"ISM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1586.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema de propiedade e explotación das áreas rurais e agrícolas en que predomina o réxime do minifundio.
-
-
Tendencia artística orixinada durante a década de 1960 en EE UU, como reacción á emocionalidade e subxectividade propias do expresionismo abstracto. O termo empregouno por vez primeira Richard Wollheim no Art Magazine, en 1965, para designar unha tendencia caracterizada pola impersonalidade e a redución das formas a estados mínimos de orde e complexidade. Desenvolveuse especialmente nos campos da pintura e da escultura, traballando con estruturas matemáticas e xeométricas, materiais industriais e cores planas. Tamén se denominou arte reducionista ou cool art. Destacaron Carl André, Donnald Judd, Dan Flavin, Sol Le Witt ou Robert Morris. OBS: Tamén se denomina minimal art.
-
Expresión inventada por Michael Nyman para designar a estética musical baseada na repetición sistemática dunha pequena estrutura melódica e rítmica tonal que se vai transformando gradualmente. Considérase a Philip Glass o pioneiro deste estilo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aversión ás novidades ou ás innovacións.
-
-
Doutrina que sitúa a perfección na mística.
-
Calidade de místico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Culto ao deus Mitra que arraigou nas comunidades persas de Asia Menor despois da conquista macedónica, e a través dela estendeuse a Roma e a todo o Imperio, onde constituíu unha relixión oficial, reservada aos soldados. Rivalizou fortemente co cristianismo, que transformou a súa festa principal no Nadal. Extinguiuse no s V.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Inmunidade contra unha medicina, que se adquire pola súa administración previa, primeiro en doses mínimas e despois en doses progresivamente crecentes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina cristiá, coñecida tamén como monarquianismo e patripasianismo, segundo a cal Deus é unha soa e única persoa, chamada Pai, Fillo ou Espírito Santo só en relación coa súa tripla manifestación cara ao mundo. Estendido durante os ss II e III, Sabelio foi o seu máximo representante. Combatido por Hipólito de Roma, Tertuliano e Dionisio de Alexandría, foi condenado polo papa Calixto I (217-222). Desapareceu primeiro de Roma e definitivamente cara a 260.
-
-
Técnica e arte de construír reproducións a escala reducida de barcos, aeroplanos, vehículos e aparatos diversos. Pode dar lugar a unha actividade deportiva, como é o caso do aeromodelismo.
-
Arte de facer modelos de barcos a escala reducida. É a forma de modelismo máis antiga das practicadas actualmente e comprende distintos aspectos, que responden a diferentes fins, de xeito que se poden considerar as seguintes clases de modelos: os modelos técnicos, proxectos que fan os arquitectos navais; os históricos, reproducións minuciosas a escala construídas con rigor científico segundo os métodos da arqueoloxía naval; os modelos didácticos, maquetas de veleiros a escala pouco reducida que teñen as escolas de náutica para explicar a manobra ou a arquitectura naval; e os modelos dos mariñeiros, pequenas naves feitas a bordo ou en terra, algunhas delas construídas dentro de botellas.
-
-
-
Doutrina do Partido Moderado.
-
Ideoloxía dos moderados.
-
-
-
Calidade de moderno.
-
Afección excesiva as tendencias ou gustos modernos.
-
Movemento cultural que tivo lugar en Occidente entre finais do s XIX e comezos do s XX. Designa as correntes arquitectónicas e decorativas da arte occidental, coñecidas noutros países como Art Nouveau, Modern Style, Jugendstil, Stile Liberty, Style 1900 ou Style Nouille, entre outros. É un estilo derivado basicamente do prerrafaelismo e do simbolismo, e continuador das teorías de W. Morris e J. Ruskin. Caracterizouse polo predominio da curva sobre a recta, a riqueza e o detalle da decoración, onde foi frecuente a inspiración e o uso de motivos vexetais, o gusto pola asimetría, a estética refinada e o dinamismo das formas. A súa orixe sitúase en Inglaterra, onde as influencias do movemento Arts and Crafts e o revival gótico deran xa cara a 1870-1880 o Aesthetic Movement, estilo que serviu como preludio. Na segunda metade da década de 1880 apareceron as primeiras obras modernistas (A. Gaudí e L. Domènech en Catalunya,...
-
Movemento relixioso que marcou o inicio do s XX e que apareceu por primeira vez na encíclica Pascendi dominici gregis como unha denominación común a unha serie de erros. Prentendeu conseguir unha interpretación e acomodación das crenzas e das doutrinas tradicionais aos novos tempos, poñendo de acordo a doutrina cristiá coa filosofía e a ciencia da época e favoreceu a interpretación subxectiva de moitos contidos relixiosos. Afrontou tres series de problemas: o teolóxico da evolución dogmática, o histórico da formación ou formulación das doutrinas, e o psicosociolóxico das transformacións na fe relixiosa. Os conceptos afrontados polo modernismo foron os fundamentais: o valor do coñecemento en orde á fe; a revelación, que quedou privada de todo carácter de inspiración; e o principio de evolución aplicado tanto ao dogma como a toda a tradición da Igrexa. O movemento entroncou co liberalismo protestante e o reformismo católico alemáns, co movemento inglés de Oxford, co Risorgimento...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión característica dunha lingua que non ten unha tradución exacta noutras linguas e non sempre segue as normas gramaticais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina proposta por Luis de Molina para harmonizar a omnipotencia divina e a liberdade humana, que centrou os grandes debates do s XVII sobre as cuestións da graza, a predestinación e o libre albedrío. Opúxose á tese tomista da premonición física como incompatible coa liberdade, pero mantivo ao mesmo tempo a predeterminación, entendendo que Deus actúa sobre a liberdade do home por medio do concurso divino e a presciencia. Deste xeito, quedaban ao mesmo tempo afirmadas a necesidade da graza e o feito de que a eficacia desta dependía da súa aceptación ou rexeitamento por parte do home. A esta doutrina opúxose Domingo Báñez, feito que orixinou as controversias de auxiliis entre dominicanos e xesuítas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
quietismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
monadoloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
monacato.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que reciben diversas herexías cristiás que sostiñan a unidade de Deus en detrimento das tres persoas da Trindade. Xurdiu a finais do s II e está relacionada co modalismo e o adopcionismo.
-
-
Calidade de monárquico.
-
Doutrina ou tendencia que propugna a monarquía como forma de goberno.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corrente do pensamento económico que outorga unha importancia fundamental ao diñeiro nas flutuacións económicas. Fronte á interpretación do keynesianismo da determinación do nivel de utilización dos recursos, que puña a énfase principal nos aspectos reais da economía e que preconizaba a unificación do gasto público fiscal, produciuse unha reactivación do papel da oferta monetaria na determinación do nivel de actividade. O principal abandeirado desta corrente, Friedman Milton, recomendou unha política monetaria “neutra” por parte do estado, co fin de impedir que os termos entre medidas de política monetaria e a súa integración nas expectativas dos axentes económicos provoquen efectos contraproducentes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
síndrome de Down.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina, en oposición a dualismo, segundo a que soamente hai unha substancia. Nega de forma total outra substancia ou reduce a manifestación da outra. Fundamentalmente reducionista, o monismo pódese dividir en dous tipos: o místico, con Plotino como representante típico, e o panteísta, representado por Spinoza.