"INE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1570.

  • PERSOEIRO

    Relixioso. Coñecido como Xoán Martínez Tamuxe, ordenouse sacerdote en 1960 e participou na creación do Museo Diocesano de Tui. Foi garda do conxunto histórico cultural do monte Santa Tegra, conservador do Museo Arqueolóxico do castro de Santa Tegra e membro do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento. Escribiu Citania y Museo Arqueológico de Santa Tecla (1983) e Cruceiros, cruces e almiñas do Baixo Miño (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Integrante da segunda xeración de autores do Rexurdimento, a súa poesía ten carácter civil, con algunhas pinceladas humorísticas e burlescas, como os poemas “Rarezas” ou “O acordo y-o trasacordo, Soneto a Dª Ermitas Nóvoa”. Escribiu Poemas gallegos, seguidos de un tratado sobre o modo de falar e escribir con propiedade o dialeuto (1883) e os poemas “A fiada” (1884), composición premiada nos Xogos Florais de Pontevedra (1884), “Os fillastros”, “A volta do soldado”, “Os escravos”, “A romería”e “A lúa de Cangas”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Hostaleiro. Director xerente do restaurante San Miguel de Ourense, foi director de restauración do Hotel Convención, xefe de restauración de Equidesa e presidente de restauración de Ourense. Membro da Chaime des Rotisseurs e da Ordre Mondial de Gourmets, recibiu a Placa al Mérito Turístico (1968 e 1987) e a medalla de ouro ao Mérito Profesional Hostelero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Atleta. Especialista en lanzamento de peso, gañou once veces o campionato de España en pista cuberta (1993-2003) e dez ao aire libre (1993-1998, 2000-2003). Foi subcampión de Europa en pista cuberta en 2000, obtivo a medalla de bronce nos campionatos do mundo en pista cuberta de 2001 e foi campión de Europa en pista cuberta en 2002.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Destacou polo anecdotismo histórico e o retrato e foi o primeiro restaurador do Museo del Prado (1889). Foi premiado polos óleos Educació del príncep don Joan (1878) e Doña Inés de Castro (1887), e tamén destacan La tornada del torneig e Guzmán el Bueno. Foi académico da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (1891). O seu fillo Enrique Martínez-Cubells y Ruiz (Madrid 1876-Málaga 1947), cultivou o naturalismo simbólico e temas mariños. Pintou Trabajo, descanso, familia (1904) e Vuelta de la pesca (1912).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor e pintor. Formouse na Barcelona modernista de finais do s XIX. Modificou as formas naturais por medio da modelaxe e a xeometrización do volume para conseguir expresar o movemento por medio dunha síntese dos sucesivos momentos que o constitúen. Se nas esculturas de vulto redondo expresou a sensación de peso vital e a ambientación en atmosferas concretas, nos relevos creou o espazo cunha sensibilizada concordancia entre as gradacións do volume e os grafismos suavemente matizados. Cultivou tamén a pintura, a ourivería e a poesía. Da súa obra destaca Bacant (1934) e Autoretrat.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor. Participou na creación da compañía Troula e traballou nos espectáculos O velorio (1978), Pedro Madruga (1980) e Tres (1981).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Guerrilleiro antifranquista. Coñecido como Pancho, incorporouse á guerrilla en 1948 e participou nas accións que realizou a IV Agrupación de Guerrillas. Pertenceu ao comité rexional do Partido Comunista (1949-1950).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e director. Coñecido como Chete Lera, iniciou a súa carreira en 1978 en grupos de teatro independentes. A partir de 1992 participou nos espectáculos da compañía La Carnicería Teatro, coa que puxo en escena obras de Shakespeare e Peter Handke. Participou en numerosas películas, entre as que destacan La ardilla roja (1993), Secretos del corazón (1997), Abre los ojos (1997), Barrio (1998), Finisterre, donde termina el mundo (1998), Arde, amor (1999), Plenilunio (2000), Smoking Room (2002) e La promesa (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora. Influída pola pintura alemá de entreguerras, practicou un figurativismo con elementos expresionistas. Destacou na representación da figura humana núa, en obras caracterizadas pola ausencia de debuxo e a pincelada ampla. Da súa obra destaca Recapacitando (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Lingüista e historiador da literatura. Participou na fundación do Seminario de Estudos Galegos e do Partido Galeguista (1931). Especializado en lingüística galega e na obra de destacados autores galegos e portugueses, escribiu Alfonso Álvarez de Villasandino, poeta gallego del Cancionero de Baena (1940) e Bibliografía Hispánica (1957); elaborou unha edición literaria da General Estoria. Versión gallega del siglo XIV (1963) e publicou La literatura gallega en el exilio (1976). Membro do padroado da Fundación Otero Pedrayo, do padroado da Universidade de Santiago de Compostela e membro asesor do Consello de Cultura Galega, foi elixido membro da Real Academia Galega (1976). Recibiu a Medalla Castelao en 1984.