"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Formación de abundantes papilomas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte do mesoderma de que deriva o sistema circulatorio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hiperplasia das células espiñentas do corpo mucoso de Malpighi.
-
VER O DETALLE DO TERMO
paraqueratose.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome con que Xesús Cristo se refire na Santa Cea ao Espírito Santo, e a el mesmo, que aparece no Evanxeo segundo san Xoán. OBS: Adoita escribirse en maiúscula.
-
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Muíños. Ten unha soa nave con arco triunfal sobre pilastras e prebisterio cun pórtico acaroado. A fachada está moi decorada e ten rebaixes verticais nos extremos e grandes pináculos sobre a cornixa.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e escritor. Capitán da mariña mercante, foi gobernador civil de Pontevedra (1987-1994) e voceiro do Grupo Socialista na Deputación de Pontevedra. Ademais de colaborar en varios medios de comunicación, principalmente sobre temas marítimos e políticos, é autor de diversas obras sobre historia marítima, das que destacan Realidad y ficción en la piratería (1993), El corso español en el siglo XVII (1993), O pirata da Moureira (1994) e El último pirata (1996). Recibiu o Premio de Ecoloxía Galicia, o Paul Harris Fellow de Rotary International, a Gran Cruz del Mérito Naval e a Gran Cruz del Mérito Policial.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro situado en Oza dos Ríos. Datado xa en 868, documéntase tamén nos Tombos de Sobrado dos Monxes aínda que sen data.
-
GALICIA
Relixioso. Ingresou na Congregación da Misión de San Vicente de Paúl en 1907 e dedicouse ao ensino e á investigación histórica. Escribiu numerosas obras, das que destacan Resumen histórico de la Congregación de la Misión en España desde 1704 a 1868 (1923), El Santuario de Nuestra Señora de los Milagros. Apuntes históricos (1929) e Colección de documentos para la Historia de la Congregación en España. T. I. (1702-1835) (1932).
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa situada en Sarria. De estilo románico, data do s XII aínda que sufriu varias reformas e un incendio en 1934. Ten planta rectangular cunha soa nave e unha sancristía engadida en época posterior. No interior conserva un arco triunfal cunha arquivolta. Na fachada destaca a porta principal con arco de medio punto decorado con arquivoltas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Arciprestado da diocese de Lugo que abrangue os concellos de Paradela, Portomarín e Guntín.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Atrofia do alvéolo dentario e da enxiva que o recobre.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Figura retórica en que se poñen en contraste palabras de significado moi semellante.
-
PERSOEIRO
Relixioso dominicano. Estivo destinado en Portugal onde exerceu a cátedra de Teoloxía e foi misioneiro en América Latina. Exerceu de director xeral do Centro Gallego de Bos Aires e colaborou en distintas publicacións. Da súa produción destacan Cosas de ultratumba, Lirios negros e Apología de un ajusticiado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Individuo que presenta o maxilar inferior colocado lateralmente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obxecto matemático que xeneraliza a noción de paralelepípedo nun espazo de dimensión n.
-
-
Ornamento con que se cobre ou se reviste unha cousa.
-
-
Cada unha das dúas caras dun muro ou parede.
-
Cara labrada ou puída dunha pedra de cantaría.
-
-
-
estiduras e demais enfeites que usa o sacerdote nos actos relixiosos. OBS: Tamén se designa coa expresión paramentos sacerdotais.
-
Conxunto de panos e outras pezas de tea que gornecen un altar doutros obxectos que se colocan sobre el durante as funcións litúrxicas.
-
Conxunto de panos con que se adornan as paredes da igrexa.
-
-
-
GALICIA
Relixioso. Foi cóengo, coa dignidade de cardeal, da catedral de Santiago de Compostela, onde tamén exerceu como fabriqueiro, capelán maior e xuíz privativo eclesiástico do Hospital Real e reitor da Universidade de Santiago de Compostela. Foi un dos fundadores da Real Sociedad Económica Amigos del País de Santiago de Compostela e das escolas de Artes e Oficios e Debuxo (1784) e restaurou o antigo Colexio de Fonseca. Carlos III presentouno para o bispado de Lugo en 1785, aínda que morreu antes de tomar posesión.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia do Regueiro (Boborás). O seu cumio acada os 800 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO