"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Wilāya de Alxeria (2.150 km2; 664.303 h [1987]. A capital é Constantina.
-
PERSOEIRO
Actor cinematográfico. Especializouse nos personaxes de “duro sentimental”. Realizou destacadas interpretacións en Alphaville (1965), de Godard, e Malatesta (1970), de Lilienthal. Posteriormente actuou no cine alemán.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor romanés. Coñecido como Paul Everac, escribiu Explozie întîrziat ǎ (Explosión retardada, 1959), Costache si viata lui interiorr ǎ (Costache e a súa vida interior, 1962) e Iluminari (Iluminacións, 1975).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Emperador Constantino I o Grande.
-
PERSOEIRO
Papa (708 -715). Foi o derradeiro dos sete papas orientais e opúxose ao Emperador Filípico Bardanes, partidario de impoñer o monotelismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
o Grande
-
PERSOEIRO
Rei asénida de Bulgaria (1257-1277). Sucedeu a Miguel I e casou con Irene Lascaris, filla de Teodoro II, e máis tarde con María Cantacuze. Loitou contra os húngaros, os bizantinos e os mongois. No interior do país viviu un período de revoltas, e nunha delas, dirixida polo pastor Ivajlo, foi destronado e asasinado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Grecia (1913-1917 e 1920-1922), fillo de Xurxo I e de Olga de Rusia. Sucedeu o seu pai e casou coa princesa Sofía de Prusia, irmá de Guillerme II. Durante a Primeira Guerra Mundial declarouse partidario dos Estados Centrais fronte á opinión de E. Venizelos, presidente do consello de ministros, partidario dos aliados e que en 1916 declarou a guerra contra Alemaña. Abdicou en 1917 no seu fillo Alexandre e trala morte deste volveu ao trono en 1920. Despois da derrota das forzas gregas en Esmirna ante os turcos en 1922, abdicou novamente en favor do seu fillo Xurxo e marchou ao exilio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
o Novo (Arles 317 - Aquilea 340) Emperador romano (337-340), primoxénito de Constantino I o Grande. Nomeado césar no 317, recibiu do seu pai a responsabilidade da supervisión directa da Hispania, Britania e as Galias, e situou a súa sede en Tréveris. Despois da morte de Constantino I (337), produciuse unha etapa de gran violencia, trala que foi nomeado emperador polo exército, xunto cos seus irmáns Constancio e Constante. Conservou os territorios que xa tiña baixo a súa autoridade, pero comezou a presionar sobre Constante para aumentar as súas posesións. Foi derrotado e morreu cando tentaba cruzar os Alpes para enfrontarse con Constante.
-
PERSOEIRO
Antipapa (767-768). Foi imposto polo seu irmán, duque de Nepi, xefe da aristocracia laica, como sucesor de Paulo I e foi deposto pola aristocracia clerical.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Grecia (1964-1973), fillo de Paulo I e de Federica de Brusnwick. Sucedeu o seu pai e en abril de 1967 aceptou o golpe de estado dos coroneis e en decembro dese mesmo ano organizou un contragolpe que fracasou e provocou o seu exilio. Instalouse primeiro en Roma e despois en Londres. Continuou considerándose rei ata que en 1974 un referendo rexeitou a restauración da monarquía en Grecia. Dende ese momento, as súas relacións cos sucesivos gobernos gregos foron moi conflitivas e en 1994 unha lei do Parlamento negoulle a nacionalidade grega e confiscou os bens da familia real.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador romano (407-411). Elixido polo exército en Britania, estendeu a súa autoridade pola Galia e Hispania, sometida polo seu fillo Constante. Recoñecido polo Emperador Honorio, foi derrotado e morreu a mans do exército imperial dirixido por Constancio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador bizantino (641), fillo de Heraclio I. No seu breve reinado opúxose ao monotelismo e comezou unha política de reconciliación con Roma. Retirouse a Calcedonia onde morreu, posiblemente envelenado pola súa sogra Martina.