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e químico. Foi membro do consello de administración da Compañía de Radio-Televisión de Galicia (1984-1986) e gobernador civil de Pontevedra (1986-1987). Foi nomeado conselleiro de Traballo e Servicios Sociais da Xunta de Galicia (1987-1990) e deputado no Parlamento de Galicia (1990-1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Adestrador de baloncesto. Dirixiu diversos equipos femininos, como o R.C. Celta, o Coronas de Tenerife e o Bosco de Vigo, co que ascendeu a Primeira División. Foi campión de España co R.C. Celta (1979-1980) e acadou a fase final da Copa da Raíña co Coronas de Tenerife.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filósofo. Catedrático de Filosofía na Universitat de Barcelona desde 1986 e especialista en historia da filosofía, estética e filosofía da cultura, desenvolveu un labor de relectura das tradicións grega e moderna. Investigou a historia da filosofía e as súas conexións coa linguística e a filoloxía, sobre todo da antiga Grecia e da Idade Moderna. Das súas obras destacan Ensaios marxistas (1978) e (Re)introdución ao marxismo (1980) que son unha das primeiras reflexións filosóficas que se redactaron en galego. Traduciu do grego ao galego Antígona de Sófocles (1976), e do alemán ao castelán o libro de I. Kant La religión dentro de los límites de la mera razón (1969). Das súas obras destacan Historia de la filosofía (1973), De la revolución (1976), Ensaios marxistas (1978), Releer a Kant (1989), De Grecia y la Filosofía (1990), Cálculo y ser: aproximación a Leibniz (1991), De Kant a Hörderlem (1992), Ser y diálogo: leer a Platón...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar. Ingresou na Academia de Infantería (1858) e foi xeneral de Brigada (1890). Participou nas guerras de África e Cuba. Escribiu Breves apuntes sobre el establecimiento de las colonias penitenciarias agrícolas en la isla de Mindanao (1870) e La razón de la guerra (1879).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor barroco. Coñecido como Juan Montañés, foi discípulo de Pablo de Rojas, en Granada. Cara a 1587 desprazouse a Sevilla, onde estableceu o seu propio taller. Para a catedral desta cidade recibiu encargos como o Cristo de la Clemencia ou Crucifijo de los Cálices (1603) e Niño Jesús (1607). De 1612 foi o Cristo con la cruz a cuestas, para a igrexa de San Salvador de Sevilla e en 1620 remata o retablo, -do que destaca o san Jerónimo (1911)- do mosteiro de San Isidoro del Campo en Santiponce. A partir deste momento reduciu a súa produción, pero incrementou a calidade, pois puxo un maior coidado nos volumes, incrementou os efectos de claroscuro e optou por unha maior complexidade compositiva, como se aprecia na Adoración de los pastores, que fixo para o retablo do convento de San Leandro de Sevilla, ou en imaxes de santos como san Francisco de Borja (1625). Outra obra importante desta época foi a Inmaculada (1629), para a catedral sevillana, na que insistiu en resaltar a humanidade da...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Coñecido como Rómulo Galíndez, escribiu en Grial o artigo “Sobre la emigración de Curros Enríquez”. Das súas obras destacan Íntimas: fragmento de una autobiografía e impresiones de un viaje (1903), Rasgos (1904), a colección de artigos Ráfagas (1905), Siluetas (1907) e Semblanzas raciales (1930).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xeógrafo e escritor. Redactor da La Voz de Galicia, publicou artigos en numerosas revistas de historia e literatura. Da súa produción destacan Morfología del gallego, La lengua gallega (1918), La Coruña, capital de Galicia. Guía del turista (1926) e La Región Gallega. Notas geográfico-económicas (1936). En 1926 ingresou na Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor e economista. Foi director da Escola de Comercio de Vigo, membro do Consello Económico Provincial e Nacional, e presidente da delegación galega do Instituto de Censores Jurados de Cuentas de España. Colaborou en diversos xornais e revistas, como La Voz de Galicia e Faro de Vigo, e asinou algunha das súas obras cos pseudónimos Emetrés ou Noezas. Publicou Ayer y hoy en la repoblación forestal, Teoría de los empréstitos, Problemas del cambio (1931) e Síntesis económica de Galicia (1958). Foi académico correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor uruguaio. Autor de obras narrativas, ensaios e crónicas de viaxes, os seus primeiros contos apareceron en 1944. Da súa produción destacan o relato extenso Los aborígenes (1960); as recompilacións de contos Los días por vivir (1960), Los prados de la conciencia (1968), Vida o muerte (1971) e La máscara (1977); e as novelas El paredón (1962), La otra mitad (1966) e El color que el infierno me escondió (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO