados aos palatinos. Son aves corredoras que perderon a capacidade de voar e carecen de quilla, como por exemplo as avestruces.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da paleontoloxía que estuda os mamíferos fósiles. É moi importante na análise estratigráfica dos terreos terciarios e cuaternarios.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que estuda a descrición dos fósiles.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á paleontografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa especialista en paleontoloxía.
-
-
Ciencia que estuda os fósiles, é dicir, os restos de animais e vexetais do pasado que permaneceron soterrados nas capas xeolóxicas. A paleontoloxía presenta dúas vertentes: a paleontoloxía estratigráfica, que estuda obxectivamente os fósiles e con eles determina a idade relativa das capas xeolóxicas, e a paleontoloxía biolóxica, ou paleobioloxía, que observa e determina os fósiles como restos duns seres que viviron nun pasado máis ou menos remoto. A paleontoloxía ten métodos propios e afástase tanto da xeoloxía como da bioloxía no senso estrito das dúas disciplinas. En efecto, ten que ver cuns restos que xa non teñen vida, que soamente dan, polo xeral, unha idea parcial do animal ou do vexetal conservados. É moi rara a conservación de fósiles completos, como é o caso dos mamuts e rinocerontes siberianos ou dos insectos encapsulados no ámbar do Báltico. O paleontólogo ten que reconstruír, co que atopa, a totalidade do animal ou do vexetal, mesmo as partes brandas, que polo xeral desaparecen...
-
Disciplina que ten por finalidade a reconstrución de fenómenos culturais, étnicos ou sociais dos pobos antigos dos que non queda ningún testemuño histórico, mediante os datos que proporcionan as súas linguas, moitas veces coñecidas unicamente por topónimos e inscricións.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á paleontoloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudo das doenzas que poden ser descubertas nos restos humanos ou animais dos tempos antigos.
-
PERSOEIRO
Poeta portorriqueño. Xunto a José Isaac de Diego tentou fundar un movemento poético baseado no son e coñecido como diepalismo. Da súa obra, moi influída polo espazo en que viviu de neno, destacan Azaleas (1915), Pueblo negro (1926), Tuntún de pasa y grifería (1937) e Poesía (1957), que constitúe unha recompilación de poemas escritos entre 1915 e 1956.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Abrigo longo de pano groso e cinguido na cintura.
-
-
Códice, texto ou documento escrito sobre o mesmo soporte despois de borrar o texto primitivo. Os da Idade Antiga e os medievais debéronse tanto á perda de interese polo texto inicial como á escaseza de pergameo novo para escribir. A limpeza do pergameo facíase cun líquido que esvaecía a tinta ou rascando a escritura. Destacan os de M. T. Cicerón, Aulo Gelio e Caio na Antigüidade tardía. Na Idade Media foron máis frecuentes. No s XIX, cando comezou a descubrirse este feito, a súa lectura facíase pintando o pergameo con ácido gálico, que ao pouco tempo se volvía fusco e destruía o pergameo. Modernamente utilizouse a luz ultravioleta.
-
Táboa pequena en que se podía borrar o escrito para volver escribir nela.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estreito do golfo de Bengala situado entre o SL do Deccan e Sri Lanka. Ten 100 km de ancho e moi pouca profundidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á folla composta en que os folíolos arrancan do ápice do pecíolo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á folla palmatinervia con divisións que chegan ata o punto de inserción do limbo co pecíolo.