"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
-
Obra de defensa formada por muros, terrapléns, barricadas ou sacos de area amoreados que protexe os soldados do fogo da fronte e que lles permite disparar as súas armas de fogo.
-
Muro ou varanda, xeralmente ata a altura do peito, que se pon nas ventás, balcóns, pozos, pontes ou noutros lugares como protección.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dermatose que se caracteriza por un trastorno da queratinización normal, con conservación de núcleos nas células da capa córnea.
-
-
Que vive e se nutre, temporal ou permanentemente, de substancias producidas ou inxeridas por outro ser vivo, que recibe o nome de hospedador ou hospedeiro.
-
Que ou quen vive a conta dos demais.
-
Aplícase ao sinal perturbador que pode afectar o funcionamento dun sistema de transmisión, de gravación ou de reprodución de información. As causas son diversas (tormentas eléctricas, dispositivos eléctricos que chispean) e os efectos maniféstanse con asubíos e chirlos (nos sistemas de audio) e con imaxes turbias ou neve (nos sistemas de vídeo).
-
Fonema inorgánico e non etimolóxico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da bioloxía que trata dos parasitos de toda clase e da relación destes co hospedador, aínda que na práctica se limita aos protozoos, helmintos e ectoparasitos, deixando de lado os outros microorganismos, a pesar de seguir sendo considerados parasitos por definición. Algúns autores inclúen tamén os fungos parasitos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á parasitoloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calquera doenza producida por parasitos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ablación dunha glándula paratiroide.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Anomalía da contracción muscular en que o músculo, no canto de relaxarse baixo a influencia da vontade, contráese e queda nun estado de tensión que mantén o segmento do membro interesado nunha actitude cataleptoide momentánea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se debe á influencia dos estímulos externos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
parathormona
-
-
Acción de parcelar ou dividir en parcelas un ou diversos terreos agrupados, sexa a iniciativa da Administración Pública ou a iniciativa privada. Esta operación só se pode realizar unha vez aprobado o correspondente plano urbanístico e obtida a licenza administrativa.
-
División do terreo en parcelas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten cor parda.
-
PERSOEIRO
Xurista e político. Foi deputado nas Cortes polo distrito da Fonsagrada, en cinco ocasións entre 1881 e 1899, e senador en doce lexislaturas entre 1899 e 1923 por Lugo. Pertenceu ao Partido Liberal de P. M. Sagasta.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pacto que se estableceu tras as entrevistas entre Antonio Cánovas del Castillo e Práxedes Mateo Sagasta, logo da morte de Afonso XII (1885), en que se acordou a substitución do goberno conservador polo liberal, sancionando así a quenda pacífica de partidos existente desde 1881.
-
PERSOEIRO
Actriz. Coñecida como Marisa Paredes, debutou no teatro en 1961. Interveu como actriz secundaria en filmes como Canción de cuna (1960) ou Las bicicletas son para el verano (1983), ata que logrou o recoñecemento do público e da crítica con Tacones lejanos (1991). Participou tamén en filmes como Ópera prima (1980), La flor de mi secreto (1995), Todo sobre mi madre (1999), Hable con ella (2002), Una preciosa puesta de sol (2003) e Frío sol de invierno (2004). Presidiu a Academia de las Artes y las Ciencias Cinematográficas (2000-2003) e recibiu o Premio Nacional de Cinematografía (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao parénquima.
-
Que está constituído por parénquima.
-
Que se parece ao parénquima.
-
-
PERSOEIRO
Soprano. Coñecida como Graziella Pareto, debutou en Barcelona en 1906 no papel de Micaela de Carmen de Bizet, e como profesional no Teatro Real de Madrid (1908) con La sonnambula de Bellini. Retirouse en 1931, despois de actuar en Madrid, Bos Aires, San Petersburgo, Kiev, Estocolmo, Roma e Milán.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Engràcia Pareto i Homs.
-
PERSOEIRO
Economista e sociólogo. Utilizou o método matemático e destacou no campo da economía do benestar. É moi coñecida a súa lei sobre distribución estatística das rendas. Nas súas análises desenvolveu unha teoría sobre a elite da sociedade polo que foi relacionado co fascismo. A súa obra económica concrétase en dous libros Cours d’économie politique (1896-1897) e Manuale di economia politica (1906).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político, irmán de Xacobe María de Parga Puga. Acadou o grao de álferez de fragata, foi depositario de Rendas Reais de Betanzos (1808), tesoureiro do Exército da praza de Ceuta (1813-1815) e do Exército do Reino de Galicia. Foi deputado nas Cortes de Cádiz (1810-1813).
VER O DETALLE DO TERMO