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador bizantino (668-685), fillo de Constante II. Ao chegar ao poder enfrontouse ás sublevacións en Sicilia e á insurrección militar en Asia Menor, que finalmente someteu. Rexeitou os intentos dos árabes de penetrar en Constantinopla entre os anos 674 e 678, pero non puido evitar a invasión da África bizantina. Despois da conquista de Mesia (679) polos búlgaros, emprendeu unha campaña contra eles con pouca fortuna. En materia relixiosa, convocou o III Concilio de Constantinopla, sexto ecuménico (680-681), que condenou o monotelismo e permitiu restablecer a unidade relixiosa coa sé de Roma.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador bizantino (1042-1055) polo casamento coa Emperatriz Zoe, viúva de Romano III Argir e filla de Constantino VIII. Durante o seu goberno produciuse a conquista dos territorios bizantinos en Italia polos normandos e o cisma definitivo entre o Patriarca Miguel Cerulario e o Papa León IX (1054). Anexionou Armenia (1045) e soportou o sitio de Constantinopla polos turcos (1048), mentres no interior tivo que sufocar diversos alzamentos populares e unha importante crise financeira. Permaneceu no poder despois da morte da Emperatriz Zoe (1050) e favoreceu as artes e as ciencias.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Gran duque de Rusia, segundo fillo do Tsar Paulo I e irmán de Alexandre I e de Nicolao I. Participou nas guerras contra Napoleón e en 1816 nomeárono comandante en xefe do exército de Polonia. Casado cunha aristócrata polaca, renunciou en 1822 ao trono de Rusia. As relacións con Nicolao I foron a miúdo tirantes pola reiterada defensa que fixo da autonomía polaca. Con todo, durante a Revolución de 1830 tivo que facerlle fronte á rebelión de Varsovia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador bizantino (741-775), fillo de León III Isáurico. Asociado ao Imperio dende o 720, comezou o seu goberno derrotando o usurpador Artavazda (743). Emprendeu campañas contra os árabes, freou o seu avance e recuperou Chipre. Posteriormente, restableceu o prestixio do Imperio Bizantino nos Balcáns ao derrotar os búlgaros (756). Perdeu as posesións bizantinas en Italia fronte aos lombardos (751) e, froito da disputa iconoclasta, rompeu a unidade con Roma. No interior, emprendeu unha enorme obra lexislativa, administrativa e de reorganización interna. Defendeu a postura iconoclasta no Concilio de Hiereia (754) e perseguiu a aqueles que veneraban as imaxes, principalmente os monxes. Morreu nunha campaña contra os búlgaros.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador bizantino (780-797). No 776 asociouse ao seu pai León IV e sucedeuno baixo a rexencia da súa nai Irene (780-790). Durante os anos seguintes reinaron ambos os dous como coemperadores, pero o emperador perdeu parte dos seus apoios despois da represión dunha revolta (793) e foi derrotado polos búlgaros e polos árabes (797). A emperatriz ordenou cegar o seu fillo no 797 e reinou despois da súa deposición.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador bizantino (913-959), fillo de León VI. Sucedeu o seu pai no goberno tutelado primeiro polo seu tío Alexandre (912-913) e despois pola súa nai, a Emperatriz Zoe, ata o 919. Dende o 920, o seu sogro, o almirante Romano I Lecapeno, tomou o título de césar e asociouse ao goberno. Comezou a reinar pola súa conta despois da morte de Romano (944) e asumiu as funcións lexislativas, mentres os seus xenerais acadaban importantes éxitos fronte aos musulmáns (957-958) e aos húngaros. Chegou a un acordo coa rexente rusa, a Tsarina Olga, e fomentou a cultura e o ensino público. Promoveu o movemento enciclopedista polas súas afeccións culturais e, entre as súas obras, hai que destacar Vida de Basilio e o tratado Sobre a administración do Imperio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador bizantino (976-1028), fillo de Romano II e de Teófano. Dende o 963 ocupou o trono asociado ao seu irmán Basilio II, aínda que permaneceu sometido ás sucesivas tutelas de Nicéforo Focas e Xoán Tzimisces, e a partir do ano 976 ocupou o trono dun xeito efectivo. Delegou as responsabilidades de goberno no seu irmán Basilio II Bulgaróctonos e, ao morrer este (1025), apoiouse nos funcionarios e eunucos da burocracia imperial. O seu reinado constitúe o preludio da decadencia do Imperio.
VER O DETALLE DO TERMO