"Vic" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 942.

  • PERSOEIRO

    Militar ruso. Foi xefe do estado maior, viceministro de Defensa e membro suplente do comité central do PCUS (1941). Comandante en xefe da fronte do O durante a Segunda Guerra Mundial, mariscal da URSS (1943) e vicecomandante en xefe, dirixiu a grande ofensiva da fronte do O e ocupou Berlín (1945). Foi nomeado comandante en xefe do exército soviético e viceministro de Defensa, pero a causa da súa popularidade, foi relegado por Stalin a cargos menores. Despois da morte de Stalin aliouse con Kruščov e foi nomeado ministro de Defensa (1955) e membro do presídium do PCUS (1956).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e matemático ruso. Fixo estudos sobre mecánica teórica e especializouse en aeronáutica e aerodinámica. Entre os seus resultados destaca o teorema que estableceu en 1905 sobre movementos dos fluídos, teorema que en 1902 deu a coñecer o físico alemán Martin Wilhelm Kutta (1867-1944), denominado teorema de Kutta- Zukovskij.

    VER O DETALLE DO TERMO